La tasa de paro se incrementa 1,14 puntos, hasta el 27,16% y afecta prácticamente a todas las comunidades autónomas.
En el día de ayer han salido las demoledoras cifras de desempleo existentes en el estado español arrojando 1 millón más de personas al paro desde el comienzo del gobierno del PP y alcanzando ya los 6.202.700, cifra histórica, demoledora y dramática.
Existen casi 2 millones de familias en las que ninguno de sus miembros trabaja, hay 3 millones y medio de parados de larga duración, la tasa de desempleo entre las y los jóvenes alcanza el 57,22% y se realiza 1 desahucio cada 15 minutos.
29 de abril de 2013
O PP consegue 6.202.700 parados grazas ás súas reformas
Reproducimos o comunicado do Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT:
25 de abril de 2013
Manifestacións do Primeiro de Maio
A CGT convoca, en Galicia, manifestacións en diversas localidades. Á espera de varias confirmacións, a relación das mobilizacións é a seguinte:
Viva a clase obreira!
Viva o Primeiro de Maio!
- A Coruña: Saída da Praza de Pontevedra, ás 12:30 horas. Conxuntamente coa CUT
- Pontevedra: Saída da Praza da Ferrería, ás 13:00 horas.
- Ourense: Saída de Rei Soto, ás 11:30. Conxuntamente co Bloque Crítico de Ourense.
- Vigo: Fernando o Católico,ás 11:00. Conxuntamente coa CUT, STEGA e o SF.
Viva a clase obreira!
Viva o Primeiro de Maio!
Unha nova reforma das pensións, antes de aplicar a actual
O goberno, sempre fiel incumplidor do seu programa electoral, está estudando unha nova reforma sobre o sistema de pensións coa finalidade de que reducilas, aínda que sexa co eufemismo de "sostelas".
As medidas que se barallan son as seguintes:
As medidas que se barallan son as seguintes:
- Adiantar cinco anos a entrada en vigor da xubilación aos 67 anos, sen descartar aumentar esta idade.
- Eliminar a posibilidade que existe actualmente de xubilarse aos 65 anos con 38,5 anos de cotizacións.
- Incrementar a 40 anos de cotizacións os necesarios para cobrar a pensión completa.
- Desvencellar a revisión das pensións do IPC, creando o chamado "Factor de sostebilidade".
23 de abril de 2013
A proposta da Xunta sobre o horario e xornada laboral
A proposta da Xunta establece varias modalidades de horario:
- Horario xeral: de luns a venres, de 7,45 a 15,15 horas. Os retrasos na entrada de ata 30 minutos poderanse compensar diariamente.
- Horario flexible por razóns de conciliación: poderano solicitar os que teñan fillos menores de doce anos ou familiares convivintes que, por enfermidade ou idade avanzada, necesiten a asistencia doutras persoas, así como os que estean en proceso de separación ou divorcio, ata trascorridos tres meses desde a solicitude ou demanda. Entre as 7:00 e as 18:30 fixarase o horario de referencia, procurando establecer unha franxa horaria de presenza, salvo que as circunstancias persoais e familiares non o permitan. Dentro deste horario cumpliranse as horas de traballo, en cómputo mensual.
22 de abril de 2013
Outra vez no pim-pam-pum: o control horario
As novas publicadas recentemente sobre o control horario do persoal da Xunta de Galicia non é maís que un novo ataque contra os traballadores. En vez de facer unha impantación normal e sen espaventos, a Xunta adícase a espallar basoira e ameazas sobre o persoal, dando a imaxe de que a xente incumpre habitualmente o horario e que o novo sistema vai solucionar o problema coa ameaza de que se descontará o tempo de incumprimento.
A CGT xa manifestou a súa posición en diversas ocasións: non está en contra do control horario mentres o sistema sexa racional, recolla as incidencias que poida haber dunha maneira sinxela, non haxa discriminacións e se estableza o horario flexible como norma xeral, que permita o cumprimento horario de todo o persoal. Doutro xeito, o sistema de control non será máis que unha nova medida populista de cara a galería. De feito, xa o está sendo.

19 de abril de 2013
Teletraballo e horario
É intención da Xunta a implantación do teletraballo e dun novo réxime de xornada laboral para o persoal da Administración Autonómica, no momento de que se está xeralizando o sistema do control horario ao través do Kronos.
Se non hai retrasos, a partir de finais de maio ou principio de xuño, implantarase a posibilidade da xornada flexible, que suporá que parte do horario poderase efectuar mediante a modalidade de compensación horaria ata acadar a semana laboral de 37 horas e media (40 horas no caso do persoal con especial dedicación).

15 de abril de 2013
O texto do borrador da Lei de Emprego Público
Xa está dispoñible o borrador da Lei de Emprego Público de Galicia, que virá a substituir a actual Lei da Función Pública de Galicia. Como estes non dan puntada sen fío, non nos fiamos deles en absoluto. Xa iremos desgranando o contido da nova lei, consonte vaia avanzando a súa tramitación.
12 de abril de 2013
Peligro! Nova lei de función pública
O goberno galego ven de anunciar a presentación dun anteproxecto dunha nova lei galega de función pública. Segundo o goberno, o que se pretende é unha reasignación de efectivos en función das necesidadesde cada área, pero "sen despidos". Entre nós, isto quere dicir que non se respectará o dereito á permanencia no posto de traballo.
A nova lei incluirá á Xunta, entidades locais, universidades e outros organismos públicos e, polo de agora, somentes coñecemos a habitual propaganda que de cada paso que dan fan os políticos.
Desde o Estatuto Básico do Empregado Público, a normativa non fixo máis que empeorar: a chamada carreira horizontal non é máis que unha burla, o réxime disciplinario é propio de calquera réxime dictatorial e as modificacións que Feijóo e o seu grupo fixo na lei galega foi para eliminar as trabas que tiñan para facer libres designacións. E agora preténdennos facer cre que a nova norma será marabillosa para nós!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Confederación Xeral do Traballo