5 de agosto de 2016

As extras, de novo

O DOG de hoxe anuncia, novamente, a devolución das extras, tanto o último prazo da extra de decembro de 2012, como a devolución de 1/6 do específico da paga de verán de 2012. Ambas pagaranse en agosto
O anuncio inclúe tamén os modelos para os dous pagamentos, polo que xa se poden solicitar.
Novamente utilízase a devolución da paga de xeito propagandístico. A este paso imos recuperar o 350%  do que nos incautaron.

3 de agosto de 2016

Devolución da extra de 2013 en agosto

Acábanse de ditar instruccións para a devolución da parte devengada do específico da paga extra de xuño de 2013 (meses de xaneiro e febreiro). este importe vai ser devolto automáticamente na próxima nómina do mes de agosto.
O sistema de devolución será similar ás efectuadas coa paga de 2012, debendo os interesados que no estean en nómina facer a reclamación correspondente.
Estas instrucións modifican as que se ditaron para a devolución do último prazo da paga do 2012, establecendo que ésta tamén se devolverá en agosto.
A explicación da devolución é sinxela: xa se sabe cando son as eleccións autonómicas e Feijóo non ía deixar pasar a oportunidade de intentar arañar algún voto entre os empregados públicos. O destes políticos non ten nome.

1 de agosto de 2016

EPA, déficit, recortes...

O Secretariado permanente do Comité Confederal da CGT ven de facer público o seguinte comunicado de interese xeral:

La Encuesta de Población Activa (EPA) del II trimestre del 2016, a la vez que la Encuesta Anual de Costes Laborales 2015 (EACL), corroboran que las políticas fiscales, laborales y sociales que los gobiernos de las grandes Transnacionales (Ibex 35) y de la Comisión Europea (Bruselas) están cumpliendo sus objetivos: desposesión de salarios y precarización integral del mundo del trabajo.

26 de xullo de 2016

Concurso xeral de traslados

Como anunciabamos a semana pasada, o DOG publica hoxe a resolución do concurso de traslados de corpos xerais da Xunta de Galicia do ano 2015. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso no prazo dun mes.
O prazo posesorio comezará a contar desde que se publique no DOG a resolución que indique a data de comezo do dito prazo.

22 de xullo de 2016

Xa están as listaxes do concurso

Resultado de imagen de concurso de traslados cgtA páxina de Función Pública publicou as listaxes do concurso xeral de traslados do ano 2015. A publicación oficial farase, previsiblemente, o martes próximo. As persoas interesadas poden consultar as listaxes picando nas seguintes ligazóns:
Noraboa!

12 de xullo de 2016

O peto das pensión soa a oco



Comunicado da Federación de  Traballadores da Administración Pública da CGT:


Amenazar con insistencia con el agotamiento del Fondo de Reserva de la Seguridad Social es una estrategia calculada por el gobierno accidental de cara a ir preparando el camino para un nuevo recorte del sistema público de pensiones. Es una vieja estrategia esta de jugar con el miedo de la gente, pero parece que sigue funcionando.

11 de xullo de 2016

A Europa dos trileiros

O Secretariado Permanente da CGT ven de facer público o seguinte comunicado, de interese xeral:
El día 5 de julio de 2016 la Comisión Europea ha anunciado la decisión de acelerar la aprobación y aplicación provisional del acuerdo entre la UE y Canadá (Acuerdo Integral de Economía y Comercio entre la UE y Canadá) conocido como CETA y también como el TTIP Canadiense, debido a que es prácticamente gemelo de su hermano mayor el TTIP. Esta decisión supone una amenaza a la democracia y a la protección de los derechos sanitarios, laborales, sociales y ambientales. La Comisión está presionando a los gobiernos europeos para que este tratado se aplique provisionalmente antes de ser aprobado por los respectivos parlamentos nacionales.

8 de xullo de 2016

Cursos segundo semestre

O DOG de hoxe publicou a resolución da EGAP pola que se convocan os cursos de formación para o persoal da Xunta relativos ao segundo semestre de 2016. A matrícula poderá facerse no prazo de dez días contados a partir de mañá picando nesta ligazón.
A información completa e as modificacións que vaian xurdindo pódese consultar picando aquí.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo