8 de febreiro de 2012

A CGT apoia as mobilizacións

As asambleas dos traballadores da Xunta decidiron que a mobilización é a resposata axeitada para a gravísima agresión que pretende facer o goberno de Feijóo aos servizos e empregados públicos. A CGT apoia as mobilizacións que se convoquen mentras se manteña o criterio de que os recortes son innegociables; este crompomiso asumíronno as centrais sindicais ante as asambleas de traballadores.
A CGT anima a todos os traballadores do sector público a participar nas mobilizacións que se convoquen e que teñan a retirada do anteproxecto de lei como obxectivo.

5 de febreiro de 2012

Unhas propostas indecentes e discriminatorias

O goberno de Feijóo xa presentou o anteproxecto de lei de "medidas no emprego público". Este anteproxecto, como xa se viña anunciando, contén unha serie de medida que non son máis que un ataque aos servizos públicos e aos seus traballadores. Son as seguintes:
  • 1.- Os empregados que estean de baixa por continxencias comúns non percibirán ningún complemento sobre o que paga a Seguridade Social ata o día 21 da baixa. Non cobrarán nada os tres primeiros días e percibirán o 60% entre o cuarto e o vixésimo día. A partir do día 21 cobrarán o 100%. É unha discriminación con respecto aos empregados que estean en mutuas de funcionarios (Mugeju ou Muface, que cobrarán o 100% durante varios meses. Tampouco está claro como se vai aplicar aos laborais, que teñen recoñecidos os complementos por convenio colectivo.

2 de febreiro de 2012

Suspensión ou eliminación?

O anuncio de Feijóo de suspender o plus de altos cargos da Xunta de Galicia non é máis que un acto propagandístico e a súa única finalidade é que os traballadores públicos traguemos a pílula dos recortes que se achegan.
Por outra banda, que significa suspender? Non limos por ningún lado que se vaian "suspender" tres días de asuntos particulares ou que a rebaixa do 5% fora unha suspensión ata tempos mellores. A única medida aceptable para este plus é a súa eliminación e sen recoñecemento de dereitos adquiridos para os que o cobren na actualidade.
Por certo, non está de máis lembrar, de cando en vez, que este plus foi aprobado por unanimidade polo PP, o PSOE e o BNG.

1 de febreiro de 2012

Os decimais do IRPF

Moitos empregados públicos observaron que, no mes de xaneiro, cobraron un chisquiño máis que o no mes de novembro do ano pasado. Que non se aleden, porque isto é debido a que, no método de cálculo do IRPF, eliminaron os decimais nesta nómina. Outros xa viron que lles subiu o IRPF, tamén por aproximar os decimais cara arriba.
Na nómina de febreiro aplicarase a nova normativa do imposto, que suporá que todos cobremos menos.

Reforma laboral dura

A isto se refería Rajoy cando lle dicía ao finlandés que "la reforma laboral me va a costar una huelga general". A intención do goberno é de, entre outras medidas, facilitar o despedimento abaratándoo. O decretazo aprobarase, previsiblemente, o día 10 e conterá as seguintes medidas:
  • Explicará con detalle as causas do despedimento por causas obxectivas, impedindo a interpretación restrictiva dos xuíces.
  • Xeralizará o despedimento de 33 días por ano, eliminando a indemnización de 45 días.
Este é o grande descubrimento de Rajoy: fomentar a creación de emprego facendo máis doado o despedimento. Paradoxas.

Redución dos asuntos particulares

Segundo a prensa, a Xunta presentará nos próximos días a rebaixa dos días de asuntos particulares de nove a seis. A medida está presentada como unha "homologación" co persoal da Administración central, aínda que, noutros aspectos como as retribucións, a "homologación" non exista.
Tamén é curioso como o gabinete de prensa presenta a noticia: rebaixaranse os días de asuntos particulares sen rebaixar o soldo. Era o que faltaba!

31 de xaneiro de 2012

Nomeamento de titulares superiores ambientais

O DOG de hoxe publica a orde pola que se nomean titulares superiores ambientais do persoal laboral da Xunta (categoría 37). Os nomeados teñen un prazo dun mes para a toma de posesión, sendo o mesmo prazo o que hai para interpoñer recurso de reposición ou dous se se vai ao contencioso.

30 de xaneiro de 2012

A Conselleira de Facenda non descarta recortes aos empregados públicos

En recentes declaracións, a Conselleira de Facenda, Elena Muñoz, dixo que "en este momento no se descarta ninguna posibilidad", refiriéndose á posibilidade de que os recortes afecten aos empregados públicos. Tamén fala de que as medidas se farán con consenso, aínda que non explicou se o "consenso" será igual que os consensos anteriores, é dicir, á forza.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo