30 de decembro de 2016

Paga o que debes

Hoxe publica o DOG o Decreto que marca as condicións da prórroga dos orzamentos da Xunta para o ano 2017, e nel, no seu artigo 5, figura o seguinte:
1. Durante o período de vixencia da prórroga do orzamento, a tramitación de expedientesde gasto axustaranse aos seguintes criterios:
a) Os gastos de persoal realizaranse con base nas remuneracións previstas individualmente para a categoría respectiva na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2016 e nas disposicións que a desenvolven, excluídos os importes percibidos en concepto de recuperación da paga extraordinaria e adicional de decembro de 2012.
 É dicir, que non figura para nada o incremento das pagas extraordinarias ata o 100 % mil veces prometido. Supoñemos que non figura por unha cuestión técnica e que o goberno de Feijóo incluirá, nos orzamentos definitivos, este concepto.
Agardaremos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo