26 de setembro de 2014

Queremos a nosa paga agora

Os desvergoñados dos políticos anuncian, á vez da nova conxelación salarial, a devolución de parte da paga extra (a forzada por milleiros de sentenzas) o ano que ven no Estado e, se hai sorte entre 2015 e 2016 na Xunta. Pois ben, desde aquí dicímoslles que non é suficiente, que non van mercar o noso voto con estas medidas e que queremos a devolución do incautado xa.

24 de setembro de 2014

Daquelas choivas...

Veñen de anunciar, casi oficialmente, a nova conxelación salarial para os empregados públicos para o ano que vén. Irán así xa cinco! anos sen suba retributiva, ademáis da incautación da paga extra e os recortes en deritos laborais como fondos de acción xocial, permisos e vacacións.
Pode ser que o ano que ven o goberno utilice a devolución da paga como engado electoralista -no caso da Administración do Estado-, pero supoñemos que Feijóo agachará esta bala para as súas propias eleccións autonómicas.
Como chegamos ata aqui? Mirando para outro lado cando empezaron os rumores sobre os recortes, facendo paros ridículos e miseramente desproporcionados á gravidade dos ataques, non facendo labor de concienciación, pensar que é mellor o que hai e coidar que loitando non se fai nada... Nós, a CGT, pensamos que a única saída digna contra esta situación que está a roubar o pan da boca dos nosos

19 de setembro de 2014

Catálogo de roubos, inmoralidades e desvergoñas

O DOG de hoxe publica o Catálogo ético institucional da Xunta de Galicia. É este catálogo unha relación de todos os roubos, inmoralidades e desvergoñas que os cargos da Xunta de Galicia, de todos os colores políticos viñan facendo ata o de agora. Somente así se entende que se poidan prohibir cousas tan elementais como a utilización de vehíulo oficial para asuntos particulares ou obter créditos bancarios con xuro cero.
 O máis curioso é que este chamado código ético, declaracións rimbombantes aparte, non especifica con claridade as sancións para os chourizos e desafougados, agás evanescentes medidas de control e sancións proporcionaris ao dano cometido.
Parole, parole, parole...

17 de setembro de 2014

Un carameliño e unha ducia de paus ou a política do pau e da cenoria

O BOE de hoxe publica a Lei 15/2014, de Racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, na que se ve a calaña do goberno de Rajoy. Esta disposición modifica o Estatuto do Empregado Público en varios sentidos negativos, como é o incremento da mobilidade e o tratamento aos interinos e da un carameliño ao persoal para que quede contento: o incremento nun día dos días de asuntos particulares, que pasan de catro a cinco (ademáis dos que correspondan por caer algún festivo en sábado).
Dado que son incompetentes, poderían ter vergoña, pero nin iso.
Por outro lado, aproveitando que o próximo ano hai eleccións, é probable que o goberno central devolva en todo ou en parte a paga incautada no ano 2012. Non fará o mesmo, se non o impedimos, o goberno de Feijóo, que perferirá gardar os cartos para o seu propio proceso electoral.
Hai tempo que os empregados da Xunta non nos mobilizamos. De nós dependen as nosas condicións laborais e mirar para outro lado non resolverá os nosos problemas.

9 de setembro de 2014

Fóra a relixión das escolas

O DOG de hoxe publica o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Nesta lamentable disposición establécese a obligatoriedade da Relixión ou dos Valores Sociais e Cívicos, a elección por parte dos pais ou titores legais, en todos os cursos de educación primaria. Establécese, ademáis, que a competencia do cotido da materia de relixión será competencia exclusiva da xerarquía eclesiástica.
Manifestamos a nosa oposición ao adoctrinamento de calquera tipo nas escolas, máxime cando se trata dunha materia fonte de superstición, fanatismo, ideas retrógradas e autoritarias que envelenan a mente dos cativos.
Non debe ser a sociedade o que garanta esta irracional educación, aínda que sexa do gusto dos país, dado que o único que se consegue é que a Iglesia siga sendo un poder fáctico que quere impoñer a toda a sociedade a súa visión particularísima da vida.

8 de setembro de 2014

Seguro para o persoal da Xunta

Picando nesta ligazón tedes acceso ao seguro que a Consellería de Facenda asinou coa empresa MAPFRE. Con ela cúbrense os seguintes riscos: falecemento, incapacidade permanente total, incapacidade permanente absoluta, gran invalidez (todas derivadas de accidnetes ou enfermidades profesionais), incapacidade permanente parcial, gastos de compra de cadeiras de rodas, gastos de adaptación de vivendas e gastos de adaptación de vehículos.
Aconsellámosvos que copiedes a póliza e que a teñades a disposición dos vosos familiares.

29 de agosto de 2014

O goberno intenta reprimir as protestas dos empregados públicos

O goberno pretende acabar coas manifestacións de funcionarios, sobre todo nesta pre-campaña electoral cara as municipais, utilizando torticeramente a lexislación para xustificar sancións represoras a aqueles que ousen protestar contra as políticas de recortes.
A comunidade autónoma de Castilla-La Mancha é o escenario onde se están a levar a cabo, inicialmente, as medidas represoras, para pasar despóis, coa aprobación do goberno, ao resto do territorio español.
O goberno de Cospedal, entre outras medidas, está sancionando aos funcionarios a través de varios artigos ambiguos do Estatuto Básico do Empregado Público, impoñendo sancións de ata 15.000 euros por manifestarse con batas blancas ou por poñer carteis en lugares non habilitados para facelo. Así, por exemplo, sería posible sancionar a quen coloque camisetas con lendas alusivas nos postos de traballo.
Os empregados públicos debemos manifestar o noso apoio non só participando nas mobilizacións, senón

18 de agosto de 2014

Instrucións flexibilidade e teletraballo

No DOG de hoxe publícase unha resolución pola que se establecen normas aclaratorias de diversas cuestións sobre flexibilidade horaria e teletraballo, dadas as dúbidas que, desde distintos ámbitos, se viñan suscitando.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo