3 de decembro de 2015

O novo sistema de baixas da Seguridade Social

O pasado 1 de decembro entrou en vigor o novo sistema de baixas por incapacidade temporal da Seguridade Social. Modifícanse así varias cuestións como a frecuencia de asistencia ao médico para conseguir os partes de confirmación -en función da previsión da duración da patoloxía-, a posibilidade de expedir -en baixas de curta duración- a baixa e a alta nun mesmo acto, ou a posibilidade das mutuas de instar as altas de traballadores aínda que sexan patoloxías de enfermidades comúns.

Esta reforma que se presnta baixo a aparencia de mellorar burocráticamente os sistema, en realidade agacha o pensamento de que todo doente é, en realidade, un presunto defraudador. Abrir a posibilidade de que as Mutuas insten a alta dos traballadores obrigará aos médicos a dar a alta o a emitir continuos informes para xustificar a baixa, restando tempo de atención aos doentes.
Por outro lado, o sistema non recolle aínda as táboas referenciais do tempo das táboas segundo patoloxías relacionadas -e isto é importantísimo- co posto de traballo, co cal a duración da baixa prevista convértese en algo máis arbitrario ca científico.

Unha volta de torca máis contra os traballadores, que son considerados bestas de carga cuxa saúde non importa, senón que o importante é o funcionamento dun sistema que pasa a ser de vixiante da saúde a un sistema de garante dos beneficios empresariais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo