29 de xaneiro de 2010
Unha agresión aos traballadores
Non pode calificarse doutro xeito a pretensión de Zapatero de incrementar a idade de xubilación atas os 67 anos. Ademáis, esta medida vai acompañada da intención de incrementar os anos precisos para xubilarse (na actualidade son 15) e a promoción salvaxe dos seguros privados. Desde a CGT animamos aos traballadores a unha mobilización contundente para enfrentármonos a este plan e reclamamos dos sindicatos maioritarios que se deixen de negociacións e de lerias e que convoquen connosco a Folga Xeral que é cada día máis imprescindible.
27 de xaneiro de 2010
Nomeamentos
No DOG de hoxe saen as ordes polas que se nomean funcionarios do grupo A (enxeñeiros de montes) e do grupo B (técnicos agrícolas), dos porocesos selectivos convocados polas orde do 28 de decembro de 2007. Os interesados teñen un mes para a toma de posesión, que é o mesmo prazo para presentar recurso de reposición; dous meses para ir ao contencioso.
22 de xaneiro de 2010
Manifestación en Vilagarcía
Hoxe, na praza Ravella, de Vilagarcía de Arousa, ás 18:30 horas, comenzará unha manifestación das traballadoras de Alfageme en protesta pola intención da empresa de pechar Alfageme. A CGT de Administración Pública estará alí apoiando ás compañeiras.
21 de xaneiro de 2010
Novos funcionarios de Inspección Urbanística
O DOG de hoxe publica a relación de aprobados no proceso selectivo para o ingreso na escala de Inspección Urbanística da Xunta (grupo A) na quenda de acceso libre. Hai un prazo de 20 días naturais para presentar a documentación e un mes para o recurso de alzada. Noraboa.
20 de xaneiro de 2010
El BBVA tamén se ceba nos funcionarios
Aínda que xa estamos acostumados a que todo o país culpe da crise aos funcionarios -ou que teñan como solución para a devnadita crise a súa reducción salarial- temos que informar dó último informe do Centro de Estudios do BBVA. A xustificación ven dada pola presunta necesidade de diminuír o gasto público. A lóxica é a seguinte: como as pensións e os xuros da débeda seguirán crecendo, hai que baixar o gasto salarial para manter unha determinade porcentaxe do PIB. A estes señores non se lles ocorre, por exemplo, o establecemento dunha taxa sobre os beneficios bancarios para cubrir as diferencias. Por que será?
13 de xaneiro de 2010
As caixas de Aforros tamén saben como sacarnos da crise
Despedindo funcionarios. Isto é o que di (en realidade di "replantear el empleo público") nun informe deses que sacan de cando en vez para xustificar a súa existencia a Fundación de Caixas de Aforro. O que non din son cantos directivos sobran nos seus consellos de dirección.
12 de xaneiro de 2010
Fondo de Acción Social 2009
Publícase hoxe no DOG o acordo e criterios sobre o Fondo de Acción Social da Xunta do ano 2009. Ata o 26 de febreiro de 2010 pódense solicitar as axudas picando aquí.
11 de xaneiro de 2010
Cursos de galego
Publica hoxe o DOG unha resolución convocando cursos de linguaxe administrativa galega, tanto de nivel medio como de nivel superior, para o persoal da Xunta de Galicia. As solicitudes, cuxo prazo de presentación remata o 21 de xaneiro, pódense cubrir picando aquí.
1 de xaneiro de 2010
Actividades dos altos cargos
Xa están dispoñibles na rede as declaracións de actividades dos altos cargos da Xunta nomeados por decreto. Se tedes curiosidade, só hai que picar aquí. É curioso observar cantos deles non teñen máis actividade que a política; pero, non quedaramos que a maioría estarían moito mellor na privada e que están na política para servir o país? En fin...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Confederación Xeral do Traballo
