30 de decembro de 2013

A xeralización e a perpetuación da miseria

Non suficientemente contentos coa miseria que esparexeron durante o ano 2013, o goberno ven de aprobar e publicar no BOE varias medidas dirixidas, novamente, aos máis indefensos, e que supoñen a xeralización -pola amplitude dos colectivos aos que van dirixidas- e a perpetuación -pola súa duración no tempo- da miseria entre as capas populares da poboación.
Así, no BOE de hoxe, día 30 de decembro, o goberno aproba as seguintes medidas:
É só unha mostra da política desmanteladora do goberno. Mentres, a economía, segundo din, remonta.

27 de decembro de 2013

O día adicional, ata o 31 de marzo en Galicia

O director xeral de Función Pública de Galicia ven de asinar unha circular polo que se establece que "... amplíase a posibilidade de desfrutalo ata o 31 de marzo do 2014...", referido ao día adicional de asuntos particulares que, paternalmente, decidiu devolvernos o ínclito ministro Montoro.

Os recortes chegan á MUFACE

O pasado día 23 de decembro, o BOE publicou o concerto coas aseguradoras privadas para a prestación de asistencia sanitaria aos mutualistas de MUFACE. Este concerto subscríbese con Asisa, DKV, Igualatorio e Adeslas, polo que as persoas que actualmente teñan Sanitas deberán cambiarse durante o mes de xaneiro, ao cesar o 1 de febreiro Sanitas. A aqueles que non manifesten opción durante o mes de xaneiro se lles asignará de oficio o INSS. Tamén durante o mes de xaneiro se poderá cambiar de entidade.
Muface estende os recortes que xa se fixeran á sanidade pública e establece o copagamento de medicamentos hospitalarios, de transporte sanitario urxente e de reprodución asistida.
Aínfa faltan outras mutualidades, como a MUGEJU, pero é de esperar que vaian na mesma liña.

26 de decembro de 2013

Xa é oficial o recorte das pensións

O BOE de hoxe publica a norma de revalorización de pensións, ao introducir o chamado "Factor de sostenibilidad" do sistema, polo que as pensións subirán o que queira o goberno e deixa de garantirse o seu poder adquisitivo.
É este un dos ataques máis salvaxes aos dereitos dos traballadores, que verán reducidas as súas pensións dun xeito efectivo e converterán o sistema nun sistema de beneficiencia.

Pagas extras para o persoal da AXE

O BOE de hoxe publica a Lei de presupostos do estado para o ano 2014. Nesta lei figura que o ane que ven as retribucións do persoal da administracións central gozará das dúas pagas extras en xuño e decembro. Mentres, Feijóo segue coa súa teima de ter ao persoal da Xunta recortado nos seus dereitos. Ata cando?

Plan de formación 2014

O DOG de hoxe ven de publicar o Plan de Formación da EGAP para o ano 2014, tanto para o persoal da Xunta, como para a Administración local e a Administración de xustiza. Os interesados poden picar aquí.

O día adicional, ata o 15 de febreiro

O BOE do día 24, martes, publicou unha resolución para a Administración Xeral do Estado na que se indica que o día adicional de asuntos particulares aprobado pola Lei orgánica de control de débeda -que tamén é para o persoal da Xunta- poderase gozar ata o día 15 de febreiro a conta do ano 2013.
Reclamamos da Xunta tamén que se tome unha medida similar á do ano pasado (ata o 31 de marzo), dado o avanzado do calendario actual.

23 de decembro de 2013

O día adicional xa é efectivo

O sábado, 21 de decembro, foi publicada no BOE a Lei orgánica do control da débeda comercial no sector público, e nela, tal como anunciabamos días atrás, na súa disposición adicional cuarta, modifícase o artigo 48 do estatuto do empregado público no sentido de que os días de asuntos particulares pasan a ser 4 ao ano en troques de 3. Esta disposición entrou en vigor o día 22 e é de aplicación tamén ao persoal da Xunta, dado que a Lei de función pública de Galicia dispón que teremos os mesmos días que o persoal da Administración Central.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo