28 de decembro de 2018
Cambios na Lei de Emprego Público
O DOG de hoxe ven de publicar a Lei de medidas fiscais e administrativas para o ano 2019. Esta lei modifica outras varias, entre elas a lei de emprego público de Galicia. Entre outras modificacións, cabe salientar a eliminación, por fin, dos descontos en caso de enfermidade do empregado público, que pasará a cobrar, desde o primeiro día, o 100 % das retribucións do mes de inicio da incapacidade laboral. Por outro lado, o permiso por parto, adopción o acollemento, pasa a ser de vinte e dúas semanas, aumentando as actuais.
27 de decembro de 2018
Salario Mínimo Interprofesional
Hoxe publica o BOE o Real Decreto sobre o Salario Mínimo Interprofesional do ano 2019. establécese en 900 euros mensuais (14 pagas ao ano) ou 30 euros diarios.
Para os traballadores non afectados directamente polo importe do SMI, o incremento ten a importancia de que as retencións xudiciais están referidas a este SMI, que é inembargable, así que os afectados por estas retencións deberían ver minoradas estas a partir de xaneiro.
A suba do ano 2019
O BOE de hoxe publica a disposición que marca a suba salarial do próximo ano, entre outras cousas. Segundo esta disposición, no ano 2019 as retribucións dos empregados públicos terán un incremento do 2,25 % sobre as de decembro de 2018. Ademáis poderá haber un incremento adicional, a partir de xullo, se o IPC se incrementa segundo a táboa seguinte:
- PIB igual a 2,1: 0,05 %.
- PIB igual a 2,2: 0,10 %.
- PIB igual a 2,3: 0,15 %.
- PIB igual a 2,4: 0,20 %.
- PIB igual a 2,5: 0,25 %.
Con este incremento, é probable que recuperemos parte do poder de compra perdido nos últimos anos, pero é claramente insuficiente. A este ritmo (que probablemente non se dará), tardaremos 20 anos en recuperar o perdido. Hai que ter en conta que, cando os recortes, non tiveron escrúpulos en facelos de golpe e todo xunto, mentras que na recuperación o ritmo é de pasiño a pasiño.
17 de decembro de 2018
A Oferta de Emprego Público da Xunta, unha nova tomadura de pelo de Feijóo
Publícase hoxe no DOG a oferta de emprego público da Xunta correspondente ao ano 2018. Novamente, o aparello propagandístico do goberno de Feijóo volve facer das súas e nos queren vender como extraordinaria unha oferta de emprego casi inexistente e que non suporá máis que un deterioramento aínda máis profundo dos servizos públicos.
Para Feijóo e a prensa amiga, a oferta de emprego consiste na convocatoria de 2.225 prazas públicas, pero non fai falta ser ningunha lumbrera para, lendo polo miúdo o decreto, decatarse que non é máis que unha nova mentira de don Alberto.
Das 2.225 prazas, somentes 502 son de acceso libre, quedando o resto para procesos de estabilización, procesos de consolidación de persoal indefinido non fixo e promoción interna, tanto de persoal funcionario como laboral.
Non imos nós a manifestarnos contrarios á solución dos problemas de colectivos que levan anos nunha situación de indefinición e inestabilidade laboral, pero o que non podemos admitir é que se presenten prazas para estes colectivos como se fosen novas prazas, cando, en realidade, é persoal que xa está prestando servizos na Administración Autonómica.
As 502 prazas que se convocan realmente como novas son ridículas e non cubre a natural diminución vexetativa ocasionada polas xubilacións e falecementos entre o persoal da Xunta. Continuaremos pois, sen recuperar os niveis de emprego de antes da crise-estafa e voltaremos ver milleiros de persoas ilusionadas enchendo academias e pagando taxas sen posibilidades reais de conseguir un emprego público.

28 de novembro de 2018
Fondo de Acción Social 2017
O DOG de hoxe publica unha resolución anunciando a exposición das relacións definitivas de axudas do Fondo de Acción Social do ano 2017 para o persoal da Xunta de Galicia, no programa de atención de persoas con discapacidade.
Aprobáronse 641 solicitudes das 700 presentadas. As persoas disconformes poden presentar recurso de alzada perante o Conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde mañá 29, día seguinte á publicación.
Pódense consultar as listaxes picando aquí.
Seguemos a reivindicar a devolución íntegra do Fondo de Acción Social: axudas por estudos, enfermidade, xubilación, etc. Non imos esquecer que España, e sobre todo Galicia, vai ben. Eso din.

23 de novembro de 2018
Cursos da EGAP para a promoción interna
O DOG ven de publicar unha resolución pola que se convocan cursos online para a preparación das probas selectivas, para a promoción interna, de acceso aos subgrupos A1, A2, C1 e C2. Pódese ver a resolución picando aquí.
Os interesados poden anotarse, a partir de mañá, na zona de matrícula da EGAP.
Por fin a Xunta fai estes cursos, reclamados por todos durante anos. Xa veremos a súa calidade.

13 de setembro de 2018
A minisuba
O DOG de hoxe publica a Orde pola que as retribucións do persoal da Xunta suben, con efectos do día 1 de xullo pasado, un 0,25%. Con esta minisuba, as retribucións son, a partir de xullo, 1,75% máis altas que en decembro do ano pasado.
Esta suba supón unha nova merma na nosa capacidade de compra, se temos en conta que o IPC dos últimos doce meses subiu un 2,2%. Para esta desviación no IPC non hai prevista ningunha revisión salarial. Podemos agradecer aos sindicatos chamados "maioritarios" este novo estacazo ás nosas retribucións, que se fai non só sen mobilizacións nin mostras de rexeitamento por parte dos traballadores, senón que se aplica coa sinatura dos que deberían encabezar a dita protesta.
Supoñemos que a suba e os míseros atrasos se farán na nómina deste mes, dado que non hai ningún motivo para non facelo.

30 de xullo de 2018
No Estado xa cobran o 100% nas IT
O BOE de hoxe publica un Real Decreto mediante o que se establece, para o persoal da Administración Xeral do Estado, o dereito a percibir un complemento por IT ata o 100 % do salario do mes en que se produza a baixa.
Non hai ningún motivo, salvo a cicatería, para que o señor Feijóo siga mantendo os descontos nas IT dos traballadores da Xunta. Reclamamos entón a aplicación desta medida de xeito inmediato.
Ademáis disto, está o Fondo de Acción Social e todo a capacidade de compra dos últimos anos. Se o presidente da Xunta foi rápido para impoñelos, non debe ser agora menos rápido para restituir os dereitos.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Confederación Xeral do Traballo