30 de decembro de 2013

A xeralización e a perpetuación da miseria

Non suficientemente contentos coa miseria que esparexeron durante o ano 2013, o goberno ven de aprobar e publicar no BOE varias medidas dirixidas, novamente, aos máis indefensos, e que supoñen a xeralización -pola amplitude dos colectivos aos que van dirixidas- e a perpetuación -pola súa duración no tempo- da miseria entre as capas populares da poboación.
Así, no BOE de hoxe, día 30 de decembro, o goberno aproba as seguintes medidas:
É só unha mostra da política desmanteladora do goberno. Mentres, a economía, segundo din, remonta.

27 de decembro de 2013

O día adicional, ata o 31 de marzo en Galicia

O director xeral de Función Pública de Galicia ven de asinar unha circular polo que se establece que "... amplíase a posibilidade de desfrutalo ata o 31 de marzo do 2014...", referido ao día adicional de asuntos particulares que, paternalmente, decidiu devolvernos o ínclito ministro Montoro.

Os recortes chegan á MUFACE

O pasado día 23 de decembro, o BOE publicou o concerto coas aseguradoras privadas para a prestación de asistencia sanitaria aos mutualistas de MUFACE. Este concerto subscríbese con Asisa, DKV, Igualatorio e Adeslas, polo que as persoas que actualmente teñan Sanitas deberán cambiarse durante o mes de xaneiro, ao cesar o 1 de febreiro Sanitas. A aqueles que non manifesten opción durante o mes de xaneiro se lles asignará de oficio o INSS. Tamén durante o mes de xaneiro se poderá cambiar de entidade.
Muface estende os recortes que xa se fixeran á sanidade pública e establece o copagamento de medicamentos hospitalarios, de transporte sanitario urxente e de reprodución asistida.
Aínfa faltan outras mutualidades, como a MUGEJU, pero é de esperar que vaian na mesma liña.

26 de decembro de 2013

Xa é oficial o recorte das pensións

O BOE de hoxe publica a norma de revalorización de pensións, ao introducir o chamado "Factor de sostenibilidad" do sistema, polo que as pensións subirán o que queira o goberno e deixa de garantirse o seu poder adquisitivo.
É este un dos ataques máis salvaxes aos dereitos dos traballadores, que verán reducidas as súas pensións dun xeito efectivo e converterán o sistema nun sistema de beneficiencia.

Pagas extras para o persoal da AXE

O BOE de hoxe publica a Lei de presupostos do estado para o ano 2014. Nesta lei figura que o ane que ven as retribucións do persoal da administracións central gozará das dúas pagas extras en xuño e decembro. Mentres, Feijóo segue coa súa teima de ter ao persoal da Xunta recortado nos seus dereitos. Ata cando?

Plan de formación 2014

O DOG de hoxe ven de publicar o Plan de Formación da EGAP para o ano 2014, tanto para o persoal da Xunta, como para a Administración local e a Administración de xustiza. Os interesados poden picar aquí.

O día adicional, ata o 15 de febreiro

O BOE do día 24, martes, publicou unha resolución para a Administración Xeral do Estado na que se indica que o día adicional de asuntos particulares aprobado pola Lei orgánica de control de débeda -que tamén é para o persoal da Xunta- poderase gozar ata o día 15 de febreiro a conta do ano 2013.
Reclamamos da Xunta tamén que se tome unha medida similar á do ano pasado (ata o 31 de marzo), dado o avanzado do calendario actual.

23 de decembro de 2013

O día adicional xa é efectivo

O sábado, 21 de decembro, foi publicada no BOE a Lei orgánica do control da débeda comercial no sector público, e nela, tal como anunciabamos días atrás, na súa disposición adicional cuarta, modifícase o artigo 48 do estatuto do empregado público no sentido de que os días de asuntos particulares pasan a ser 4 ao ano en troques de 3. Esta disposición entrou en vigor o día 22 e é de aplicación tamén ao persoal da Xunta, dado que a Lei de función pública de Galicia dispón que teremos os mesmos días que o persoal da Administración Central.

20 de decembro de 2013

Un moscoso máis

O Parlamento aprobou onte, na súa última sesión do ano -as súas señorías están de vacacións ata febreiro- a Lei de Control da Débeda Comercial. Na lei inclúese a devolución dun dos días de asuntos particulares eliminados polo goberno no ano 2012.
Segundo as informacións, o día poderáse solicitar desde a súa publicación, aínda que haberá que esperar para confirmar que vai a conta do ano 2013 ou do ano 2014.
Especialmente noxentas son algunhas informacións periodísticas que falan de que Rajoy "regala" un día por Nadal, como se non se tratase dunha mínima devolución do roubado anteriormente e un exercicio de paternalismo indecente.

19 de decembro de 2013

Oferta de emprego público 2013

De novo unha oferta miserenta nuns momentos en que o paro e unha verdadeira lacra social. A oferta de emprego público da Xunta de Galicia para o ano 2013 supón a continuación do desmantelamento do sector público, xa que o mantemento da taxa de reposición nun 10% leva consigo unha oferta cativa consistente na ridícula cifra de 48 prazas, que non son suficientes para manter dignamente un servizo públio de calidade. O que se ofertará é o seguinte:
  • Corpo superior da administración da Xunta (A1): 13 prazas + 2 da quenda de discapacitados
  • Corpo de xestión (A2): 9 + 1
  • Escala superior de finanzas: 8
  • Escala de letrados: 6
  • Escala técnica de finanzas: 8
  • Topógrafos (consolidación oferta 2011): 1
Unha nova mostra da nefasta política de recortes.

12 de decembro de 2013

Queremos as nosas pagas

O goberno ven de anunciar, a través do ínclito Antonio Beteta, Secretario de Estado das Administracións Públicas, a súa de decisión de recorrer ao Tribunal Constitucional as decisión de calquera administración que decida devolver aos empregados públicos a parte das paga extraordinaria de decembro de 2012 que fora devengada con anterioridade á publicación da norma que a eliminaba. Pretende así frear as decisións de varios concellos e comunidades autónomas (Extremadura e Castela e León) que acordaron facer o reintegro de ditas pagas aos seus empregados tras sentencias que así o obrigaban.
Só queremos recordarlle a Beteta e ao goberno que os empregados públicos temos reducidos os nosos ingresos desde o ano 2010, que tras a redución decidida por Zapatero, do que tampouco nos esquecemos, levamos varios anos de conxelación e reducións específicas como a decidida por Feijóo en Galicia e que cumprir as sentenzas xudiciais é algo esixible non só aos comúns mortais senón tamén aos gobernos, do que

28 de novembro de 2013

Mentiráns e crueis

O presidente do goberno, Mariano Rajoy, ven de dicir, desafogadamente, no parlamento que este ano non se destruiu emprego en España. Desminte así os datos oficiais do paro proporcionados tanto polo INE, como polo Ministerio de Traballo e como a Seguridade Social que certifican xustamente o contrario.
O ministro do Interior, Jorge Fernández, ven de dicir que lle demostren os danos que poden causar as chamadas "concertinas" nas vallas da fronteira

26 de novembro de 2013

Xa podemos sacar o champán

O ministro Montoro ven de anunciar que, inmediatamente, devolverá un moscoso aos funcionarios, dado que "lles imos dar unha alegría".
Non imos dicir o que nos parece este personaxe, experto en poñer sempre aos empregados públicos na palestra, e que agora volve facelo dun xeito que dá noxo. A el, e aos gobernos, dimímoslles que queremos todos os días de permiso, as nosas pagas extras, as nosas revisións salariais, o nos fondo social e todos os dereitos eliminados por eles. Só así os poderemos tomar en serio.

22 de novembro de 2013

O Estado todopoderoso

En canto os poderosos atopan resistencia aos sue plans, utilizan toda a forza das institucións do Estado para manter os provilexios de caste. E cando a represión policial, as multas, as leis ordinarias non lles parecen abondo, comezan a xustificar a necesidade de utilizar a lexislación extraordinaria para protexer os seus intereses e levar os seus proxectos ata a fin.
Isto é o que está a pasar na actualidade. Nun contexto de contestación xeralizada ás intencións de desmantelamento absoluto dos dereitos laborais e sociais, e como os porrazos, as pelotas de goma, as multas dislatadas, as detencións e condeas disparatadas non son suficientes, o goberno decide o endurecemento da lexislación en dous ámbitos esenciais. Así está sacando adiante a Lei orgánica de seguridade cidadá, que nos converte a todos en posibles destinatarios do poder represivo do Estado, porque quén non participa en concentracións cecáis non legalizadas? Quen non colgou nas redes sociais

20 de novembro de 2013

Festas laborais

O BOE de hoxe publica o calendario de festas laborais, tanto estatais como autonómicas, para o ano 2014. Tamén hoxe, o DOG fai pública as festas locais de Galicia para o ano 2014.

19 de novembro de 2013

A Seguridade Social facilitará, cos seus propios medios, a subscrición de plans privados de pensións

A Sección Sindical Estatal da CGT da Seguridade Social fixo público o seguinte comunicado, que é de interés xeral:
Privatizar es  moderno, solvente, sostenible. Lo público es retrógrado, antiguo, un derroche insufrible dentro de esta sociedad globalizada.

Esta es la idea que repiten como un mantra los jerarcas que han puesto a dirigir -hacia el abismo- los servicios públicos.

La  AISS (Asociación Internacional de la Seguridad Social) celebró un seminario en abril de este año, en un  centro de Formación de la Seguridad Social sito en Pozuelo, al que asistieron 200 personas de distintas nacionalidades, algunas de ellas se alojaron en el Hotel Colón, el importe del evento, que duró tres días, ascendió a 70.408,90 €.

18 de novembro de 2013

Sempre hai onde recortar

Hoxe temos a proba, no DOG, de que sempre é posible amolar aínda máis aos empregados públicos. Publícase unha modificación do regulamento de provisión de postos de traballo, e tráenos un regaliño. A partir de agora, o prazo da toma de posesión cando había cambio de localidade será de sete días, cando era dun mes. Parece que os nosos políticos non quedan tranquilos se non nos tocan as narices continamente. Cal será a próxima?

6 de novembro de 2013

Salvemos as pensións

Dentro da campaña que levan adiante varias organizacións sindicais en defensa do sistema público de pensións, entre elas a CGT, o próximo sábado, día 9, celebraránse varias manifestacións e concentracións en Galicia.
A Coruña: Praza de Portugal. 12:30 horas.
Ourense: Subdelegación do Goberno (Parque de San Lázaro). 11:00 horas.
Compostela: Porta do Camiño. 11:30 horas.

4 de novembro de 2013

Queremos os nosos cartos

O goberno central xa anunciou que os empregados públicos recuperarán, no ano 2014, as pagas extraordinarias que desapareceron este ano; tamén que se recueprará a paga eliminada durante o ano 2015. mentres, a Xunta de Galicia anunciou que os empregados da Xunta deberemos seguir esperando.
Cando o goberno central eliminou estas retribucións, ao goberno de Feijóo faltoulle tempo para facer o mesmo. Cando Mariano se cargou os chamados Moscosos, a Alberto faltoulle tempo para facer o mesmo que o goberno central. Agora as présas xa non son as mesmas: mantén a discriminación dos empregados públicos autonómicos que se verán discriminados con respecto aos do Estado.
A CGT esixe o cumprimento do principio de non discriminación, baseado no lema "a igual traballo, igual salario", e que se lle reintegren aos empregados públicos da Xunta os dereitos cercenados na súa totalidade: retribucións, días de libranza, condicións en caso de incapacidade, etcétera.

30 de outubro de 2013

Puntuacións do concurso xeral

O DOG de hoxe publica a resolución pola que se publican as puntuacións provisionais do concurso de traslados de corpos xerais da Xunta de Galicia. Pódese acceder á información picando aquí e haberá un prazo de dez días (ata o día 9 de novembro) para presentar reclamacións.

25 de outubro de 2013

Contra as retribucións variables

O globo-sonda lanzado estes días pola Conselleira de Sanidade no sentido de que se estaba estudando a implantación dun sistema de retribucións variable volve poñer enrriba da mesa esta intención da Administración Autonómica.
En primeiro lugar, non podemos esquencer que esta opción figura no Estatuto Básico do Empregado Público, que foi avalado por CC.OO., UGT e CSIF, que agoran levan as mans á cabeza como se fora un invento sacado da manga.
En segundo lugar, non é certo que as retribucións variables, aínda que se fixeran ben, premien aos máis traballadores. Todos sabemos que as capacidades de cada ún son distintas e que non teñen nada que ver co esforzo ou a disposición ao traballo; por outro lado, hai sistemas para combatir a neglixencia ou o absentismo laboral, sen discriminar salarialmente.

23 de outubro de 2013

Moscosos

Montoro, o ministro de Economía, prometeu nas Cortes que os empregados públicos recuperarán parte dos moscosos laminados polo goberno e que, ademáis, mellorarán as súas condicións laborais en canto a situación económica o permita.
Temos que dicir que non damos crédito ás declaracións do ministro, dado que non será a primeira vez que os políticos utilizan a mentira para gañar o favor dos incautos.
Tamén temos que dicir que os días de asuntos particulares e as vacacións que o goberno nos robou foron concedidos, no seu momento, a cambio de recortes e conxelacións salariais, polo que os empregados públicos temos todo o dereito a eles ao non ser unha concesión graciable, senón o resultado de negociación colectiva.
Seguimos reivindicando dos gobernos español e galego a devolución dos cartos incautados, a recuperación do poder adquisitivo e a paralisación das amortizacións de postos de traballo, xunto co aumento da taxa de reposición para acabar co deterioro dos servizos públicos. Os empregados públicos temos memoria e non imos esquecer nin as aldraxes nin as agresións.

22 de outubro de 2013

Outra fera anda ceiba

O presidente da Comisión de Economía da CEOE, José Luis Feito, saíu á palestra para defender que a xubilación dos traballadores debería ser aos 70 anos ou aínda máis tarde, porque o sistema español é demasiado xeneroso. Tamén defendeu que se deberían endurecer aínda máis os requisitos para percibir o 100% da pensión e reducir as prestracións por desemprego.
Nun país no que a metade dos parados non cobra prestación e no que hai problemas gravísimos de traballo para os maiores de 50 anos, declaracións deste tipo son unha provocación intolerable. Feito é o mesmo individuo que dixera que os parados deberían aceptar calquera traballo, mesmo en Laponia, afirmacións que retratan perfectamente ao paxaro.

17 de outubro de 2013

Concurso xeral de traslados

O DOG de hoxe publicou a resolución coa relación definitiva de admitidos e excluídos no concurso xeral de traslados da Xunta de Galicia. Os admitidos pódense consultar picando aquí.

8 de outubro de 2013

Xa está ben de propaganda!

O goberno de Feijóo quere aproveitar calquera cousa para utilizala como propaganda das bondades da súa xestión. Así, levan xa un tempo intentando convencer á opinión pública de que, de agora en diante, os empregados da Xunta vivirán moito mellor porque terán os horarios flexibles e poderán traballar nas súas casas.
En canto o do horario flexible, só temos que recordar que é unha reivindicación antiga dos traballadores e que se fai, noutras administracións, case desde hai 20 anos. Somente a cerrazón dos diferentes gobernos sucesivos impediu a implantación dun sistema racional e que non supón ningún deterioro na prestación do servizo público.

29 de setembro de 2013

Novo borrador xornada e horarios

deuse a coñecer o novo borrador do proxecto sobre xornada e horarios da Xunta de Galicia, que presenta algunhas novidades sobre o anterior. Emporiso, consideramos que aínda pode haber melloras razoables: a redución da parte fixa da xornada, o incremento dos marxes de cortesía ou a posibilidade, como fai a Xunta co persoal da Administración de Xustiza, de incrementar os días de libre disposición se se fai xornada de máis, unha vez descontada a marxe de cortesía. Os interesados poden picar aquí.

26 de setembro de 2013

Reunión da Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos

A reunión da Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos celebrouse en Compostela o día 24 de setembro.Estaban presentes: CIG, CC OO, UGT, CSIF, ANPE, OMEGA, CEMS, SAE e un sindicato de Xustiza, ademais da CGT.
Abre a reunión a representante de CIG e informa que, previamente a esta reunión de “todos”, os catro sindicatos con representación na Mesa sectorial da función pública (CIG, CC OO, UGT e CSIF) xa celebraran outra e posto de acordo sobre o que ían propoñer no día de hoxe ao resto das organizacións.
A primeira proposta referiuse á continuidade da propia Plataforma, por máis que, segundo se recoñecía, a última etapa da súa existencia tivese sido máis "lamentable". Por suposto, ningún dos presentes fixo ningunha análise ou comentario respecto a este feito, como tampouco ninguén preguntou que podería terse feito tan mal para rematar a Plataforma do modo que o fixo. De feito, ningunha organización puxo reparo ningún á continuidade da Plataforma, nin ao que deseguida se formulou, por máis que todos eles comentasen a situación xeral de apatía, desmobilización e desafecto dos traballadores.

25 de setembro de 2013

Rajoy, un vacilón

O presidente do goberno, presuntamente Mariano Rajoy, ven de anunciar que, durante os anos 2013 e 2014, os empregados públicos cobrarán as pagas extras completas. Así, para este señor, é unha gran cousa que os traballadores cobren, en cartos reais, no ano 2014, un 20% menos que no ano 2010, e o presenta como un gran trunfo da súa política económica.
Claro que, no medio do trunfalismo, o presunto presidente do goberno esquéncese de que hai algunha parte dos seus gobernados que nin iso: en Galicia, os empregados públicos volverán sufrir, no ano 2014, un recorte medio dun 40% nas pagas extras por decisión do señor Feijóo, que decidiu que era máis listo que o señor Rajoy e que os traballadores públicos galegos teñen máis tragadeiras e menos necesidades que cubrir que os do resto do Estado.

24 de setembro de 2013

Os dependentes tamén pagan

O DOG de hoxe publicou un decreto -de 235 páxinas!- que, pomposamente, di que "define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención das persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo". En definitiva, trátase dun decreto que indica que porcentaxe do custo da prestación terá que pagar o usuario en función das súas rendas. As rendas están relacionadas co IPREM (indicador público de renda de efectos mústiples) e a porcentaxe que pagará o usuario irá entre o 0% e o 90%, en función da comparanza das súas rendas co IPREM.
Nin que dicir ten que, na práctica, non é máis que unha nova navallada aos servizos públicos e que, para a CGT, é responsabilidade de toda a sociedade, e non principalmente dos doentes, o sostemento daqueles que non se poden valer nun determiando momento. Disfrazar estas medidas como progresistas porque se fagan tendo en conta os ingresos non é máis que despoxar aos dependentes duns ingresos imprescindibles para a súa antonomía persoal.

19 de setembro de 2013

Fondo de Acción Social 2012. Listaxes provisionais

A Consellería de Facenda ven de expoñer as listaxes provisionais das axudas do Fondo de Acción Social de 2012, que, como é sabido, refírese unicamente para atención de axudas para persoas capacitadas, ao recortar a Xunta as partidas para o resto de programas. Pódense consultar picando aquí.
Para facer reclamacións hai un prazo de dez días hábiles contados a partir de mañá.

17 de setembro de 2013

Xa está cuantificado o roubo

Por fin apareceu o documento oficial que valora o recorte nas pensións durante os próximos nove anos. A memoria que o goberno enviou ao Consello Económico e Social cuantifica en perto de 33 mil millóns de euros o "aforro" -bonito nome para un roubo- que o Estado terá pola modificación do sistema de cálculo das revalorizacións das pensións. Segundo este novo sistema -que aplica o chamado "factor de sostebilidade"- as pensións non subirán segundo o IPC, senón en función dos ingresos, dos cotizantes, da esperanza de vida, etc., é dicir de factores que son contrarios todos ao incremento das pensións. As pensións, segundo o novo sistema, nunca subirán menos do 0,25% e tampouco nunca máis desa mesma porcentaxe.
A isto hai que engadirlle o retraso da idade ordinaria de xubilación (67 anos) e a modificación no cálculo da pensión inicial, que suporá unha redución adicional das pensións.

13 de setembro de 2013

Feijóo, ese mequetrefe

O anuncio de Feijóo de que seguirá recortando as pagas extras dos empregados públicos da Xunta de Galicia durante ao ano 2014 non debe sorprendernos. Pertence a esa caste de persoas -os políticos- nos que a impostura e a mentira é o seu estado natural. Só uns días despóis de anunciar que non volvería meter as tixeiras nas nóminas dos traballadores, ven dicir -como quen non quere a cousa, por casualidade, de pasada- que o ano 2014 os empregados públicos seguirán perdendo un 40% das pagas extras, de media.
Pero non é só iso: ten a fachenda de dicir que iso é obrigado cumprimento pola conxelación decidida polo goberno de Madrid e, ademáis, que xa era algo sabido cando se aprobou o recorte do ano 2013. ¡Fraudulento, charlatán, embusteiro, enganoso, falaz, falsario, falso, impostor, enleado, patrañeiro, troleiro, boleiro, farsante! As verbas quédanse cortas para definir a este mequetrefe que esta afundindo os servizos públicos en Galicia. Sabe perfectamente que nada legal impide a recuperación das pagas e que co recorte do ano 2013 anunciou o carácter temporal da medida.
Mentres, os empregados públicos miramos para outro lado criticamos aos poucos que ousan protestar. Coa nosa actitude o único que conseguemos é amosarlles a esta patulea que aínda teñen máis marxe para seguir espreméndonos. Só o cambio da nosa actitude poderá modificar a súa. 

12 de setembro de 2013

Conxelados

O goberno conxelará, con case toda segudiade, os salarios dos empregados públicos o ano 2014, segundo a prensa económica. Novamente, o PP atopa o xeito máis doado para intentar reducir o déficit público, aínda que non o conseguira ningún ano por culpa da falla de ingresos, achacable tamén á redución do gasto dos recortados, entre outros.
Tamén se fala da recuperación de moscosos, pero non sería nada raro que simplemente se trate de que, o ano que ven, hai máis moscosos pola sinxela razón de que hai máis festivos que cadran en sábado. Habendo tanto mentirán, non sería raro que quisexen coar estes días como "novos moscosos".
É hora de reflexionar de se esta nova conxelación non terá nada que ver coa actitude branda e submisa da maioría dos empregados públicos cando nos enfrontamos timidamente ás anteriores conxelacións. Son mentiráns, pero non parvos, e consideran que aínda teñen marxe para seguir apretando. Só un cambio da nosa actitude poderá frealos.

5 de setembro de 2013

Novo borrador da orde de horarios

A Xunta presentou un borrador novo da orde de horarios e xornada, que presenta novidades co coñecido anteriormente. Para coñecer o borrador podedes picar aquí.
 As notas máis salientables son: 
  • Establécense dous tipos de xornada: 37,5 horas como semana laboral ordinaria e 40 horas para o persoal que teña especial dedicación.
  • Consta tamén que haberá xornada de verán entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, aínda que sen especificar máis.
 Sobre o horario flexible:

3 de setembro de 2013

Recorte salvaxe ás pensións. Pensionistas de primeira e de segunda

A ministra de emprego, Fátima Báñez, anunciou o comezo das negociacións do novo sistema de pensións. Este novo sistema, baseado no célebre informe dos expertos, establecerá, a maiores das modificacións no cálculo para fixar a pensión inicial, que suporá un recorte na maioría dos casos, un índice de revaloración para as novas pensións baseado en cuestións coma a esperanza de vida, o número de pensionistas ou os ingresos da propia Seguridade Social. Se temos en conta que, nos próximos anos, xubilaráse a xeneración da explosión demográfica dos anos 50 e 60, xa podemos decatarnos do que se nos ven enriba.
O máis perverso do paln gubernamental é a diferenzación entre os pensionistas actuais e os pensionistas do futuro, intentandop asegurarse o apio daqueles que xa agora están xubilados. Este proxecto é unha discriminación intolerable e merece unha resposata contundente: as necesidades dos xubilados non son inferiores por se xubilar antes ou despois dunha data determinada e rebaixar as pensións dos novos é unha canallada só propia de miserables como os que agora están no goberno, só comparable aos palmeiros que, desde os ámbitos económicos e de medios de comunicación empuxan e aplauden as medidas.

21 de agosto de 2013

Xa atoparon como soster o sistema de pensións

Estes días coñeceuse un dos maiores logros do goberno: atoparon o mellor xeito para o sostemento do sistema de pensións. Consiste na baixa da esperanza de vida da poboación que, segundo o Consello Económico e Social, baixou no ano 2012 tanto para homes como mulleres. Os recortes na Sanidade e nos Servizos Sociais está provocando o incremento da desatención e, polo tanto, da mortalidade dos nosos anciáns ante a indiferenza cómplice dos gobernantes.
Só nós podemos cambiar a dirección que levan as cousas. Por solidariedade ou polo que nos vai no invento. Non nos resignemos.

14 de agosto de 2013

Promoción interna no Parlamento

O DOG de hoxe publica tres resolucións polas que se convoca, por promoción interna, a cobertura de prazas do corpo administrativo (1 praza), do corpo de xestión (1 praza) e do corpo de letrados (2 prazas). O prazo para a presentación de instancias é de 20 días naturais contados a partir de mañá (ata o 3 de setembro).

9 de agosto de 2013

Novas agresións á clase traballadora

O Secretariado Permanente da CGT, ante as novas disposicións legáis ditadas polo goberno que supoñen unha nova agresión para os traballadores, fais público o seguinte comunicado:
En pleno verano, con total alevosía, el Gobierno, la Patronal, la Unión Europea, el Fondo Monetario Internacional, en definitiva, quienes ejercen el poder, están orquestando una sinfonía de órdenes, decretos, propuestas, estrategias... que, camuflados entre mucho ruido mediático, suena de forma armónica a muerte y defunción de los derechos laborales y sociales de la clase trabajadora y los colectivos sociales más empobrecidos.

7 de agosto de 2013

Insaciables

O vicepresidente económico da Comisión Europea, Olli Rehn, ven de defender a posición do Fondo Monetario Internacional que pide que os salarios dos traballadores españois baixen un 10% para conseguir rebaixar o paro. O perigoso desta postura é, precisamente, que ven das instancias europeas e xa sabemos que o goberno español é "sensible" ante os titiriteiros comunitarios.
O que non explica nin o FMI nin a Comisión Europea é como é posible que o paro aumentara gravísimamente mentres os salarios baixaban un 20% ou máis, como nestes últimos anos; tampouco explica aquén se lle van vender eses produtos máis competitivos que produciremos, se as familias non teñen recursos e están afogadas, para así baixar o paro; nin moito menos explican se os empresarios poñerán tamén a súa parte para facer a economía española máis "competitiva".

2 de agosto de 2013

Sobre o accidente ferroviario en Compostela


Reproducimos a continuación o comunicado do Sector Ferroviario da CGT, por ser de interese xeral:

Ante la cantidad de informaciones acerca del trágico accidente de tren ocurrido en las inmediaciones de Santiago de Compostela, desde CGT queremos manifestar lo siguiente:
Nos parece del todo indignante el trato que se está dando a todos los niveles al trabajador que conducía el tren del accidente de Santiago de Compostela.

Las declaraciones de los Presidentes de Renfe-Operadora y ADIF sobre los motivos del accidente y culpabilizando desde el principio al trabajador evidencian el escaso conocimiento que tienen del ferrocarril y que únicamente han sido puestos en estas presidencias por su conocimiento de economía, con el fin de ahorrar costes y preparar la difusión de las empresas y su futura privatización, algo que siempre va en detrimento de la seguridad.

1 de agosto de 2013

As vítimas, a Xunta e os recortes

A Xunta de Galicia fixo publicar hoxe, e toda páxina -a dereita, que é máis cara- en toda a prensa -a galega e a non galega- unha nota de agradecemento ao persoal que actuou no accidente ferroviario de Compostela e, de paso, facerlle a pelota á familia real e resto de poderosos que se achegaron a saír na foto da catástrofe.
Á CGT lle parece obsceno e unha burla que, tras os recortes nos salarios e nas pagas extras que sufriu o persoal, a Xunta faga este exercicio público de cinismo e que despilfarre os cartos que incautou aos empregados públicos en salvas e foguetes, nunha campaña de autobombo noxenta.
Desde este sindicato reclamamos a reposición dos dereitos cercenados e a devolución dos cartos roubados. Ese é o único agradecemento que agardamos e non verbas valeiras que supoñen máis unha aldraxe que unha satisfacción.

29 de xullo de 2013

A última Enquisa de Poboación Activa

O Secretariado Permanente da CGT, ante a Enquisa de Poboación Activa do segundo trimestre do ano 2013 e o lanzamento de campás ao aire do goberno, fixo pública a seguinte declaración:
La Encuesta de Población Activa (EPA) del segundo trimestre de 2013 nos ofrece el dato de que se ha reducido el paro en 225.200 personas, con lo que la tasa de paro se ha rebajado en 0,9 puntos, pasando al 26,26% de la población activa y quedando la cifra en 5.977.500 personas paradas.

Este dato sobre la reducción del paro, no significa que la ocupación se haya incrementado en esta cifra. La ocupación en este segundo trimestre, se ha comportado de manera muy similar al segundo trimestre de 2011, habiendo sido el incremento de sólo 149.000 personas, aumentando la tasa de ocupación entre el primer trimestre y el segundo del 2013 un 0,90%, encontrándonos con 16.783.800 personas ocupadas.

24 de xullo de 2013

Protocolo contra as agresións aos empregados públicos

Ante a noticia de que o goberno está preparando un protocolo contra o alarmante incremento das agresións aos empregados públicos, a CGT da Xunta considera que hai que facer a reflexión de que o goberno, en vez de facer tantos estudios e marear a perdiz, debe tomar medidas favorecedoras das relacións entre o empregao público e o cidadán. Estas medidas sinxelas eliminarán o 95% das agresións e son as seguintes:
  • Dotar aos servizos de atención con persoal suficiente que reduza os tempos de espera interminables que hai en moitas dependencias públicas, evitando a desesperación das persoas que agardan pola súa quenda
  • Abandono, por parte do goberno, da criminalización dos empregados públicos, aos que se lles fai responsables da crise e aos que se presenta como inimigos do resto dos cidadáns

Procesos selectivos

No DOG de hoxe publícanse varios procesos selectivos:
  • Xestión da Administración da Xunta (A2), escala técnica de finanzas
  • Corpo Superior da Administración da Xunta (A1), escala superior de finanzas
  • Corpo Superior da Xunta (A1), escala superior de estatísticos
  • Corpo Superior da Xunta (A1), escala superior de estatísticos (proceso de consolidación)
  • Corpo Facultativo do Grado Medio (A2), escala de enxeñeiros técnicos agrícolas (proceso de consolidación)
  • Corpo de Axudantes Facultativos da Xunta (C1), escala de deliniantes
  • Escala de Axentes Medioambientais da Xunta (C1) (proceso de integración)

17 de xullo de 2013

Probas do Plan Ofimático da Xunta

O DOG de hoxe publica a resolución pola que se convoca a terceira edición das probas de avaliación de carácter libre das actividades do Plan formativo ofimático para o persoal da Xunta.
A matrícula farase na páxina web da Xunta e o prazo de presentación de solicitudes remata o día 27 de xullo ás 14 horas.

11 de xullo de 2013

Sobre a reforma da Administración Local

A CGT ven de facer público o seguinte comunicado referido á Administración Local, pero de interese xeral:

SOBRE LA REFORMA DE LA ADMINISTRACIÓN LOCAL
El próximo día 19 de julio de 2013, este gobierno inmoral del PP tiene previsto aprobar la reforma de la administración local. Esta reforma va a suponer la destrucción de uno de los pocos reductos en los que los ciudadanos/as aún podían contar con unos servicios públicos que les dieran cobertura en estos duros años, toda vez que el Partido Popular ya ha arrasado con otros servicios fundamentales, como los sanitarios o la enseñanza pública, por ejemplo.
Analicemos con un poco más de detenimiento los contenidos de esta reforma para poder calibrar los efectos tan negativos que va a tener sobre la población y sobre las plantillas de trabajadores/as municipales.

8 de xullo de 2013

Hoxe decaen 1.300 convenios

A partir de hoxe terá efectos unha das medidas máis salvaxes da reforma laboral: deixan de ter efectos os convenios que leven máis dun ano sen renovar. Esta situación afecta a casi dous millóns de traballadores e implica que pasarán a depender dun convenio de ámbito superior e, se non existe, que pasarán a depender do básico indicado no Estatuto dos Traballadores. Destes convenios que deixan de ter eficacia, casi 400 son convenios no ámbito das administracións públicas e podería supoñer que moitos traballadores pasen a percibir o Salario Mínimo Interporfesional, é dicir 645,30 euros mensuais.
Para a CGT, os dereitos adquiridos son intocables, con o sen convenio, e polo tanto, cuestións básicas como o salario ou a xornada débense respectar aínda que non se teña asinado o novo convenio.

5 de xullo de 2013

Discriminación nos horarios

A Xunta de Galicia, a través da Dirección xeral de Xustiza, ven de asinar un acordo cos sindicatos representativos da Administración de Xustiza referido a xornada e horarios que ten unhas novidades de interese para o resto do persoal ao servizo da Administración Autonómica.
Estas novidades podémolas resumir así:
  • A semana laboral é de 37,5 horas. Os funcionarios dos xulgados ficharán a través do sistema Kronos (coma o resto), pero o seu marxe de cortesía será de 30 minutos diarios (o do resto é de 10 minutos. Isto converte a xornada laboral en 7 horas en vez de 7,5 horas diarias.
  • Os funcionarios de Xustiza poderán acumular o exceso das 7 horas diarias -non sobre as 7,5 horas- para conseguir ata 3 días anuais de ausencia sen xustificación. Isto supón que acadarán 6 días de asuntos particulares en vez dos 3 do resto de persoal.

28 de xuño de 2013

Probas selectivas

O DOG de hoxe publica varias convocatorias de probas selectivas de distintos corpos e escalas da Xunta de Galicia, todas elas con reserva para a promoción interna: arquitectos, enxeñeiros industrais, biólogos, inspección urbanística (A1), enxeñeiros técnicos industrais, axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (A2) e subinspección de consumo (C1).

25 de xuño de 2013

Cando se quere, pódese. Paros indefinidos en Tráfico de Barcelona e Sabadell

Os traballadores da Dirección Xeral de Tráfico de Barcelona e Sabadell decidiron, a partir de hoxe, facer paros de duas horas entre as 13:00 e as 15:00, con carácter indefinido. Esta decisión produciuse tras un proceso asambleario e é apoiada polas Seccións Sindicais provinciais de CGT, CCOO e UGT. A Sección Sindical da CGT explica as súas demandas no seguinte comunicado:

Desde CGT-CAT nos hubiera gustado que la movilización tuviera un carácter estatal. Desgraciadamente ha sido imposible por la negativa de las direcciones estatales de los tres sindicatos presentes en la mesa delegada (CCOO, UGT y CSIF) a fraguar un frente sindical que haga frente de manera contundente a la política de imposición de la DGT. De nada han servido los requerimientos que les hemos echo desde CGT-CAT o las más de 600 firmas de trabajadores de la DGT pidiendo unidad para luchar. Estos sindicatos, a pesar del histórico retroceso en nuestras condiciones de trabajo, aún consideran que no ha llegado la hora de movilizarse.

21 de xuño de 2013

Horario de verán

A Dirección Xeral da Función Pública comunicou que, entre o 25 de xuño e o 13 de setembro, establécese unha xornada intensiva de seis horas continuadas, que se poden completar flexiblemente entre as 8:00 e as 15:00 horas. Os servizos deben quedar garantidos.

Para ver as intrucións completas, picar aquí.

Perigo: nova reforma administrativa

Cada vez que un goberno se plantexa unha nova reforma administrativa, os empregados públicos corremos perigo, ben sexa nos nosos dereitos ou, incluso, nos propios postos de traballo.
Non contentos cos sucesivos recortes (baixa de soldos, eliminación de dias de libranza, pagas extras, recortes nas IITT, despedimentos colectivos nos laborais, amortización de prazas, oferta pública de emprego inexistente salvo para policías e similares), o goberno ten preparadas unha batería de 217 medidas para "alixeirar" a administración. Entre outras, aí van algunhas:

20 de xuño de 2013

Concurso xeral de traslados. Admitidos e excluídos

O DOG de hoxe publica a resolución cos excluídos do concurso de traslados da Administración xeral da Xunta. Os admitidos figuran na páxina web da Xunta e hai dez días hábiles para que os excluídos poidan reclamar, contados desde o seguinte á publicación.

19 de xuño de 2013

12 expertos miserables por, polo menos, 12 mentiras

O Secretariado Permanente da CGT ven de facer público o seguinte comunicado

Para la CGT, estos expertos no actúan científicamente sino que mienten a la población en beneficio de las grandes empresas, que son quienes les pagan, para eliminar el derecho a una pensión pública e incentivar los planes privados de pensiones.
Hoy, tras su presentación a la opinión pública, el informe elaborado por 12 expertos sobre el Sistema Público de Pensiones se le presenta al grupo de trabajo del “Pacto de Toledo” y posteriormente será debatido en el Parlamento. El objetivo esencial del Informe de los 12 Expertos es adoctrinar a la población sobre la necesidad de reformar el sistema público de pensiones, por insostenible, y que la pensión pública deje de ser un derecho, reduciendo su cuantía y el número de personas que podrán acceder a la misma. Para la CGT, estamos un informe de 12 expertos miserables por, al menos, 12 mentiras conscientes:

13 de xuño de 2013

O informe dos sabios, deseñado desde o goberno

O informe dos "expertos" que fixeron o informe sobre a reforma das pensións é un absoluto fraude. A única intención do goberno é a de conseguir unha rebaixa das pensións, utilizando como escusa o incremento da esperanza de vida. Para ponderala, incluise no sistema de cálculo un chamado "factor de sostebilidade" que, lóxicamente, debería cinguirse a valorar a incidencia que a situación demográfica podería producir nas pensións futuras (todo iso sen entrar a valorar pola nosa parte a inxustiza da medida). Pois ben: os chamados "sabios" ou "expertos", dóciles mandados do goberno, incluiron non só a esperanza de vida, senón que o "factor de sostebilidade" inclúe tamén conceptos como a situación económica e as posibilidades presupostarias, e eliminan como factor de revisión o IPC, que era o que se viña facendo na lexislación actual.

7 de xuño de 2013

A CGT ante o acordo sobre a ultra-actividade dos Convenios Colectivos

Reproducimos un comunicado do Secretariado Permanente da CGT:
Un brindis al sol, un viaje a ninguna parte, para desmovilizar 
El Acuerdo sobre Ultraactividad de los Convenios Colectivos del 23 de Mayo 2013, suscrito por CEOE, CEPYME, CC.OO y UGT, a través de la Comisión de Seguimiento del II Acuerdo para el Empleo y la Negociación Colectiva 2012, 2013 y 2014 (II AENC) es un viaje a ninguna parte, que sólo pretende desmovilizar a las y los trabajadores.

Para la CGT es falso que el acuerdo sobre ultraactividad mejore la reforma laboral 
La ley 3/2012 de Reforma Laboral aprobada por el gobierno, en lo relativo a la Negociación Colectiva está afectando a tres ámbitos fundamentales:

5 de xuño de 2013

O borrador da xornada e do teletraballo

O borrador da Orde que regula a xornada laboral e o teletraballo contén algunhas novidades sobre o proxecto inicial, das que salientamos as seguintes:
  • O teletraballo será compatible co horario flexible.
  • Os horarios distintos do xeral e o flexible constarán nas RRPPTT cos complementos correspondentes.
  • A pausa dentro da xornada laboral será de 30 minutos.
  • Garántense, no teletraballo, as condicións en materia de prevención de riscos, de seguridade social, de protección e de confidencialidade de datos.
  • O empregado con teletraballo, ademáis do equipo con acceso á rede lector de tarxeta e móbil, será responsable do mantemento e reparación dos equipos, así como das incidencias.

O desprezo da Xunta aos doentes

O DOG do luns pasado publicou a Orde que regula a prestación das próteses en Galicia. Segundo esta, os enfermos que necesiten próteses deberán pagalos ao 100% por adiantado antes de que a Xunta, tras un proceso complexo de reclamación do reintegro, devolva a parte que ten que pagar o Sergas.
O sistema cambia radiclamente: ata o de agora, o paciente paga a súa parte no comercio, o comercio cárgalle a factura á Xunta e o doente desenténdese de todo. A partir do 15 de xuño, o enfermo ten que pagar a totalidade e despóis reclamarlle á Xunta, presentado non só a factura, senón tamén a receita médica e a ficha técnica da prótese.
A Xunta di que pagarán nun prazo de cinco meses, pero non hai ningunha garantía de que isto vaia ser así.

31 de maio de 2013

Linde, sen vergoña

Se os fillos de puta voaran, algún xa ten méritos dabondo para ser xefe de escuadrilla

Luis Linde, gobernador do Banco de España, aliñouse desde sempre cos sectores máis insaciables da patronal, con aqueles que teñen na perda de dereitos e condicións de vida do pobo, dos traballadores, como a súa máxima filosofía de vida.
A penúltima é as medidas que propón para a reactivación económica e -como non!- as solucións son as do econonomista de pouco proveito dos seus estudios ou a do tendeiro que calquera tropezón o amaña subindo os prezos. As propostas deste enimigo do pobo son as seguintes:
  • Adiantar a aplicación da reforma das pensións, retrasando a idade de xubilación. Xa vemos que é unha idea creativa e acorde coa súa capacidade profesional, que non coa súa responsabilidade institucional.

30 de maio de 2013

Cursos da EGAP

A EGAP publicou hoxe unha resolución pola que se convocan cursos para o persoal da Xunta, cursos que se celebrarán no último trimestre do ano.
O prazo de presentación de solicitudes comeza mañá, 31 de maio, e rematará o día 18 de xuño, e faranse na zona de matrícula da web da EGAP.

29 de maio de 2013

A concertación social só busca a desmobilización

O Secretariado permanente do Comité Confederal da CGT fixo público o comunicado que reporducimos a continuación:

La concertación social solo busca la desmovilización

En plena crisis, catalogada por todo el mundo como de emergencia social, estamos asistiendo a una nueva puesta en escena, una nueva representación teatral, que lleva por título el “gran pacto social”, que tiene como actores al gobierno, a la patronal y al sindicalismo institucional, que tiene como dramaturgia el pasteleo cómplice entre los actores, la paz social, la venta de los derechos y libertades y a la que asistimos como espectadores la clase trabajadora, la mayoría de la sociedad en su conjunto.

28 de maio de 2013

En defensa das pensións públicas, suficientes e dignas

O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT fixo público o seguinte comunicado:

Para la CGT, el informe de los “expertos” sobre la insostenibilidad del sistema público de pensiones es otra estafa más que pretende la privatización.

El Capítulo de Gasto Social de los Presupuestos Generales del Estado (PGE), ascendió en el año 2012 a 175.382 millones de euros, Gasto Social que se empleó para PENSIONES (115.825 millones), DESEMPLEO (28.503 millones), SANIDAD (3.974 millones) y EDUCACIÓN (2.220 millones).

Por otra parte, el Estado ha pagado, de intereses a los banqueros y tenedores de la deuda, durante el 2012, un total de 28.848 millones de euros, es decir, ha pagado de los bolsillos de la mayoría social, 345 millones de euros más que a las personas desempleadas y eso que el desempleo aumentó en el 2012 en 805.000 personas.

27 de maio de 2013

Ataque gravísivo aos parados veteranos

O Servizo Público de Emprego Estatal ordeou que o subsidio que viñan percibindo os desempregados de máis de 55 anos se deixe de pagar desde o día de hoxe a todos aqueles que chegaran aos 61 anos. O resto dos parados deixarán de percibilo conforme vaian chegando a esta idade.
A idea que teñen é que, como é posible a xubilación, en certas circunstancias (por exemplo, 33 anos de cotización) aos 61 anos, hai que forzar a que a xente se xubile para deixar de pagarlle o subsidio. Desta actitude miserenta do goberno, despréndense dúas consecuencias gravísimas para aqueles que estean nesta situción:

24 de maio de 2013

A Lei do Emprego Público, unha nova Lei do Embude



O Anteproxecto de Lei sobre o Emprego Público de Galicia que o goberno de Feijóo presentou recentemente é un novo ataque aos dereitos dos traballadores. Supón a implantación definitiva da arbitrariedade, a politización extrema da función pública, a consagración do amiguismo e a consideración dos empregados públicos como servos da gleba.
Temos que recordar que este anteproxecto é a constatación en Galicia do que supuxo aquel bodrio chamado Estatuto Básico do Empregado Público, cuxas previsibles consecuencias xa denunciamos no seu momento, parido polo goberno do PSOE e avalado por CC.OO., UGT y CSIF no seu momento. Agora o PP dálle ao acelerador, pero sobre unha lexislación aprobada por outros. Os asinantes daquel acordo, aínda que critiquen este anteproxecto, seguen defendéndoo e din que o único problema é que se pode aplicar, sempre que haxa obxectividade no sistema. O que non explican é como vai haber obxectividade nun sistema que ten como característica fundamental a arbitrariedade.
Os aspectos máis salientables da Lei do Emprego Público son:

21 de maio de 2013

Recorte aos empregados municipais. O resto, xa veremos

Entre as medidas de recorte que se enviaron a Bruselas está a intención do goberno de establecer topes aos complementos específicos dos empregados dos concellos, atendendo a "criterios de eficiencia". Se non se cumplen estes criterios, a xestión dos servizos pasará ás deputacións ou, incluso, ás autonomías.
Temos que ter en conta que este chamado axuste non ten nada que ver co establecemento de criterios de non discriminación ou de xustiza, senón que é unha simple medida que suporá o aforro de 870 millóns de euros. Tamén implica que, unha vez confirmado o éxito da medida, non se vaia tomar unha semellante co resto dos empregados públicos, incluidos os autonómicos.

16 de maio de 2013

De contratos únicos, de mini-jobs e doutras explotacións

A Comisión Europea, punta de lanza do capitalismo máis voraz, levan un tempo intentando facer valer a súa proposta do "contrato único" como alternativa ao "complexo sistema contractual laboral español" (así o chaman). Incluso hai moita prensa que, como avezados palmeiros do seu amo, cantan as excelencias deste sistema que "xa funciona noutros países de Europa". Refírense a Suecia, por exemplo, entre outros países no que este contrato é o xeralizado.
O que non nos din é en que consiste esta "atrevida" proposta, segundo palabras do portavoz da organización de explotadores CEOE, Rossell. Pois ben, o contrato único consiste en que o empresario pode despedir, sen ningunha causa nin motivo a quen queira cando queira, iso si, cunha pequena indemnización. E que consecuencias ten o despido sen causa? Pos que non se pode acudir aos tribunais para reclamar precisamente iso, que a causa é falsa ou inxusta. Por certo, isto funciona en Suecia porque, entre outras cousas o paro é indefinido, polo que o medo ao perder o traballo é moi baixo.

10 de maio de 2013

Comunicado da Federación do Ensino

A Federación do Ensino da CGT, tras o paro de 24 horas, fixo público o comunicado que reproducimos a continuación:
La Federación de Enseñanza de CGT valora muy positivamente la confluencia del esfuerzo desarrollado por docentes, no docentes, familias y alumnado que ha permitido asegurar que la enseñanza en España se ha parado.
Cientos de miles de alumnas y alumnos en enseñanza no universitaria y más de un 90% en las universidades han plantado cara a la sinrazón de una Ley (LOMCE) que no aporta nada positivo al trágico panorama de una juventud sin futuro.

9 de maio de 2013

O incerto futuro das pensións

O chamado "Comité de Sabios" encargado de facer un estudo de como se van baixar as pensións -disto e non doutra cousa se trata cando se fala da "sostenibilidade do sistema"- teñen os traballos bastante adiantados. A idea é que, no mes de xuño, se teña establecido para presentar no Pacto de Toledo o chamado "factor de sostibilidade", a partir do cal non só se fixaría a contía inicial das pensións, senón tamén a súa revalorización.
Este "Comité de Sabios", entre as alternativas que barallan, está estudando o establecemento da contía inicial non só como consecuencia das cotizacións ou da idade de xubilación, senón tamén da esperanza de vida. Non temos que recordar que a esperanza de vida non é un criterio científico senón un índice facilmente manipulablo polo goberno de turno, moito máis se del depende algo tam importante como a fixación das pensións. Por outra banda, cando inevitablemente volva baixar a esperanza de vida pola consecuencia dos recortes e da propia miseria das pensións, volverán a incrementarse as contías destas? Rizando o rizo, converterase a diminución da esperanza de vida nun obxectivo social non declarado?

29 de abril de 2013

O PP consegue 6.202.700 parados grazas ás súas reformas

Reproducimos o comunicado do Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT:

La tasa de paro se incrementa 1,14 puntos, hasta el 27,16% y afecta prácticamente a todas las comunidades autónomas.

En el día de ayer han salido las demoledoras cifras de desempleo existentes en el estado español arrojando 1 millón más de personas al paro desde el comienzo del gobierno del PP y alcanzando ya los 6.202.700, cifra histórica, demoledora y dramática.

Existen casi 2 millones de familias en las que ninguno de sus miembros trabaja, hay 3 millones y medio de parados de larga duración, la tasa de desempleo entre las y los jóvenes alcanza el 57,22% y se realiza 1 desahucio cada 15 minutos.

25 de abril de 2013

Manifestacións do Primeiro de Maio

A CGT convoca, en Galicia, manifestacións en diversas localidades. Á espera de varias confirmacións, a relación das mobilizacións é a seguinte:
  • A Coruña: Saída da Praza de Pontevedra, ás 12:30 horas. Conxuntamente coa CUT
  • Pontevedra: Saída da Praza da Ferrería, ás 13:00 horas.
  • Ourense: Saída de Rei Soto, ás 11:30. Conxuntamente co Bloque Crítico de Ourense.
  • Vigo: Fernando o Católico,ás 11:00. Conxuntamente coa CUT, STEGA e o SF.
A CGT anima a todas as traballadoras e traballadores a que este día, tan sinalado para a clase obreira, saian á rúa a facer fronte a aqueles que os están levando á miseria e á desesperación, roubándonos os dereitos que tanto custou conseguir.

Viva a clase obreira!
Viva o Primeiro de Maio!

Unha nova reforma das pensións, antes de aplicar a actual

O goberno, sempre fiel incumplidor do seu programa electoral, está estudando unha nova reforma sobre o sistema de pensións coa finalidade de que reducilas, aínda que sexa co eufemismo de "sostelas".
As medidas que se barallan son as seguintes:
  • Adiantar cinco anos a entrada en vigor da xubilación aos 67 anos, sen descartar aumentar esta idade.
  • Eliminar a posibilidade que existe actualmente de xubilarse aos 65 anos con 38,5 anos de cotizacións.
  • Incrementar a 40 anos de cotizacións os necesarios para cobrar a pensión completa.
  • Desvencellar a revisión das pensións do IPC, creando o chamado "Factor de sostebilidade".
A necesidade dunha gran mobilización que vaia máis alá dun paro seral de 24 horas é imprescindible. O noso futuro depende de nós e non podemos consentir que unha manda de lacaios do capitalismo da troika nos rouben os dereitos que tanto custou conseguir a xeracións de traballadores.

23 de abril de 2013

A proposta da Xunta sobre o horario e xornada laboral

A proposta da Xunta establece varias modalidades de horario:
  • Horario xeral: de luns a venres, de 7,45 a 15,15 horas. Os retrasos na entrada de ata 30 minutos poderanse compensar diariamente.
  • Horario flexible por razóns de conciliación: poderano solicitar os que teñan fillos menores de doce anos ou familiares convivintes que, por enfermidade ou idade avanzada, necesiten a asistencia doutras persoas, así como os que estean en proceso de separación ou divorcio, ata trascorridos tres meses desde a solicitude ou demanda. Entre as 7:00 e as 18:30 fixarase o horario de referencia, procurando establecer unha franxa horaria de presenza, salvo que as circunstancias persoais e familiares non o permitan. Dentro deste horario cumpliranse as horas de traballo, en cómputo mensual.

22 de abril de 2013

Outra vez no pim-pam-pum: o control horario

As novas publicadas recentemente sobre o control horario do persoal da Xunta de Galicia non é maís que un novo ataque contra os traballadores. En vez de facer unha impantación normal e sen espaventos, a Xunta adícase a espallar basoira e ameazas sobre o persoal, dando a imaxe de que a xente incumpre habitualmente o horario e que o novo sistema vai solucionar o problema coa ameaza de que se descontará o tempo de incumprimento.
A CGT xa manifestou a súa posición en diversas ocasións: non está en contra do control horario mentres o sistema sexa racional, recolla as incidencias que poida haber dunha maneira sinxela, non haxa discriminacións e se estableza o horario flexible como norma xeral, que permita o cumprimento horario de todo o persoal. Doutro xeito, o sistema de control non será máis que unha nova medida populista de cara a galería. De feito, xa o está sendo.

19 de abril de 2013

Teletraballo e horario

É intención da Xunta a implantación do teletraballo e dun novo réxime de xornada laboral para o persoal da Administración Autonómica, no momento de que se está xeralizando o sistema do control horario ao través do Kronos.
Se non hai retrasos, a partir de finais de maio ou principio de xuño, implantarase a posibilidade da xornada flexible, que suporá que parte do horario poderase efectuar mediante a modalidade de compensación horaria ata acadar a semana laboral de 37 horas e media (40 horas no caso do persoal con especial dedicación).

15 de abril de 2013

O texto do borrador da Lei de Emprego Público

Xa está dispoñible o borrador da Lei de Emprego Público de Galicia, que virá a substituir a actual Lei da Función Pública de Galicia. Como estes non dan puntada sen fío, non nos fiamos deles en absoluto. Xa iremos desgranando o contido da nova lei, consonte vaia avanzando a súa tramitación.

12 de abril de 2013

Peligro! Nova lei de función pública

O goberno galego ven de anunciar a presentación dun anteproxecto dunha nova lei galega de función pública. Segundo o goberno, o que se pretende é unha reasignación de efectivos en función das necesidadesde cada área, pero "sen despidos". Entre nós, isto quere dicir que non se respectará o dereito á permanencia no posto de traballo.
A nova lei incluirá á Xunta, entidades locais, universidades e outros organismos públicos e, polo de agora, somentes coñecemos a habitual propaganda que de cada paso que dan fan os políticos.
Desde o Estatuto Básico do Empregado Público, a normativa non fixo máis que empeorar: a chamada carreira horizontal non é máis que unha burla, o réxime disciplinario é propio de calquera réxime dictatorial e as modificacións que Feijóo e o seu grupo fixo na lei galega foi para eliminar as trabas que tiñan para facer libres designacións. E agora preténdennos facer cre que a nova norma será marabillosa para nós!

11 de abril de 2013

A Comisión Europea, cos poderosos

A Comisión Europea volve á carga e di que as medidas de Rajoy son insuficientes. Entre outras cousas, afirma que se debe profundizar nas reformas de xeito que se garanta "un proceso de negociación salarial que garantice un mejor alineamiento de los salarios con las condiciones económicas"; dito de forma máis crara, que lles parece que as reducións salariais aínda son pequenas.
Tamén a Comisión di que "la credibilidad del ajuste fiscal se vería reforzada basando la consolidación en medidas estructurales, también para garantizar la sostenibilidad del sistema de Seguridad Social"; traducido ao noso idioma, isto ven querendo dicir que aínda hai que facer máis recortes en Saúde e en Pensións.
En definitiva, o 26 de abril espérannos novas medidas destes axentes locais do capitalismo máis cobizoso. E alí estaremos para oponernos.

9 de abril de 2013

Fondo de acción social 2012

O DOG de hoxe publica a resolución da Xunta pola que se abre o plazo para solicitar o Fondo de Acción Social do ano 2012, que, como xa sabemos, somentes recolle a axuda para persoas discapacitadas.
Os interesados poden cubrir a solicitude electrónica no prazo de 15 días contados a partir de hoxe.

3 de abril de 2013

Lembrando unha mentira máis

Todos recordamos aquel momento no que Feijóo anunciou que o ano 2013 os empregados públicos íamos cobrar as pagas extras incompletas e que non íamos percibir o complemento específico nelas. Todos recordamos tamén aquela frase de que non nos podiamos queixar porque íamos cobrar máis que no ano 2012.

2 de abril de 2013

Devolución cotas mutualidades decembro 2012

A Xunta de Galicia devolverá na nómina do mes de abril, aos funcionarios que estean no réxime de mutualidades (MUGEJU e MUFACE), as cotas que se tiveran realizado no mes de decembro do ano pasado correspondentes á paga extra.
Recoñecemos a xustiza desta medida, pero aínda reclamamos o inxusto olvido do persoal que está no réxime xeral da Seguridade Social (funcionarios e laborais), que veñen cotizando desde xuño de 2010 por unhas bases superiores ás que lles corresponden. Reclamamos que esta cotización extra sexa voluntaria, e non obrigada como ata agora.

27 de marzo de 2013

Para que serve o Banco de España?

O último boletín do Banco de España reflicte exactamente para que serve este organismo nun momento en que as decisións económicas importantes se toman fóra das fronteiras españolas: non é máis que un instrumento dos poderosos para imprimirlle autoridade ás medidas máis antiobreiras e antisociais do goberno de turno.
Neste último número, o Banco de España, ven a dicir que os soldos dos traballadores deberían baixar máis e que as empresas deben facer "un mejor aprovechamiento de las posibilidades que ofrece la nueva legislación laboral para adaptar los salarios al tono de extrema debilidad del mercado de trabajo" e que esta baixada suporá un empurrón ao crecemento do emprego.

Borrador da declaración da renda

A Consellería de Facenda facilita, a través da páxina do empregado público, o borrador ou os datos fiscais dispoñibles dos empregados públicos da Comunidae Autónoma de Galicia.
Os interesados poden tamén consultar a guía rápida para a información que precisen.

25 de marzo de 2013

Pensións: o desmantelamento dun ben colectivo

O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:
El pasado viernes el Consejo de Ministros ha sometido a la clase trabajadora a una nueva agresión que completa los planes de la reforma de las pensiones del 2011, con un endurecimiento del acceso a este derecho y una bajada generalizada de las cuantías a percibir.

