29 de setembro de 2010

A Folga Xeral na Xunta

Houbo un seguemento irregular na xornada da Folga Xeral na Xunta de Galicia, sendo moito máis visible nos grandes edificios administrativos que nas pequenas oficinas. Tamén foi moi notable a participación no ensino público. En casos como nos centros administrativos da Coruña e Vigo, o seguemento foi superior ao da folga de xuño, un 50 e un 75% de participación, respectivamente.

24 de setembro de 2010

Servizos mínimos

O DOG de hoxe publica as disposicións polas que se fixan os servizos mínimos para a Folga do día 29. Trátase dun decreto da Consellería da Presidencia que establece os mínimos na Administración autonómica (inclúen RTVG, transporte, educación, traballo, administración en xeral...) e unha orde para o caso do SERGAS. A CGT considera que os servizos son abusivos en moitos departamentos e servizos públicos, polo que é importante que todos estemos informados para que ningún traballador lle colen o seu traballo como servizo mínimo sin selo.

Comunicado da FETAP ante a Folga do día 29

A FETAP (Federación de Traballadores da Administración Pública da CGT) emitiu o seguinte comunicado:

"La Federación de Trabajadores de Administración Pública de CGT hace un llamamiento a delegados/as, afiliados/as y trabajadores/as de la Administración Pública a la huelga general convocada para el día 29.
Puede que alguien piense que esta huelga no va con nosotros, pues entienden que la misma se hace en contra de la reforma laboral y que ésta no nos afecta, o que “ya hice huelga el 8 de junio; ahora les toca a los demás”. Nada más lejos de la realidad. Los motivos que nos impulsaron a parar en el mes de junio siguen estando ahí, reafirmados y multiplicados, no en nuestras carnes, sino en las de nuestra vecindad, familia, con unas medidas dignas del más descarnado capitalismo.

22 de setembro de 2010

Manifestacións da CGT o día 29 en Galicia

  • A Coruña: ás 12:30 horas, desde a Praza de Portugal ata a Delegación do Goberno, co lema Basta de recortes, de explotación, de mentiras.
  •  Pontevedra: ás 13 horas, desde a Praza de Ferrería ata a Praza de Curros Enríquez, co lema Contra as agresións e a Reforma Laboral, Folga Xeral.
  • Vigo: ás 12 horas, desde a Praza de Fernando Católico ata a Praza da Estrella.

21 de setembro de 2010

Manifesto da CGT de Galicia cara a Folga Xeral

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) convocou Folga Xeral o próximo 29 de setembro para defender os dereitos laborais, económicos e sociais da clase traballadora fronte as agresións que estamos a sofrir polas políticas antisociais do goberno e parlamento, para impoñer a derrogación da Reforma Laboral e deter a ameaza sobre o sistema público de pensións e xubilacións.

Fronte a aqueles que conciben esta folga como un fin en si mesmo, a CGT considera que non se trata máis que dun episodio -con toda a importancia que sen dúbida ten- do proceso de mobilización laboral e social continuada que xa vimos exercendo nos últimos anos e que non pode parar o día 29.

20 de setembro de 2010

Rajoy e a poda

Mariano Rajoy, na súa loita por conseguir votos, acaba de dicir que hai que podar a administración. Xa estamos outra vez botándolle aos empregados públicos a culpa dos males do país. Rajoy foi, non nos olvidemos, ministro de Administracións Públicas con Aznar e non se pode dicir que fixera grandes cousas para mellorar a función pública. Postos a discurrir, habería que "podar" noutros lados, pero unha poda boa, por exemplo, entre os políticos.

O do Fondo de Acción Social, unha burla

Porque burla é a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública que se publica hoxe no DOG, pola que se amplía o prazo para resolver as solicitudes do Fondo. E teñen a cara de non motivar a ampliación do prazo, a pesar de que, como eles mesmos escriben, "Excepcionalmente, poderá acordarse a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación mediante motivación clara das circunstancias concorrentes e só unha vez esgotados todos os medios".

18 de setembro de 2010

Publicada a Reforma Laboral

No BOE de hoxe publícase a maior agresión que sofrimos os traballadores en décadas. Os interesados poden ler o texto íntegro picando aquí.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo