O DOG de hoxe publica unha orde pola que se convocan cursos (medio e superior) de linguaxe administrativa galega para persoal das administracións e cursos abertos preparatorios para obtención do certificado Celga.
As solicitudes poden presentarse picando nesta ligazón, así como cubrindo o impreso correspondente. Os prazos será desde o día seguinte da publicación ata o 10 de setembro, no caso da de linguaxe administrativa, e ata cinco días antes do comezo da realización do curso, no caso dos Celga.
22 de agosto de 2012
17 de agosto de 2012
Medicamentazo habemus
O Ministerio de Sanidade (tamén se chama de Servicios Sociais e de Igualdade, pero parece unha broma), publicou hoxe no BOE unha resolución eliminando máis de 400 medicamentos da Seguridade Social. A maioría destes fármacos son eliminados por "estar indicado en tratamiento de síntomas menores". É dicir, que de agora en diante, os catarros e os dolores musculares debemos curalos con coñac, leite e fregas, dado que haberá que pagar polos medicamentos que os alivian.
10 de agosto de 2012
A canalla do BCE, contra os máis débiles
O Banco Central Europeo, como fiel lacaio dos seus amos capitalistas, ven de facer unha serie de recomendacións para os países con dificultades económicas e altas taxas de paro, como son España e Grecia.
Propoñen estes boitres, entre outras cousas, o seguinte:
Propoñen estes boitres, entre outras cousas, o seguinte:
- Reducir os costes laborais
- Flexibilizar a fixación de salarios
- Diminuir a proteción legal do emprego
- Non vencellar os salarios ao coste de vida
- Reducir os salarios mínimos
- Fixar os salarios empresa pro empresa
Festas laborais propias de Galicia para 2013
NO DOG de hoxe publícase o Decreto que establece as festas de Galicia do calendario laboral do próximo ano 2013. Facéndoo cada vez máis complicado, no calendario só aparecen as festas propias de Galicia, e hai que esperar a que o Estado publique o resto. As festas propias son: Día das letras galegas (17 de maio), san Xoán (24 de xuño) e o Santiago (25 de xullo).
9 de agosto de 2012
A CGT acorda un calendario de mobilizacións, sen treguas nin distraccións
O Comité Confederal da CGT, reunido en Plenaria, ven de acordar o seguinte:
Sin dilaciones, ni treguas, ni distracciones, ni instrumentos desmovilizadores, ni pacto social, ni burocracias, ni referéndum, ni Consulta Popular... en consecuencia:-CGT no firmará la Declaración de la “Cumbre Social” del pasado 25 de Julio auspiciada por CCOO – UGT.
A supresión da paga extra de decembro, no DOG
O DOG de hoxe publica a Lei pola que se elimina a paga de Nadal deste ano, segundo o acordara, no seu momento, o goberno de Rajoy. Segundo a Lei, poderase negociar colectivamente que a dedución se faga rateada entre os meses que restan ata fin de ano e ademáis que as cantidades deducidas "serán obxecto de recuperación en exercicios futuros", aínda que non sabemos se será no ano 2013 ou no ano 2113.
7 de agosto de 2012
Despedimentos colectivos do persoal laboral
Tal como se prevía no decreto de recortes, o goberno está preparando outro decreto que regulará os despediemntos colectivos do persoal laboral a través de Expedientes de Regulación de Emprego. As causas oficiais son as mesmas que a do resto dos traballadores (económicas, técnicas, organizativas ou de produción), pero o sistema é unha burla aos traballadores; faise da forma seguinte:
Máis información, picando aquí.
- a) Baixase o presuposto dun organismo.
- b) Xustifícase o despedimento do persoal porque non hai cartos suficientes.
- c) A Administración, convertida en xuíz e parte, aproba os despedimentos.
Máis información, picando aquí.
2 de agosto de 2012
O Parlamento galego, ás carreiras
Nun Consello de Goberno da Xunta celebrado de maneira urxente onte, decidiuse que hoxe habería unha sesión extraordinaria no Parlamento Galego para debater, e aprobar, a Proposta de tramitación polo procedemento de lectura única do Proxecto de lei de
adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo,
de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da
competitividade en materia de emprego público, e se é o caso, debate e votación
deste proxecto de lei.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Confederación Xeral do Traballo
