14 de novembro de 2014

Unha nova burla ao persoal da Xunta

O presidente Feijóo ven de anunciar que, "se é posible técnicamente", na nómina do próximo mes de xaneiro devolverá o 12,5% da paga extraordinaria incautada en decembro de 2012, quedando outro 12,5% para un momento non determinado do ano 2016. Do resto non se di nada; nin do 75% restante, nin do poder adquisitivo perdido a través do roubo do específico, nin do Fondo de Acción Social, nin da penalización das enfermidades, nin dos días de permiso e vacacións...
Querer vender como gran noticia a devolución dunhas migallas -a aínda con agravio comparativo coa Administración Xeral do Estado- é dunha desfachatez maiúscula. Falar de 200 euros de media cando é sabido que a gran maioría dos empregados públicos non percibirán tal cantidade é, simplemente, un insulto e volver poñer ao persoal na picota pública.
Queremos o que é noso e non panos quentes nin dádivas, nin esmolas, nin miserias. É o noso dereito, con crise ou sen ela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo