18 de maio de 2012

O minifondo de acción social, no DOG

O DOG de hoxe publica o Fondo de Acción Social do ano 2011 para o persoal da Xunta, reducido, a causa dos recortes de Feijóo, a aqueles que o precisen para a atención de persoas descapacitadas.
As instancias débense presentar, ara o 4 de xuño, picando aquí.

16 de maio de 2012

Os políticos contra os empregados públicos

O presidente da Xunta de Andalucía anunciou, para algúns de sorpresa, importantes recortes salariais e de dereitos do persoal da Administración autonómica. O goberno do PSOE e de IU reducirá os complementos salarias entre un 0 e un 6% segundo categorías, eliminará os complemento nas pagas extras, aumentará a xornada laboral e a reducirá nos interinos coa correspondente redución retributiva.
Por outro lado, a Generalitat de Cataluña, gobernada por CIU, anunciou o recorte do 5% nos complementos salariais e, para evitar "agravios" estendeu a medida ao persoal da Administración de Xustiza.
Confirman estas medidas aquel dito tan sabio de "cambiarás de muiñeiro, pero non cambiarás de ladrón". Todos os partidos políticos seguen utilizando aos empregados públicos como señuelo ante a opinión pública, mentres o sector financeiro escapa a todos os controis. De nós depende que a situación siga así.

13 de maio de 2012

La Xunta e o software libre: outra mentira

Que o gabinete de propaganda da Xunta -chámanno gabinete de prensa- é un fato de mentiráns xa o sabiamos. Pero o que non esperabamos é a fachenda que lle votaron na nota de prensa -rápidamente reproducida polos xornais sen facer ningún tipo de contraste- referida á utilización do software libre na administración autonómica.
Di a nota de prensa que a Xunta aforrou, no periodo 2010-2011, nada menos que dous millóns e medio de euros pola implantación de software libre e que este está instalado xa no 94% dos equipos. A realidade dista bastante destas afirmacións, meramente de autobombo, dos gobernantes galegos.
E cal é a realidade? Pois bastante distinta:

10 de maio de 2012

Manifesto sindical pola liberdade de Laura Gómez


Manifesto público feito por varias organizacións sindicais reclamando a liberdade da traballadora afiliada á CGT Laura Gómez:
Las organizaciones abajo firmantes, que defendemos una sociedad libre, democrática, que garantice los derechos de las personas, de las y los trabajadores, EXIGIMOS la libertad inmediata sin cargos de Laura Gómez, Secretaria de Organización de la Federación Local de la CGT de Barcelona.
Los “graves delitos” de que se le acusan, son haber participado el 29M, día de la Huelga General, en una teatralización en la puerta de la Bolsa de Barcelona en la que se quemaron simbólicamente unas cajas con papeles dentro.

4 de maio de 2012

Concurso persoal laboral

No DOG de hoxe convócase concurso de traslados para persoal laboral da Xunta dos grupos I, II, III e IV. As instancias pódense xerar picando aquí e o prazo para presentalas rematará o día 29 de maio.

3 de maio de 2012

Discriminación para acceder ás escolas infantís

O pasado día 30, o DOG publicou a Orde que regula a adxudicación de prazas para fillos do persoal da Xunta nas escolas infantía (0 a 3 anos) de Vite (Compostela) e Edificio Administrativo da Xunta (Vigo). Para os novos ingresos, o prazo de presentación de solicitudes remata o día 12 de maio.
Á CGT parécelle ben que se preste este servizo, pero o que non é tolerable é que se discrimine ao persoal que preste servizos fóra de Santiago ou Vigo. Non hai ningunha xustificación para que se manteña esta discriminación e, para superala, a Xunta podería sufragar o gasto das escolas infantís de todo o persoal. Pero, claro, isto é pedir tolerías, para esta administración.

Probas de avaliación de ofimática

O DOG de one publicou a disposición pola que se convocan probas libres de avaliación para o persoal da Xunta de Galicia das actividades do Plan de Formación Ofimático. Os interesados poden inscribirse na páxina da EGAP ata o 18 de maio.

2 de maio de 2012

Recorte salarial aos afiliados da MUFACE enfermos

O goberno de Mariano anunciou que os funcionarios afiliados á MUFACE, que agora perciben o 100% do salario nas baixas de duración inferior a tres meses, verán reducidas as súas retribucións no caso de incapacidade temporal. Cando sexan superiores a tres meses tamén será inferior o complemento que paga a MUFACE.
Esta medida proponse coa escusa de recucir o absentismo laboral. Segue este goberno cargando as tintas nos desfavorecidos, neste caso os enfermos, que verán reducidos os ingresos familiares. Se quere reducir o absentismo inxustificado, que estableza os medios de inspección pertinentes, pero que non faga pagar xustos por pecadores. Está claro que non é máis que unha falacia para xustificar un novo recorte.
Os afiliados da MUGEJU e doutras mutualidades que poñan as barbas a remollar.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo