16 de setembro de 2010

O goberno chegará a acordos cos sindicatos

Iso é o que dixo no programa "59 Segundos" Octavio Granado, Secretario de Estado para a Seguridade Social, referíndose ao que pasará en canto pase tras a Folga Xeral do 29 de setembro. Desde a CGT avisamos que non aceptaremos maquillaxes da Reforma ou modificacións cosméticas. O que nos vais aos traballadores no período que se aveciña é moito, e da igual que señamos traballadores públicos ou non.

15 de setembro de 2010

Novos funcionarios

O DOG de hoxe publica o nomeamento como funcionarios aos arquitectos técnicos (subgrupo A2) que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 21 de novembro de 2010. Noraboa.

14 de setembro de 2010

O concurso

Publica hoxe o DOG o anuncio das listaxes de admitidos e excluídos do concurso de traslados xeral da Xunta de Galicia. Os excluídos dispoñen de dez días para emendar as solicitudes. Os interesados poden consultar as listaxes picando aquí.

13 de setembro de 2010

A listaxe de admitidos no concurso, mañá

Se non fallan as previsións, mañá, martes día 14, publicaranse as listaxes provisorias de admitidos e excluídos no concurso xeral de traslados (hai más de 200 excluidos). Segundo di a Dirección Xeral da Función Pública, a resolución coas adxudicacións (a provisonal) será na 2 quincena de outubro e a definitiva antes de fin de ano. Pero iso xa son palabras maiores.

9 de setembro de 2010

Aprobada a Reforma Laboral


O Parlamento aprobou hoxe a versión definitiva da Reforma Laboral para o despido. Con esta reforma consolídase a xeralización do do contrato con 33 días de indemnización en troques de 45 en caso de despedimento, non se cortan os encadeamentos dos contratos temporais, facilítanse os EREs, establécese un sistema para que as empresas se descolguen dos convenios asinados, etc. É, sen dúbida, a agresión más violenta que sofremos os traballadores en 30 anos.

O Fondo de Acción Social, no DOG

O DOG de hoxe publica a resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que anuncia a exposición das listaxes provisorias do Fondo de Acción Social do ano 2009. As listaxes pódense ver picando nesta ligazón. Os interesados teñen dez días para presentar reclamacións.

7 de setembro de 2010

O Tribunal do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra da a razón á CGT

O pasado vernes 3 de setembro coñecimos a sentencia do Tribunal do Contencioso Administrativo nº1 de Pontevedra onde se recoñece que a Administración da Xunta de Galicia, en concreto a Delegación da Consellería de Presidencia, vulnerou a Lei Orgánica de Liberdade Sindical ao deixar sen local e sen taboleiro de anuncios ao noso sindicato no novo edificio administrativo da Xunta en Pontevedra. Polo tanto os tribunais obrigan a Xunta a facilitar un local, igual que o resto de organizacións sindicais con representación na Xunta de Persoal, e un taboleiro de anuncios ao noso Sindicato. A sentenza poderá ser recorrida pola Administración no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

6 de setembro de 2010

Corbacho vaise

Celestino Corbacho marcha do Ministerio de Traballo despois da fazaña da Reforma Laboral. Xa sabemos que as persoas non son decisivas, senón a política xeral do goberno, pero o que non deixa de ser crispante é que este individuo marche agora cunha pensión vitalicia por dous anos e pico de atropelos cando propón que o resto dos mortales teñamos que cotizar 20 anos para ter dereito a non morrer de fame de vellos.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo