31 de decembro de 2007

Xa están os Orzamentos do 2008

Xa se publicaron os Orzamentos para o ano 2008. O previsto: suba do 2 %, o 1 % para pagas extras e a suba adicional do 1,75 % tal como se aprobou entre as "maioritarias" e a Xunta. "Non está tan mal" dirán algúns; pero se miramos que o IPC subiu o que subiu, tampouco podemos dicir que está ben. Séguese agrandando a diferencia entre os de abaixo e os de arriba e sen prespectivas de mellorar.

28 de decembro de 2007

Novidades no DOG de hoxe: concurso e inútiles

No DOG de hoxe, día 28, saen dúas disposicións de interese. A primeira delas eleva a defiitivas as listaxes de admitidos e excluídos no concurso xeral de traslados. As relacións pódense consultar picando aquí e só se poden recurrir en reposición ou indo ao contencioso.

A segunda novidade é respecto ás oposicións da quenda libre para acceder ao grupo D. O tribunal decidiu anular once (SI, ONCE!) preguntas da primeira proba tras admitir recursos de varios opositores. Pero, como é posible que poda haber once cuestións erróneas? Quen foi o inútil que elaborou e aprobou as cuestións? Algún dos membros do tribunal se molestou en revisalas antes? Ou so lles preocupa cobrar as asistencias?

27 de decembro de 2007

Unha nova suba ridícula nos presupostos do Estado

Nos Presupostos Xerais do Estado, que se publican hoxe no BOE, aparecen as subas salariais para o ano 2008. Novamente o 2 % e o 1 % para as pagas extras. Nada de modificar os niveis mínimos, nada de subas lineais para reducir os abanos salariais, nada de recuperación das perdas dos últimos 20 anos (na Xunta haberá unha suba adicional do 1,75 %)... En definitiva, máis do mesmo.

21 de decembro de 2007

Promoción interna do grupo D

No DOG de hoxe fanse públicas as listaxes de admitidos e excluidos nas probas de promoción interno para o grupo D. Pódense consultar picando aquí.

20 de decembro de 2007

TOURIÑO FELICITA

Hoxe chegou, a tódolos correos electrónicos, unha felicitación navideña de Touriño. A falta de desexarnos unha suba acorde coa dos ex-altos cargos, deséxanos a todos paz e felicidade. De paso, bloqueou a metade dos ordenadores da Xunta. Pola nosa parte non terá paz: seguiremos dándolle caña; tampouco lle procuraremos felicidade: intentaremos que as súas falcatruadas en Función Pública non lle saian gratis.

17 de decembro de 2007

O DEFENSOR DO POBO COLÚMPIASE

O Defensor do Pobo resolveu a petición de presentación do recurso de inconstitucionalidade que presentara a CGT contra a modificación da Lei da función pública de Galicia, especialmente contra a disposición que lle dá un complemento substancioso a tódolos ex-altos cargos. Como entre bombeiros non se ían pisar a mangueira, a resolución non é favorable ás nosas teses.

O "defensor" xuntou a nosa petición coa doutra central sindical (non sabemos cal) e prácticamente non entrou nos argumentos que plantexábamos. O documento resolutorio ten, eso sí, máis de trinta páxinas. Por lerias que non quede.

11 de decembro de 2007

MODIFICADA A CONVOCATORIA DE PROMOCIÓN INTERNA PARA O GRUPO C

No DOG de hoxe, día 11, aparece unha orde que modifica a convocatoria da promoción interna para o grupo C. Na orde aparecen modificacións importantes, que son as seguintes:
  1. O primeiro exercicio será exclusivamente en galego.
  2. Os "méritos" por conciliación baixan de 3,5 a 2,5 puntos como máximo.
Isto supón unha modificación substancial da convocatoria (non é unha simple corrección de erros), polo que animamos a tódolos compañeiros que vexan diminuídos os seus dereitos con estas modificacións a que reclamen.
Consideramos que hai, por exemplo, dereito a retirarse das probas e a esixir a devolución dos dereitos de exame.

10 de decembro de 2007

ZAPATERO E AS SÚAS PROMESAS ELECTORAIS

Non está de máis recordarlles aos nosos políticos as súas promesas cando están na oposición. Isto é o que fai a nosa Federación na carta remitida ao presidente do goberno. Algunha das promesas non ten desperdicio.

COMPROMISOS ELECTORAIS DE ZAPATERO NO 2004

CARTA ABERTA DA CGT A ZAPATERO

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo