30 de abril de 2012
Recoñecementos médicos
No DOG de hoxe, escondido entre os anuncios, publícase a resolución de Presidencia para os recoñecmentos médicos. As inscriciones faranse na páxina de riscos e o prazo rematará o 31 de maio.
29 de abril de 2012
Manifestacións do Primeiro de Maio
Entre outros actos, a CGT ten programadas para o próximo Primeiro de Maio en Galicia as seguintes manifestacións:
Derrogación da Reforma Laboral. Os dereitos non se negocian, defnéndense!
- Vigo: 11:00 horas. Fernando o Católico.
- Pontevedra: 13:00 horas. Praza da Ferrería.
- A Coruña: 12:30 horas: Praza de Pontevedra.
Derrogación da Reforma Laboral. Os dereitos non se negocian, defnéndense!
26 de abril de 2012
Liberdade detidos 29M
O Secretariado Permanente da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:
CGT exige la inmediata puesta en libertad de los sindicalistas y activistas sociales detenidos.
Desde la Confederación General del Trabajo (CGT) hemos observado en los últimos días como se ha puesto en marcha por parte del gobierno del estado español y de las comunidades autónomas una campaña de detenciones arbitrarias de sindicalistas y activistas sociales de diferentes organizaciones, incluida la nuestra.
El mismo día 29 de marzo se produjeron una serie de detenciones que a día de hoy hacen que dos personas en Barcelona estén en prisión provisional “en previsión” de que pudieran participar en el 1º de Mayo.
25 de abril de 2012
Medidas ocultas para os maiores de 26 anos e os estranxeiros
Entre as medidas ocultas publicadas onte no BOE figura que os maiores de 26 anos só poderán ter a condición de asegurado (no caso de non ser traballador, pensionista ou parado) se demostran non ter uns ingresos superiores a límite regulamentario. Este límite non se indica, polo que é posible que persoas que hoxe son estudiantes -ou opositores, por exemplo- poden non ser asegurados da Seguridade Social.
Por outro lado, os estranxeiros que non estean en situación de regularidade non terán máis dereito que a ser atendidos en caso de urxencia. As consecuencias son evidentes: estas persoas deixarán de acudir ás consultas ordeadamente e acudirán sempre por urxencias, provocando a saturación e o caos nuns servizos xa moitas veces superados. Por outro lado, deixarán de controlarse enfermidades contaxiosas -como a tuberculose e outras tropicais- co conseguinte risco para o resto da poboación.

24 de abril de 2012
Contra os máis desfavorecidos
Contra este colectivo vai o Real Decreto-Lei que hoxe publica o BOE e que establece novos recortes no Sistema Nacional de Saúde. Ademáis dos recortes xa anunciados na financiación dos medicamentos, establece outros recortes ocultados polo goberno: a mesma fórmula de repago de medicamentos a tratamentos dietoterápicos
(suplementos para pacientes con problemas de desnutrición, deglución e
enfermidades metabólicas...) e aos produtos ortoprotésicos (muletas, cadeiras
de rodas, colaríns, calzado ortopédico, férulas...). Tamén o transporte sanitario non urxente.
19 de abril de 2012
Wert propón a suba das taxas universitarias
O ministro de Educación, José Ignacio Wert, ex pilarista, ex tertuliano de Intereconomía e ata hai ben pouco directivo do BBVA, na reunión que hoxe terá cos representantes autonómicos, proporá a suba das taxas universitarias nunha porcentaxe non definido, pero que podería chegar a un 30% máis que as tasas actuais.
Outro ataque máis contra os traballadores, que non poderán enviar aos seus fillos a realizar estudos universitarios, tendo en conta, ademáis, o recorte nas becas.
Outro ataque máis contra os traballadores, que non poderán enviar aos seus fillos a realizar estudos universitarios, tendo en conta, ademáis, o recorte nas becas.
Os tontos non aprenden
Isto é o que lle pasa a Antonio Beteta, Secretario de Estado para as Administracións Públicas, que, despois de falar do "cafelito e periódico" dos funcionarios, saca outra vez a lingua a pacer e di que os traballadores públicos e locais deben traballar "comolos del Estado".
Xa se nos acabaron os calificativos para valorar as parvadas deste paxaro. Tras poñer aos empregados públicos fronte o resto da sociedade, se lle ocorre querer enfrontar aos traballadores do Estado co resto dos empregados públicos. É difícil ser tan torpe.

18 de abril de 2012
Rajoy e os seus recortes: chega o medicamentazo
No Consello Interterritorial de Saúde de hoxe, o goberno propoñerá ás Comunidades Autónomas a suba das porcentaxes que os doentes pagan polos medicamentos:
- Traballadores: pasa do 40 ao 50% do precio do medicamento (no caso de rendas superiores a 100.000 euros o 60%)
- Xubilados: de pagar nada ao 10%, con topes
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Confederación Xeral do Traballo