O vindeiro domingo 21 de febreiro, ás 12:30 horas está convocada unha nova Marea Branca
que desta vez poñerá o acento nos incrementos das listas de agarda e
nos procesos de privatización da sanidade a través de tratados
internacionais como o TISA. Como en anteriores ocasión, a CGT
da Coruña chama a continuar a mobilización en defensa da sanidade
pública, participando nesta nova edición da Marea Branca que terá lugar
nas rúas de Santiago (Toural), Pontevedra (peregrina) e A Coruña (Obelisco).
Ningún comentario:
Publicar un comentario