23 de xullo de 2014

255 medidas de recorte. Estamos saíndo da crise

O ministro Montoro enviou un documento ás comunidades autónomas para estudar novos recortes (eles o chaman racionalizar o gasto) de todo tipo. Estas medidas foron propostas polas propias comunidades para que as apliquen e cumprir así os obxectivos de défitit. Trátase de seguir expremendo ao pobo e estender a dor por todas partes:
  • Copagos por cita ou por non asistir a cita médica.
  • Desgravación para os que teñan asistencia médica privada.
  • Pago dun mínimo por receita.
  • Taxa hostelera nos hospitais
  • Incremento de ratio de alumnos por profesor nos colexios
  • Cese de docentes nos períodos de verán
  • Recorte nas axudas de escolas infantís
  • Axuste de becas para comedor e libros
  • Redución do turno de oficio
  • Novas taxas xudiciais
  • Eliminación das vacantes de funcionarios
  • Incremento da semana laboral dos empregados públicos
  • Eliminación de todos os días de asuntos propios dos empregados públicos
  • Eliminación das festividades do 24 e 31 de decembro para os empregados públicos
  • Redución das retribucións dos funcionarios equivalente a unha paga extraordinaria
  • Xornadas reducidas para interinos e laborais temporais
  • Redución do gasto en acción social dos empregados públicos
  • Redución de liberacións, axudas e dereitos sindicais
E así ata 255 medidas que van estudar. O documento non di qué comunidade autónoma  fai cada unha das propostas e moitas delas xa empezaron a desmarcarse dicindo que "de momento" non teñen nada previsto. Acostumados como estamos ás súas mentiras, no debemos baixar a garda.

Documento completo, picando aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo