1 de xaneiro de 2014

Horario flexible por fin

O DOG do día 31 de decembro publicou -xa non era sen tempo- a orde que regula a xornada e o horario de traballo, así como a flexibilización e o teletraballo, par ao persoal da Xunta. Na orde establécense distintos tipos de xornada laboral:
  • Ordinaria: 37,50 horas á semana
  • Especial dedicación: 40 horas semanais
  • Verán: entre o 16 e xuño e o 15 de setembro
Establécense tamén os eguintes tipos de horario flexible:
  • Por razóns de conciliación: entre as 7:30 e as 18:30 establecerase, por petición do interesado, un horario de referencia. este horario poderáchegar ás 20:00 (ata xoves) ou 15:00 o venres cando o centro permaneza aberto. Absoluta liberdade para o cumprimento, en cómputo mensual.
  • Flexibilización automática: ten unha parte fixa, entre as 9:00 e as 14:30 horas, e o resto completarase entre as 7:30 e as 9:00, e entre as 14:30 e as 18:30 -de luns a xoves- e ata as 15:30 os venres. Tamén se pode chegar ata as 20:00 horas se o centro pemanence aberto. o cómputo será mensual e se poderá compensar as faltas no mes natural seguinte.
Hai que ter en conta o seguinte:
  •  O persoal con flexibilidade disporá de 10 minutos para as fichaxes de entrada e saída, que computarán como tempo efectivo.
  • O persoal con hoario fixo disporá dunha marxe de 30 minutos diarios para compensar evetuais atrasos na entrada.
  • Haberá que facer unha solicitude para o horario flexible. No caso de flexibilización automática, se a Xunta non contesta en 15 días hábiles, considerarase aceptada.
A orde tamén regula o teletraballo, que, polo que semella, será bastante restrinxido.

1 comentario:

  1. Se ó día fas un total de 7:35h, eses 15 minutos que fixeches de mais se poden acumular para sair outro día antes.

    ResponderEliminar

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo