Ademáis, na disposición adicional décimo sétima se establece o procedemento para a devolución de parte da paga incautada no 2012, do xeito que segue:
- Persoal funcionario e estatutario: devólverase 22 días da paga extra e 7 días da adicional (específico).
- Persoal laboral: percibirá 7 días, tanto da extra como da adicional.
- Persoal que non tivese paga extra ou que estivese prorrateada e persoal eventual: percibirá o 50% do deixado de percibir en proporción aos servizos prestados no momento da incautación.
Os que xa non sexan empregados públicos deberán solicitar a devolución no departamento que, no seu momento, lles fixo o desconto.
En definitiva, un novo engano: a devolución do 12,5% da paga non é certa, dado que hai conceptos e colectivos que se ven mermados a 7 días de devolución. Por outro lado, o procedemento non é de oficio para un número moi importante de traballadores, que terán que peregrinar polas administracións, aumentando unha burocracia inútil e sen sentido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario