15 de febreiro de 2012

Fontenla, o extorsionador

Porque chantaxe é a decisión unilateral do presidente da patronal de Galicia de anular un gran número de tarxetas do aparcadoiro da Xunta no edificio administrativo de Monelos. Tras perder o xuízo no que pretendía cobrar segundo o número de tarxetas emitidas e non polo número de prazas, este cobizoso empresario pretende botarlle a xente enriba da Xunta para que esta renegocie as condicións de utilización do aparcadoiro e acabe, lóxicamente, pagando máis polo mesmo.
Lóxicamente, reclamamos á Xunta que non se pregue á chantaxe deste paxaro e que racionalice a distribución das tarxetas diponibles entre o persoal, para que os afectados o sexan por razóns obxectivas e non pola decisión aleatoria e interesada dun pirata.

11 de febreiro de 2012

O PP impón por real dereto e represión policial a súa reforma laboral

O Secretariado Permanente da CGT fixo público o seguinte comunicado:
CGT condena la intervención de la polícia y exige la libertad inmediata sin cargos para los nueve detenidos

La Reforma Laboral del PP, sólo tiene una respuesta: la ocupacion de la CALLE hasta su derogación

    El BOE de hoy 11 de febrero de 2012 publica el Real Decreto Ley sobre medidas urgentes para la Reforma Laboral. Ayer lo aprobaba el consejo de ministros del Partido Popular y la CGT junto con otras organizaciones sindicales y sociales convocaba, en Madrid y otra ciudades,  concentraciones populares contra esta reforma laboral.

Os canallas publican no BOE

O BOE de hoxe publica a o machetazo que decidíu o fato de canallas que están no goberno. Como se os pobres empresarios non fixesen practicamente o que lles da a gana, agora deixan aos traballadores sen a mínima defensa ante a súa voracidade: os convenios serán papel mollado, poderán botar improcedentemente a casi todo o mundo con 20 días por ano de indemnización, poderán meter EREs sen control, chegan as empresas privadas de colocación...
Rota a baralla, non nos poderán esixir aos traballadores moderación e respecto ás normas, xa que éstas son ineficaces para a defensa dos intereses dos traballadores. Que non esperen os gobernantes e os empresarios que imos quedar cos brazos cruzados mentras nos empuxan á miseria.

10 de febreiro de 2012

Feijóo chantaxea aos traballadores

O presidente da Xunta de Galicia, ex interino e ex membro da Xunta de Persoal de Servizos Centrais, Núñez Feijóo, fixo unhas declaracións que son unha verdadeira chantaxe aos empregados públicos da Xunta: "a única alternativa ás medidas propostas é a redución salarial".
Núñez Feijóo dixo tamén que hai centrais sindicais dispostas a sentarse a negociar. Recordámoslle a Feijóo e ás centrais ás que se refire -se non é outra mentira do mandamáis- que hai un compromiso sindical ante as asembleas de traballadores de estes recortes son innegociables, dado que as conquistas que se queren laminar o foron a cambio de concesións noutros ámbitos, especialmente no salarial.

Basta de agresións e de precarización de servizos públicos!
Somos traballadores e non servos!
A atracar a Sierra Morena!

9 de febreiro de 2012

Continúan as mobilizacións

Éxito de participación nas concentracións de hoxe nas distintas cidades galegas, coa participación, nalgúns casos, de ata o 80% dos cadros de persoal. Así aconteceu, por exemplo, no Edificio Administrativo de Vigo, onde participaron máis de 400 traballadores ou no da Coruña, con máis de 300.
Os empregados públicos seguiremos coas mobilizacións ata a retirada das medidas de recorte.

Rodríguez Miranda retratouse

O voceiro do grupo parlamentario do PP no Parlamento Galego, Rodríguez Miranda, fixo unhas declaracións absolutamente indignantes, que reflicten a verdadeira natureza do seu goberno e o seu partido. Volve a botar á xente en contra dos empregados públicos, facendo fincapé nos días de asuntos particulares e nos supostos privilexios en comparanza co resto dos traballadores para xustificar os recortes e o gravísimo deterioro dos servizos públicos.
Este mequetrefe non contou que el ten, como parlamentario, tres meses de vacacións pagadas ao ano, sen contar co chófer, a tarxeta e as dietas. Un caradura.

A reforma laboral que se aprobará mañá

O Consello de Miistros de mañá aprobará a nova e secreta reforma laboral. Esta reforma, segundo todas as trazas, terá os seguintes contidos:

Despedimentos máis baratos
  • Xeralizarase o despedimento con indemnización de 33 días en troques do de 45 días que é o actual. Tamén se baixará o tope (24 meses en lugar de 42).
  • "Clarificación" das causas do despedimento obxectivo, que ten unha indemnización de 20 días por ano.
  • Posibilidade de eliminar a autorización administrativa nos ERE.

Éxito das primeiras mobilizacións

As primeiras asembleas e concentracións feitas en contra dos recortes que a Xunta pretende impoñer aos empregados públicos foron un éxito de participación. Na concentración ante a Consellería de Traballo feita onte na Coruña participaron uns 400 traballadores -máis que na asemblea do día anterior- e nas asembleas a asistencia foi nutridísima. Houbo nas asembleas críticas á labor dos sindicatos, pero tamén propostas de mobilización para os tempos próximos. A reclamación de unidade e a postura de que non hai nada que negociar tamén foi expresada por unanimidade polos empregados públicos.
Por outro lado, Elena Muñoz, a conselleira de Facenda, dixo que eses recortes son o único xeito de que non haxa baixada de salarios, nunha chantaxe intolerable, sobre todo se se ten en conta que os salarios reais baixaron un 12,96 nos últimos tres anos. O que non di é que o que se agora se pretende recortar e froito de conquistas que se acadaron a cambio de concesións fortes -sobre todo salariais- do colectivo.
A CGT fai un chamamento para secundar as mobilizacións cun único obxectivo: a retirada das medidas sen ningunha negociación.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo