19 de abril de 2010

Que CC.OO informe está ben; que minta, non tanto

Nos últimos días, CC.OO. distribuìu unha nota que di o seguinte:

"O XULGADO REXEITA O RECURSO PRESENTADO POLA CGT CONTRA O ACORDO DO PERSOAL FUNCIONARIO NON DOCENTE DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN e O.U.

O Xulgado Contencioso-Administrativo nº1 de Santiago declara a inadmisión do recurso presentado pola CGT contra o Acordo sobre xornada de traballo do persoal subalterno e retribucións do persoal subalterno e auxiliar destinado en centros de ensino dependentes da Consellería de Educación. ¡E menos mal! Só faltaba que botaran abaixo o primeiro e único Acordo para este colectivo desde que existe a Xunta de Galicia só porque eles non o asinaron. A verdade é que con políticas sindicais así imos de cu. Os da CGT ¿Paráronse a pensar qué ocorrería se prosperaba a denuncia? ¿A retirada do nivel, dos 70€ no específico, a devolución das contías recibidas ata agora? ¿É así como pensan conseguir avances? Para CCOO os avances conséguense nas mesas de negociación e é alí onde hai que pelexar. O Acordo pódese mellorar se contamos co apio do colectivo, pero retroceder...iso nunca...”¡virgencita, virgencita, que me quede como estoy!”."

Temos que aclarar que o que está dicindo CC.OO. é mentira: o que realmente sucedeu no Contencioso de Santiago non foi o rexeitamento da nosa denuncia, senón que a xuíza, por informe do fiscal e tendo en conta que o Acordo fora, finalmente, ratificado polo Consello da Xunta, decidiu a inhibición a favor da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que será onde finalmente se decida a cuestión. Tempo terán de "cantar victoria" se o TSX ratifica a desigualdade acordada.

En canto ás preguntas que se fai CC.OO., respóndense elas soas: non queremos privilexios, e o famoso "acordo" é un privilexio dos auxiliares dos centros de ensino no tema do nivel con respecto ao resto dos auxiliares da Xunta. Por outro lado, está a venda do persoal subalterno dos centros do ensino, venda asinada, entre outros, por CC.OO. no mesmo acordo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo