27 de febreiro de 2014
Probas libres de ofimática
A Xunta ven de convocar probas libres de avaliación de coñecementos informáticos para o seu persoal. Os interesados teñen un prazo de 10 días naturais para efectuar a matrícula a través da web.
26 de febreiro de 2014
Recoñecementos médicos
Hoxe comeza o prazo de inscrición para os recoñecementos médicos do persoal, dentro da campaña anual de prevención de riscos. A inscrición farase cubrindo o formulario correspondente no prazo dun mes, agás excepcións debidamente xustificadas.
20 de febreiro de 2014
Manifestacións de apoio ás Marchas da Dignidade 22M
A Plataforma Galega pola Marcha da Dignidade, constituída en Galicia, entre outros, polas organización CUT, CGT, SLG, SP, STEG e SE, acordou convocar, en apoio das Marchas da Dignidade que se xuntarán en Madrid o 22 de marzo procedesntes de todo o estado, manifestacións en toda Galicia o próximo 26 de febrero, mércores, ás 20:00 horas.
As citas son as seguintes:
As citas son as seguintes:
- A Coruña. Praza de Portugal.
- Ferrol. Praza de España (Edificio Xunta).
- Compostela. Porta do Camiño.
- Lugo. Ronda da Muralla (Edificio Xunta).
- Ourense. Pavillón de Deportes.
- Vilagarcía. Avda. da Mariña.
- Pontevedra. Praza da Peregrina.
- Vigo. Praza de Fernando o Católico.
14 de febreiro de 2014
Manifesto galego de apoio ás Marchas da Dignidade
O pasado día 11/02/2014, as organización sindicais CGT, CUT, SLG, STEG, S.E. e SF acordaron subscribir o seguinte manifesto e invitan a toda a sociedade galega a que se sume:
MARCHAS DA DIGNIDADE DO 22 DE MARZO
UNIFICAR AS LOITAS PARA A TRANSFORMACIÓN REAL
Ante a convocatoria das Marchas da Dignidade que converxerán en Madrid
o próximo 22 de marzo, as organizacións sindicais, sociais e cidadás de Galicia
asinantes, manifestamos o seguinte:
Apoiamos as Marchas ante o gravísimo deterioro das condicións de vida
do pobo, provocado porque os poderes financeiros e os seus lacaios, os
representantes políticos, están destruíndo as conquistas que tanto suor e mesmo
sangue custaron: empregos minimamente dignos, sanidade, educación, servizos
sociais básicos, prestacións por desemprego, cultura, vivenda, transportes
públicos, etc., están desaparecendo coa escusa dunha crise que é a coartada que
xustifica todo tipo de desmandos.
11 de febreiro de 2014
Non abonda coa parte proporcional da paga extra
Aos empregados públicos da Xunta de Galicia parécelles ben recuperar a parte xa devengada da paga paga extra expropiada no ano 2012 e por iso imos seguir movilizándonos ata conseguilo. Pero iso non é suficiente: queremos a recuperación da paga extraordinaria completa, queremos a recuperación das medias pagas roubadas no 2013, queremos a restitución do Fondo de Acción Social, queremos os nosos días de asuntos particulares e de vacacións e queremos a recuperación do noso poder de compra.
Queremos, en definitiva, unas condicións de traballo dignas para una vida digna. O demáis, a crise-estafa, o desmantelamento do sector público, os recortes en servizos e en prestacións, o endurecemento das pensións, a solidariedade debida co resto dos traballadores, son outros tantos motivos para seguir empurrando contra estes gobernos rapiñeiros e incapaces.
Queremos, en definitiva, unas condicións de traballo dignas para una vida digna. O demáis, a crise-estafa, o desmantelamento do sector público, os recortes en servizos e en prestacións, o endurecemento das pensións, a solidariedade debida co resto dos traballadores, son outros tantos motivos para seguir empurrando contra estes gobernos rapiñeiros e incapaces.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Confederación Xeral do Traballo
