No portal da Dirección xeral da Función pública vense de publicar un aviso relativo á xornada de verán do ano 2016. Esencialmente é o mesmo que o ano pasado: 6 horas de traballo entre as 08:00 e as 15:00 horas entre o 16 de xuño e o 15 de setembro par o persoal que non teña conciliación e 6 horas de traballo dentro do horario autorizado para o persoal que teña conciliación. Os cómputos serán diario ou mensual, respectivamente, segundo sexa o caso de cada un.
Ata o 30 de xuño será posible compensar débeda do mes de maio e ata o 31 de xullo débeda da primeira quincena do mes de xuño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario