24 de setembro de 2014

Daquelas choivas...

Veñen de anunciar, casi oficialmente, a nova conxelación salarial para os empregados públicos para o ano que vén. Irán así xa cinco! anos sen suba retributiva, ademáis da incautación da paga extra e os recortes en deritos laborais como fondos de acción xocial, permisos e vacacións.
Pode ser que o ano que ven o goberno utilice a devolución da paga como engado electoralista -no caso da Administración do Estado-, pero supoñemos que Feijóo agachará esta bala para as súas propias eleccións autonómicas.
Como chegamos ata aqui? Mirando para outro lado cando empezaron os rumores sobre os recortes, facendo paros ridículos e miseramente desproporcionados á gravidade dos ataques, non facendo labor de concienciación, pensar que é mellor o que hai e coidar que loitando non se fai nada... Nós, a CGT, pensamos que a única saída digna contra esta situación que está a roubar o pan da boca dos nosos
fillos é a loita e a mobilización. E non esvaidos paros de 24 horas que só uns poucos atenden. Paremos todos e que traballen eles, por unha vez!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo