Estamos plenamente convencidos de que nos criterios do goberno autonómico segue estando o empeño en desmantelar todo o público que serva para o negocio e beneficio privado (non podemos esquece-la creación da chamada Tragsa Galega) ou para o establecemento dunha nova rede de clientelismo político (o caso das galescolas), pero tamén o estamos de que só coa organización, firmeza e mobilización se pode cambiar este rumbo e dete-la precarización dos servizos públicos e das nosas condicións de traballo.
Desde a CGT ofrecemos como valor: a nosa independencia das institucións do poder político e económico, a plena transparencia no noso facer e o noso esforzo e compromiso solidario para que, colectivamente, poidamos cambia-lo estado actual das cousas.
Por estas razóns e para axudar a conseguir o obxectivo común dun xusto reparto do traballo e da riqueza, presentamos a candidatura que xuntamos: ti decides se isto é o que queres o se prefires seguir deixándote levar e abandonando a túa capacidade de decidir en mans de quen ignora a túa opinión, o teu protagonismo.
Estos días, los sindicatos firmantes de cada uno de los acuerdos que han venido deteriorando los servicios públicos os están presentando un catálogo de reivindicaciones de todo tipo, una especie de quién da más o quién miente más. No os dejeís engañar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario