29 de abril de 2015

Lei do emprego público

O Parlamento Galego apreobou onte a Lei do emprego público de Galicia, unha norma que ven a substituír a antiga lei da Función Pública.
Xa analisaremos polo miúdo, pero podemos avanzar que esta lei é a lei da arbitrariedade e a de colocar aos empregados públicos, mediante a figura da "avaliación do desempeño", aos pés dos cabalos.
Por outro lado, non nos esquecemos que esta lei é a adaptación galega do Estatuto Básico do Empregado Público, promovido no seu momento polo PSOE e avalado polos sindicatos maioritarios que agora se queixan iradamente cando se concreta a súa aplicación.
Tamouco nos esquecemos de todo o que nos roubou este goberno e non admitimos que miserentas esmolas se nos presenten, polos seus voceiros da prensa, como "recuperacións" ou "conquistas" de poder adquisitivo e dereitos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo