30 de novembro de 2010
Nomeamentos persoal laboral
Publica o DOG de hoxe os nomeamentos do persoal laboral que superou o acceso á categoría 042 (oficial de establecemento) do grupo IV de persoal fixo da Xunta. Felicitacións.
29 de novembro de 2010
As listaxes definitivas do Fondo de Acción Social
Hoxe publica o DOG o anuncio da exposición das relacións definitivas do Fondo de Acción Social do ano 2009. A consulta pódese facer picando aquí. Hai un mes de prazo para interpoñer o recurso de alzada correspondente.
26 de novembro de 2010
Sobran 150.000 funcionarios
Isto é o que di Joan Rossell, presidente da patronal catalana Fomento do Traballo e candidato á presidencia da CEOE. No só di iso, senón que propón facer un ERE para desfacerse dos traballadores sobrantes.
Para estes tipos, os traballadores non somos máis que pezas do engranaxe, pezas de quita e pon.
Se tedes a pacencia de aturar a publicidade, podedes ver a este paxaro picando aquí.
Para estes tipos, os traballadores non somos máis que pezas do engranaxe, pezas de quita e pon.
Se tedes a pacencia de aturar a publicidade, podedes ver a este paxaro picando aquí.
25 de novembro de 2010
Acción Social 2009 na nómina
Podemos anunciar que a Acción Social do 2009 a percibiremos coa nómina do próximo decembro. A Xunta decidiu axustarse á legalidade e incluir o Fondo na nómina; haberá, polo tanto, que meter os importes na declaración da renda, posiblemente como declaración complementaria.
Tractoristas
Publica hoxe o DOG o nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta do persoal que superou as probas de tractoristas (categoría 064), convocados pola orde de 21 de febreiro de 2006. Noraboa, sobre todo pola pacencia.
Permisos nas eleccións sindicais
O DOG de hoxe publica a Orde que regula os permisos para compoñentes de mesas, interventores, apoderados e electores nas próximas eleccións sindicais. Só hai que picar aquí.
23 de novembro de 2010
Máis nomeamentos
O 28 de decembro de 2007 convocouse unproceso selectivo para funcionarios do grupo A da escala deenxeñeiros de camiños, canais e portos. O DOG de hoxe publica o seu nomeamento. Noraboa.
18 de novembro de 2010
Nomeamentos do grupo C1
O DOG de hoxe publica a orde pola que se nomean novos funcionarios do subgrupo C1 (corpo administrativo) aos que superaron as probas selectivas convocadas segundo a Orde de 18 de xullo de 2010. Noraboa.
17 de novembro de 2010
Os funcionarios e a produtividade
O goberno, esta vez a través do vicepresidente Chaves, volve a poñer na picota aos empregados públicos. Agora volve sacar como gran invento que se vai vencellar o salario á produtividade ou ao rendemento. Pois ben, isto non é máis que unha cortina de fume para que a xente volva a botar pestes sobre os empregados públicos e nos faga responsables de todos os males do país. E xa está ben.
Hai que recordarlle a Chaves que o sistema de produtividade xa está en marcha en algunhas administracións e o único para o que servíu é para favorecer a amigos e colegas dalgúns xefes e non para retribuir dedicación ou traballo; moito menos para mellorar os servizos públicos. Tamén, nalgún caso, servíu para abrandar algunha conciencia e para crear submisos ao político de turno.
Políticos: déixennos traballar en paz e dennos medios para conseguir uns servizos públicos universais e de calidade.

12 de novembro de 2010
A Xunta non convocará novas prazas ata o ano 2013
Iso foi o que dixo José M.ª Barreiro, director xeral de Función Pública. Para este home, a situación económica non permite facelo e só se convocarán prazas de docentes e sanitarios. Como sempre, a Xunta fai propaganda noxenta co concurso de traslados, vendendo uns simples cambios de destinos como "tomas de posesión" de 1600 prazas en febreiro de 2011.
A esta grave falta de oferta para cubrir as vacantes que se vaian producindo, hai que sumar a falta de nomeamento de persoal interino para cubrir necesidades urxentes e o proceso galopante de privatización de servizos públicos. Isto último no o dixo o director xeral.

10 de novembro de 2010
Festas locais 2011
Publícanse hoxe no DOG o calendario de festas locais para o ano 2011. Premer nesta ligazón.
Por fin, o concurso
No DOG de hoxe publícase a resolución que aproba a relación provisoria do concurso seral de traslados do ano 2010. Hai 10 días para presentar reclamacións. Para obter información, picar aquí.
8 de novembro de 2010
Novos funcionarios
O DOG de hoxe publica a Orde pola que se nomean novos funcionarios aos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado en xullo de 2008 para o grupo A2. Así se fan as cousas, con tranquilidade. Noraboa.
5 de novembro de 2010
Como sempre
A pesar dos reiterados anuncios da Xunta de Galicia de que hoxe se publicaría no DOG a resolución do concurso xeral de traslados, esta publicación non se produciu. Por si lles dera por publicar as listaxes un día destes, o acceso á información estará dipoñible picando aquí (cun pouco de sorte).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Confederación Xeral do Traballo