9 de setembro de 2011

A CGT volve gañarlle á Xunta


O TSXG dalle a razón á CGT e anula o artigo 6.3 da Oferta de Emprego Público de 2008

O luns pasado coñecíase a sentenza contra a impugnación da Oferta de Emprego Público de 2008 que CGT-Xunta interpuxera xa hai 3 anos. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula tal como solicitaba a CGT o artigo 6.3) do Decreto 88/2008 que imposibilitaba aos subalternos para acceder ao sistema de recalificación de praza no caso de promoción interna.
Segundo o TSXG dita exclusión do persoal subalterno “incurre, sen dúbida, nunha discriminación contraria ao principio de igualdade (…) e nunha medida arbitraria que vai moito máis alá da configuración mesma deste tipo de prazas ocupadas por subalternos, da potestade organizadora da Administración…”
Así as cousas, coa anulación do artigo 6.3) o persoal subalterno que participara na promoción interna e que quera que a súa praza como subalterno sexa recalificada a auxiliar poderá eisixilo ao amparo desta sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo