30 de marzo de 2012

Xa sabiamos que son uns mentireiros

Xa sabiamos que os políticos en xeral, e Feijóo en particular, son uns mentireiros difíciles de corrixir, pero iso de que á Folga foi un 23% do persoal dos servizos administrativos é dunha desvergoña que dá ata risa.
Os empregados públicos temos compañeiros en persoal, nos controis de sinaturas ou de marcaxes, sabemos cantos dos nosos compañeiros próximos non foron traballar, sabemos contar os coches dos aparcadoiros, sabemos como estaban as manifestacións,... e, a pesar diso, pretenden minimizar o impacto da Folga ante a opinión pública mintindo descaradamente.
Xa sabíamos que ía haber unha mal chamada "guerra de cifras" entreos mentiráns profesionais e os traballadores. Pero tanto eles coma nós sabemos a verdade, vístana como a vistan.

29 de marzo de 2012

Gran participación na Folga Xeral

Os traballadores da Xunta de Galicia están facendo un alto seguemento da Folga Xeral convocada para hoxe. Pódese valorar nun 70% o grao de participación nos edificios administrativos, a pesar das medidas adoptadas pola Xunta para minimizar os efectos da convocatoria.

28 de marzo de 2012

Guindos quere prohibir as folgas xerais

O ministro de Economía e amigos dos pobres, Luis de Guindos, nun encontro con empresarios, dixo que hai que abrir un debate sobrese a folga xeral e un instrumento axeitado na sociedade do siglo XXI.
A este badulaque lle temos que dicir que os únicos que teñen dereito a decidir se a Folga Xeral é un instrumento axeitado son os traballadores e as súas organizacións, e ninguén máis. Por outro lado, que os membros dos gobernos poñan en dúbida a validez das folgas reafírmannos na pertinencia e eficacia das folgas como ferramenta eficaz para a loita contra a explotación. Algo terán as Folgas xerais cando tanto señorón -e señorona- importante está en contra.
Mañá, día 29, os traballadores acudiremos masivamente á folga e amosaremos o noso rexeitamento á nova era de escravitude que nos quere impoñer. De De Guindos e compaña dependerá de que teñamos que seguir mobilizándonos aínda con máis contundencia.

26 de marzo de 2012

Servizos mínimos

O DOG de hoxe publica o decreto de servizos mínimos para a folga do día 29. Recordamos ao persoal que non ten obriga de ir traballar ningunha persoa que non estea recollida no decreto.
Por outro lado, recordamos a aqueles que vaian traballar que é ilegal facer o traballo dun compañeiro que estea de folga, incluído atender o teléfono.
Finalmente, sábese que hai instruccións de non conceder permisos o día da folga. Se hai un decreto de servizos míinimos, é dicir, dos imprescindibles para atender unha situación excepcional como é un día de folga, o único sentido que ten non conceder permisos ese día é o de minimizar os efectos da folga facendo ir traballar a algúns que non o ían facer. Non nos gusta que haxa quen se escaquee da folga collendo un permiso, pero é á súa conta, ao igual que o que perde o salario.

23 de marzo de 2012

Éxito

Varios milleiros de traballadores públicos manifestáronse onte en toda Galicia en protesta polas medidas de recorte da Xunta. Tanto administrativos como sanitarios, profesores,... amosaron o seu rexeitamento das medidas agresivas contra os empregados públicos.
A CGT quere felicitar a todos os traballadores e animalos para que sigan por este camiño. Conseguirmos, finalmente, facer que o goberno recúe.

22 de marzo de 2012

Rocío, ay mi Rocío

Rocío Mosquera, a conselleira de Sanidade, ven de dicir que non lle parece mal o cobro dunha cantidade por receita médica. A pesar de que constantemente din que esta medida non está sobre a mesa, a cuestión está sempre nos beizos dos polìticos dos gobernos e, ademáis, se se plantexa no Consello Interterritorial de Saúde, acatarán o que se acorde.
Isto non é máis que unha nova cortiña de fume para ocultar as verdaderas intencións do PP, que non son outras a aplicación da medida nun plazo non demasiado longo. Non hai que olvidar que o PP facilitou a aprobación desta medida en Cataluña.
Por outro lado, comezan agora a falar do repago en educación. Por que non?
O desmantelamento do público vai a todo galope. Debemos faerlle fronte xa e o día 29 é un bo día para comezar.

21 de marzo de 2012

Adiante coas mobilizacións

Continúan as mobilizacións en protesta polas medidas de recortes para o persoal da Xunta de Galicia, con concentracións e asembleas. Debemos continuar firmes nas nosas reivindicacións, ata  conseguir que Feijóo afrouxe a man.

Montoto, ao ataque

Cristóbal Montoro -lembremos que é o ministro de administracións públicas- manifestou que "los funcionarios y empleados públicos deben ganerse el puesto".
Na liña dos seus correlixionarios cada vez que lles poñen unha alcachofa diante, o ministro volveu poñer na picota aos empregados públicos, facendo ver os supostos privilexios que teñen ante o resto dos traballadores.
Estamos fartos que esta patulea de privilexiados nos chame privilexiados; estamos fartos de que estes salvapatrias estean empeñados en salvarnos dos nosos pecados a base de cates; estamos fartos de que nos usen de espantallo cada vez que dean unha conferencia e non teñan nada mellor que dicir e estamos fartos de que o desmantelamento e privatización do que é de todos se faga coa falsa escusa da ineficacia dos empregados públicos.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo