17 de xullo de 2017

A suba do 1%, na nómina de xullo

A suba do 1% deste ano irá incluida na nómina do actual mes de xullo, que comprenderá os atrasos correspondentes aos meses transcorridos deste ano. Os importes percibiranse no posto de traballo no que se estea destinado, mentres que os que deixaron de traballar por calquera circunstancia percibirán os cartos no último posto desempeñado.
En canto á suba en si, non deixa de ser un novo recorte salarial, dada a suba do IPC, polo que seguiremos reinvindicando a recuperación do noso poder de compra. Tamén hai que recordar que as pagas extras aínda non son o 100%, dado que as básicas teñen un importe menor nas mensualidades que nas pagas extraordinarias. Debémoslle isto ao señor Zapatero, pero os que viñeron despois non fixeran nada para arranxalo, a pesar das críticas que a medida suscitou na, daquela, oposición.
Por se isto fora pouco, non debemos esquecer os millóns de euros no recorte dos programas de acción social, que foron laminados por Feijóo, así coma o castigo ao persoal ao que se lle da a baixa, que sofre minoracións salariais importantes en momentos que ninguén quere para si.
Polo tanto, compre seguir loitando e reivindicando. A única loita que está perdida é a que non se emprende.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo