O DOG de hoxe publica a resolución pola que se expoñen as listaxes definitivas do Fondo de Acción Social do ano 2018, relativa exclusivamente á axuda por discapacidade de persoas dependentes de persoal da Xunta de Galicia.
A listaxe pódese consultar picando aquí, e se pode presentr recurso de alzada no prazo dun mes contado desde mañá.
28 de novembro de 2019
27 de novembro de 2019
O concurso por fin. Non foi sen tempo
O DOG ven de publicar o anuncio polo que se convoca o concurso de traslados para a Administración Xeral da Xunta.
Quen estea interesado pode facer o trámite electrónico a través do portal da Xunta ( https://portax.xunta.es) ou a través de https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/, no caso de que a súa situación sexa distinta á situación 1.
Sorte a tod@s!

2 de setembro de 2019
Axuda discapacidade 2018
Publícase no DOG de hoxe a resolución que publica os criterios de repartición do Fondo de Acción Social de 2018 relativos ás axudas para persoas con discapacidade.
As persoas interesadas poden facer a súa solicitude a partir de mañá picando aquí.
As persoas interesadas poden facer a súa solicitude a partir de mañá picando aquí.
4 de xullo de 2019
En xullo, unha suba do 0,25%
Esta suba, vencellada ao incremento do PIB, reflectirase nos recibos de salarios do mes de xullo e con ela, o goberno de Feijóo pretende que se recuperará o poder de compra do persoal da Xunta dos últimos anos.
Pois ben, esta suba é moi inferior ao que perdemos nos anos da crise-estafa, así que, aínda que a suba é superior ao IPC, a débeda que teñen as administracións co seu persoal segue sendo elevadísima. Só temos que lembrar a redución salarial do 5%, a eliminación das pagas extras de decembro e a morea de anos que non se nos subiron as retribucións.
Benvido sexa o 0,25%, pero non aceptemos a propaganda de Feijóo. E unha última cousa, preperémonos para outra suba da retención do IRPF con carácter retroactivo dese o 1 de xaneiro.

29 de abril de 2019
Manifestacións do Primeiro de Maio
A CGT convoca, como todos os anos, manifestacións este Primeiro de Maio nas distintas localidades galegas. Estes son os horarios e percorridos.
- A Coruña: 12:30, desde a Praza de Pontevedra ao Campo da Leña. Participan CGT, CUT e diversos colectivos sociais tras o lema "FRONTE A EXPLOTACIÓN E O SAQUEO, SOLIDARIEDADE E LOITA".
- Pontevedra: 12:00, desde a Rúa Loureiro Crespo a Praza de España, baixo o lema de "SOLIDARIEDADE E LOITA SOCIAL".
- Vigo: 11:00, desde a Praza de Fernando o Católico ata a Porta do Sol. Participan CGT, CUT, PROSAGAP, SF, SE e STEG. Lema: "SEN LOITA NON HAI DEREITOS. CAMIÑANDO CARA A FOLGA XERAL."
- Ourense: Ás 12:00, manifestación desde a Ponte Romana á Praza do Padre Feijóo. Participan CGT e CNT, coa pancarta "XA É HORA DE LOITAR".
Viva o Primeiro de Maio
9 de abril de 2019
Oferta pública de emprego 2019 (ou non?)
O pasado venres, 5 de abril, a Xunta publicou a oferta de emprego do ano 2019. Coma sempre, as ofertas de emprego teñen un compoñente propagandístico xeneroso, que agora imos comentar.
En primeiro lugar, a taxa de reposición da que se parte é totalmente insuficiente, xa que nin siquera se convocarán a totalidade das prazas que quedaron vacantes durante o ano 2018.
A continuación, preséntanse como prazas para convocar unha manchez de prazas de "estabilización" e "consolidación", prazas que xa están ocupadas, polo que en realidade o único que se fai é vestir un santo espindo outro.
O mesmo podemos dicir coas prazas de promoción interna, prazas, que no mellor dos casos, quedarán vacantes ata próximas convocatorias coa taxa de reposición diminuída.
En definitiva, un novo engano para o pobo, ao que se lle di que se incrementa o persoal, cando é xunsto o contrario: menos xente e maior deterioramento dos servizos públicos.

Etiquetas:
Acceso á función pública,
Acción Sindical,
Consolidación de emprego,
Integracións,
Persoal funcionario,
Postos de traballo,
Promoción interna
3 de abril de 2019
A sentenza da vergoña
A Federación de Traballadores da Administración Pública (FETAP) da CGT, ante a senteza do Tribunal Supremo que denega a indemnización aos interinos no su cesamento, ven de facer público o seguinte comunicado, de interese xeral:
La sentencia de la vergüenzaEl jueves pasado recibimos la noticia de que el Tribunal Supremo sentenciaba que los/as trabajadores/as interinos/as no tienen derecho a indemnización por despido, dando un paso más (aún si cabe) al derrotero neoliberal que los tribunales españoles están adquiriendo cada vez en mayor medida.
7 de marzo de 2019
Non participes nos paripés da Xunta. Folga Xeral feminista o 8M!
A Xunta fai un chamamento para que todo o persoal acuda ás concentracións a favor da igualdade diante dos centros de traballo o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller. "pola igualdade e contra as discriminacións". "365 días pola iguladade", rematan.
A Xunta de Feijóo actúa como se as súas políticas non tivesen nada que ver na desigualdade actual, coa fenda salarial máis alta de España, por exemplo. Saír á rúa a concentrarse cun grupo de paniaguados e para que os medios de cabeceira os enfoquen ben nas fotos non é loitar pola igualdade e contra a discriminación: é unha burla ás desiguais e as discriminadas.
A CGT ten convocada, según acordou e pedíu o movemento feminista, unha Folga Xeral de 24 horas para o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Unha folga de carácter feminista porque o centro das reivindicacións e o protagonismo é das mulleres. Convoca tamén aos homes porque os avances cara a igualdade son beneficiosos tanto para homes como para mulleres e, ademáis, non renunciamos á solidariedade que nos é propia.
Facemos un chamamento para a participación na folga e nas mobilización que eses días se fagan. Chamamos tamén, consecuentemente, a que non se secunden paripés de carácter político contrarios ao verdadeiro espíritu do día.
Para máis información sobre a Folga Xeral Feminista, pica aquí.

5 de febreiro de 2019
As listaxes da promoción interna, por fin
O DOG de hoxe publica as resolucións polas que sen públicas as listaxes definitivas do proceso para o ingreso, por promoción interna, nos subgrupos C2, C1, A2 e A1. Só tedes que seguir esta ligazón. Sorte a todo o mundo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Confederación Xeral do Traballo