14 de maio de 2007

PUBLICADA A ORDE QUE REGULA O RECOÑECEMENTO DOS TRIENIOS ÓS INTERINOS

No día de hoxe, 14 de maio, publícase no DOG a orde que dicta as normas para o recoñecemento de trienios ó persoal funcinario interino ó servizo da administración autonómica galega. Os interinos terán recoñecidos de oficio os servizos prestados do ano 1995 en adiante, mentras que os anteriores terán que ser debidamente acreditados. Tamén terán que acreditar, mediante
certificación do correspondente anexo, os servizos prestados noutras administracións como interinos. Os efectos económicos se poroducen a partir do día 13 de maio, data da entrada en vigor do Estatuto Básico do Empregado Público.

Con esta orde, ponse fin a unha inxustificada discriminación deste persoal, que verá así equiparada a súa situación salarial á súa realidade laboral.

Podes leer o texto na seguinte ligazóns Trienios Interinos, ou no apartado de "Documentos de interese" deste mesmo Blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo