5 de novembro de 2014

O PP, en contra da suba para o ano que ven

Na Comisión de Presupostos do Congreso, o PP votou onte en contra de varias inciativas doutros grupos parlamentarios, que propoñían tanto a suba das retribucións aos empregados públicos como o pagamento da paga extra incautada no ano 2012.
Xa sabemos que os outros partidos fixeron as propostas con compoñentes electoralistas (tampouco era para botar foguetes, a suba era entre o 1 e o 2,6%), pero a proposta serve para retratar perfectamente ao goberno actual. O ano que vén devolverán o 25% da paga extra, e non o farán por afán de xustiza, senón pola multitude de sentenzas que os obrigan a facelo.
Para a CGT non pdoe haber xustiza mentres non se recupere o poder adquisitivo e non se repoñan os dereitos roubados en días libres, vacacións, abono das enfermidades, etc, das que xa ninguén se lembra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo