9 de xuño de 2015

A voracidade do empresariado, insaciable

O presidente do Círculo de Empresarios, Javier Vega de Seoane, propón a redución do Salario Mínimo Interprofesonal para os traballadores xoves, dado que son formados polas empresas. Tamén o Círculo propón a equiparación dos salarios da Administración cos da empresa privada, dado que é "lenta e impredectible". Evidentemente, cando propoñen a equiparación salarial refírense a que baixen as retribucións das administracións, agás as do persoal directivo.
É salientable a capacidade de análise destes lumbreras: o único xeito de que funcione o país é roubarlle aos traballadores o pouco que teñen e acabar cos servizos públicos. O señor Seoane non se lembra do seu paso pola administración, ubre da que mamou moitos anos como presidente do INI ou membro de consellos de administracións de empresas públicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo