21 de setembro de 2010

Manifesto da CGT de Galicia cara a Folga Xeral

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) convocou Folga Xeral o próximo 29 de setembro para defender os dereitos laborais, económicos e sociais da clase traballadora fronte as agresións que estamos a sofrir polas políticas antisociais do goberno e parlamento, para impoñer a derrogación da Reforma Laboral e deter a ameaza sobre o sistema público de pensións e xubilacións.

Fronte a aqueles que conciben esta folga como un fin en si mesmo, a CGT considera que non se trata máis que dun episodio -con toda a importancia que sen dúbida ten- do proceso de mobilización laboral e social continuada que xa vimos exercendo nos últimos anos e que non pode parar o día 29.

O éxito da xornada de folga do día 29 dará pulo aos que, como a CGT, consideramos que o día seguinte temos que comezar a planificar as novas acción que permitan que todos xuntos deteñamos as políticas antiobreiras do actual goberno. Tamén o éxito desta folga é a garantía de que se evitará o entreguismo do sindicalismo oficial cando pretendan negociar dereitos laborais por subvencións.

Só unha mobilización xeral, ampla e firmemente levada a cabo pola clase traballadora conseguirá acadar as reivindicacións plantexadas nesta folga:
  •  Esixir traballo para todos.
  • Impoñer a derrogación da Reforma Laboral.
  • Deter a ameaza sobre o sistema público de pensións e xubilacións.
 A CGT de Galicia fai un chamamento a todos e traballadores e traballadoras para que participen activamente na Folga Xeral do próximo 29 de setembro, así como nas mobilizacións que, nos próximos meses, se vaian convocando en defensa dos dereitos laborais e contra as políticas antiobreiras do goberno.
 
Comité Confederal da CGT de Galicia

2 comentarios:

  1. Ola compañeiros. Gustaríame saber se a CGT ten convocada algunha manifestación para o día 29 de setembro en Santiago de Compostela. Grazas.

    ResponderEliminar
  2. Pois sentimod dicirche que non está prevista manifestación en Compostela (aínda non temos organizació dabondo para asumila). A manifestación que quedará máis preto é a da Coruña, que saírá da Praza de Portugal ás 12 horas.
    Un saúdo libertario.

    ResponderEliminar

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo