28 de febreiro de 2011
O concurso, por fin no DOG
No DOG de hoxe publícase a Orde de Facenda que resolve o concurso de traslados 01/2010, convocado pola Orde do 4 de maio de 2010. O prazo para o recurso de reposición é dun mes e dous meses para o contencioso. En canto aos cesamentos, o prazo de tres días contará a partir de que saia a orde correspondente.
25 de febreiro de 2011
Un pouco máis de propaganda
A Xunta de Galicia ven de anunciar o enésimo sistema de control horario do persoal. Xa estamos afeitos a ser o pim-pam-pum do político de turno, pero, por favor, que controlen ou que non controlen dunha vez por todas. E que nos deixen tranquilos.
24 de febreiro de 2011
Xa está o listado de adxudicaciones do concurso
Xa está colgada en internet a listaxe de adxudicacións do concurso de traslados dos corpos xerais. Os interesados poden picar aquí.
O concurso xeral, proximamente
A resolución do concurso de traslados de corpos xerais da Xunta de Galicia sairá publicado, se non hai novidade, o próximo día 28, luns, no Diario Oficial de Galicia. Os interesados poderán picar, entón, na ligazón que figura na columna esquerda deste blog.
11 de febreiro de 2011
Recoñecementos médicos
Sae no DOG de hoxe a campaña de recoñecementos médicos para o persoal da Xunta de Galicia. Os interesados poderán facer a solicitude premendo nesta ligazón. O prazo rematará o día 11 de marzo.
10 de febreiro de 2011
Cursos de linguaxe administrativa
O DOG ven de publicar unha resolución pola que se convocan cursos de linguaxe administrativa para o persoal da Xunta. Os cursos serán tanto presenciais como de teleformación e o prazo da matrícula remata o día 22 de febreiro.
9 de febreiro de 2011
Fondo de Acción Social 2010
Publica hoxe o DOG os criterios para solicitar o Fondo de Acción Social do ano 2010. Os interesados deben seguir o procedemento indicado e cubrir as solicitudes entrando na páxina web correspondente. O prazo para facelo e entregar as solicitudes nos órganos de personal rematará o día 28 de febreiro deste ano.
7 de febreiro de 2011
Rosell, máis do mesmo
O novo presidente da CEOE, Juan Rosell, defendeu que as subas salariais estean vencelladas á cmpetitividade das empresas e non á inflación. O que non di é que esta postura durará mentras a competitividade (palabro baleiro como non hai outros) sexa inferior á inflación; cando a inflación sexa inferior á competitividade defenderá que as subas salariais estean en relación coa inflación. Pero xa sabemos como é a patronal: voraz e insaciable.
Tamén, como quen non quere a cousa, deixou caer as receitas para acabar cos cinco millóns de parados; entre outras dixo que o goberno ten que facer fácil a contratación. Engadimos nós que é tan difícil contratar como facer o O cun canuto; pero claro, hai empresarios que facer isto élles moi intrincado.
Tamén, como quen non quere a cousa, deixou caer as receitas para acabar cos cinco millóns de parados; entre outras dixo que o goberno ten que facer fácil a contratación. Engadimos nós que é tan difícil contratar como facer o O cun canuto; pero claro, hai empresarios que facer isto élles moi intrincado.
4 de febreiro de 2011
As novas amezas que nos veñen encima
Despois da chantada que lle meteron ao sistema de pensións, os poderosos non se conforman preparan novas medidas para seguir enchendo os seus petos a costa dos asalariados. Así, as inminentes medidas que propoñen son, entre outras, as seguintes:
- Deixar de vencellar as subas salariais ao IPC como referencia. Evidentemente, isto non quere dicir que haxa que subir máis que o manipulado IPC, senón todo o contrario.
- Eliminar a retroactividade dos convenios de traballo, é dicir, que os convenios non se prorroguen automáticamente mentres se negocia o seguinte e que haxa que partir de cero en cada negociación.
- Rebaixar o gasto en Sanidade por calquera sistema: copago, eliminación de fármacos e tratamentos ou privatizacións.
3 de febreiro de 2011
Números
IPC 2010: 3%
Recorte salarial empregados públicos 2010: 5%
Suba 2011: 0%
Parados inscritos: 4.230.000
Parados sin prestacións: 1.600.000
Fogares con todos en paro: 1.300.000
Arrepiante.
Recorte salarial empregados públicos 2010: 5%
Suba 2011: 0%
Parados inscritos: 4.230.000
Parados sin prestacións: 1.600.000
Fogares con todos en paro: 1.300.000
Arrepiante.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Confederación Xeral do Traballo
