9 de setembro de 2010

Aprobada a Reforma Laboral


O Parlamento aprobou hoxe a versión definitiva da Reforma Laboral para o despido. Con esta reforma consolídase a xeralización do do contrato con 33 días de indemnización en troques de 45 en caso de despedimento, non se cortan os encadeamentos dos contratos temporais, facilítanse os EREs, establécese un sistema para que as empresas se descolguen dos convenios asinados, etc. É, sen dúbida, a agresión más violenta que sofremos os traballadores en 30 anos.

Nós iremos á Folga acordada para o día 29. Están próximas as reformas das pensións (retraso na xubilación) e na Seguridade Social (sistema de co-pagamento). Sen embargo, estamos convencidos de que para paralos, non será suficiente esta tardía e raquítica mobilización. Somente coa mobilización contundente e constante poderemos facerlles fronte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo