24 de agosto de 2011
Non teñen vergoña
Que o Parlamento e o Goberno non son máis que manifestacións da inxusta xerarquización social e que está ao servizo dos poderosos é algo que os anarcosindicalistas temos claro desde sempre, así que non nos sorprende en absoluto o seu sometemento aos intereses do capitalismo máis voraz. Que a Constitución é pouco máis que un papel cheo de literatura sen contido real é algo que sempre denunciamos, así que tampouco nos escandaliza que a fagan ou desfagan consonte aos intereses citados.
Pero o que non é tolerable é que, cun Parlamento morto, a dous meses das eleccións, sen que ningún partido a levase non seus programas, sen debate social, sen consultas, o goberno pretenda facer unha modificación-exprés da Constitución para axeitala ás suxestións da dereita más rancia de Europa. Só desde o servidume duns políticos e a inmoralidade do resto deles se pode xustificar a intentona. Non deberíamos quedármonos cos brazos cruzados.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Confederación Xeral do Traballo

Ningún comentario:
Publicar un comentario