20 de marzo de 2013

Licenzas e permisos

No DOG de hoxe publicáronse as normas sobre as vacacións, licenzas e permisos do persoal da Xunta de Galicia, tal como se informou anteriormente. Podes descargar o DOG picando aquí.

19 de marzo de 2013

Os costes salariais, segundo o INE

O INE ven de facer pública unha nota de prensa na que fai públicos os datos comparativos interanuais dos costes salariais en España. Se observamos, por exempo, o cadro que hai na páxina 3, veremos que os sectores nos que os costes salariais cáeron en picado son a Administración Pública (14,4%) e Sanidade (9,3%); tamén podemos ver, na páxina 4, que Galicia foi a terceira comunidade na que máis caeron os soldos de xeito global (6,6%), tras Andalucía e Extremadura. Dobre pau, polo tanto.
En definitiva, unha nota de prensa interesante, aínda que xa sabiamos que os empregados públicos estamos pagando duramente unha crise da que non temos ningúnha culpa.

18 de marzo de 2013

IRPF

Xa estamos recibindo os empregados públicos o certificado dos ingresos anuais para a declaración da renda do ano 2012. A CGT proponvos o seguinte exercicio: collamos os certificados desde o ano 2009, por exemplo, e vaiamos mirando as retribucións anuais; despóis, se temos gañas, sumémoslles o IRPF. Finalmente, reflexionemos sobre as verbas dos políticos: "non se perde poder adquisitivo", "este ano cóbrase máis que o pasado"...
Revisemos, definitivamente, as nosas posicións con respecto á democracia burguesa, ao capitalismo, ás ilusións parlamentarias... e actuemos en consecuencia.


Compatibilización da pensión e dun traballo para os empregados públicos

O pasado sábado apareceu publicado no BOE o Real-decreto lei que permite a compatibilización dun traballo coa pensión, reducindo esta nun 50% e podendo exercer a metado da xornada laboral nun traballo. Esta medida non afecta só aos traballadores do sector privado, senón que tamén afecta aos empregados públicos, dado que, no caso dos laborais e dos funcionarios que estean no réxime xeral da Seguridade Social, a lexislación é a mesma que no sector privado e, no caso dos funcionarios suxeitos á normativa de Clases Pasivas, a norma modifica a lexislación existente para favorecer a posibilidade de compatibilización.
Neste caso, o persoal afectado será todo aquel que causara baixa con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009 e só poderán ser compatibles aqueles cuxo haber regulador acadara o 100%.

15 de marzo de 2013

Outra vez machacando a xubilación

O goberno aprobará, por decreto, como xa é o seu costume, novas modificacións que endurecen o acceso á xubilación. Tamén aprobarán a compatibilidade da xubilación con realizar un traballo. Así, os traballadores que cheguen á idade de xubilación poderán cobrar parte da pensión e seguir traballando para completar os seus ingresos. Cotizarán, pero a cotización  non valerá para incrementar a súa pensión cando se xubilen totalmente.
Este é o futuro que nos espera: xente nova e xubilados competindo por traballos de merda con salarios de miseria. Nesta situación, chegou a hora de que os traballadores nos desprendamos das ilusións "democráticas" e apostemos polas actitudes revolucionarias.

Confección de nóminas

Publica o DOG de hoxe a Orde coas instrucións para a confección de nóminas do persoal da Administración Autonómica para o ano 2013.
Picando aquí podedes consultala e ver os importes de cada concepto, incluido o novo recorte, que este ano se traduce na eliminación do específico nas pagas extraordinarias.

13 de marzo de 2013

Instrucións sobre licenzas, permisos e vacacións

A Comisión de Persoal ven de acordar unha resolución coas instrucións sobre o réxime de vacacións, licenzas e permisos do persoal ao servizo da Xunta de Galicia.
Estas instrucións definen conceptos ás veces discutidos, como son os graos familiares, as parellas de feito, ter a cargo, enfermidade moi grave, etc.
Como novidade, permítese a utilización de ata seis días de vacacións como se fosen días de asuntos persoais. Tamén se especifica que se o 24 e o 31 de decembro caen en sábado ou domingo, ou se un festivo nacional ou autonómico coincide en sábado, esta situación compensaranse con días de asuntos persoais.

8 de marzo de 2013

Contra o paro, ocupa a empresa

Reproducimos o último comunciado do Secretariado Permanente da CGT:
En la CGT creemos que es la hora de que el conjunto de la clase trabajadora y de las personas que aquí vivimos demos un salto hacia adelante en nuestras propuestas y planteamientos a partir de la necesidad de repartir la Riqueza y el Trabajo.

7 de marzo de 2013

Traslados de laborais

O DOG de hoxe publica a resolución do concurso de traslados de persoal laboral dos grupos I, II, III e IV que fora convocado pola Orde do día 2 de maio de 2012.
Pode presentarse reclamación administrativa dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación. Rematará o prazo, pois, o 8 de abril ao ser o día 7 domingo.

4 de marzo de 2013

Contra os enfermos

Que o goberno de Rajoy é un goberno antiobreiro, ao servizo do empresariado máis voraz e contrario a calquera idea de xustiza social xa o sabiamos. Agora, novamente, volve a dar unha nova volta de torca contra os traballadores, neste caso os enfermos.

28 de febreiro de 2013

Os orzamentos, no DOG

O DOG de hoxe publica a Lei de orzamentos de Galicia para o ano 2013, unha vez aprobados polo Parlamento nunha sesión lamentable. Cabe destacar a impagable e desvergoñenta exposición de motivos -que todos podemos ler- na que o goberno de Feijóo fai un exercicio de autobombo e, o que é peor, ten a cara de botarlle a culpa aos demáis nun diario oficial.
Por outro lado, é de sinalar o novo recorte -esta vez nos específicos das pagas extras- para os empregados públicos (Feijóo di que a boa marcha da economía permite que o persoal cobre máis no 2013 que no 2012, manda carallo!).

Concurso xeral: de interés

A Dirección Xeral da Función Pública facilita unha táboa Excel coas prazas do próximo concurso de traslados de corpos xerais, co que se facilitará a selección das preferencias de cada un utilizando os filtros axeitados.

26 de febreiro de 2013

Concurso de traslados

O DOG de hoxe publica o concurso de traslados dos corpos xerais da Xunta de Galicia, que consiste, nesta ocasión, na oferta de 1085 postos de traballo. As solicitudes poderán presentarse ata o día 15 de marzo cubrindo a solicitude electrónica.

25 de febreiro de 2013

Concentración no Parlamento

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos -integrada por 18 organizacións sindicais e profesionais, entre elas a CGT- convoca mañá, día 26 de febreiro, martes, ás 12 do mediodía, unha concentración diante do Parlamento de Galicia, na rúa do Hórreo de Compostela.
O chamamento da Plataforma está feito para protestar ante a aprobación inminente dos Orzamentos da Xunta para o ano 2013, nos que, de novo, volve haber recortes salariais para os empregados públicos, restricións nas contratacións, eliminación de centos de prazas ata agora presupostadas e desmantelamento de servizos públicos esenciais.
Non podemos deixar pasar as falcatruadas destes destrutores do que é de todos en silenzo. Non deixemos que se nos tache de cómplices dos malfeitores.

22 de febreiro de 2013

Listas de contratación

O DOG de onte publicou a actualización provisoria das listaxes de contratación da Xunta de Galicia. Os interesados poden consultar a súa puntuación picando aquí. O prazo de reclamacións remata o día 5 de marzo.

A falta de pan...

O gabinete propagandístico de Feijóo segue facendo o seu traballo. A falta de boas noticias no eido económico, laboral ou social, de cando en vez lle dan á prensa informes de todo tipo para amosar as bondades da súa administración. Neste caso, trátase do índice de absentismo do persoal da Xunta de Galicia que, segundo o último informe, baixou nun 25% nos últimos meses, grazas, como non! á xestión do presidente.
Pouco importa que esta redución sexa pola imperiosa necesidade de levar un soldo para casa, ou que as baixas que había antes -e que se presentan como se fosen  fraudulentas- fosen asinadas por médicos colexiados, ou que as oficinas se vexan cheas de persoal enfermo que se negan a ir para casa porque non poden permitirse unha merma nas retribucións.

19 de febreiro de 2013

Concentracións contra os recortes e o desmantelamento do sector público

Recordamos que a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos ten convocadas mobilizacións dos empregados públicos, do xeito que segue:
a) Concentracións nas principais cidades, o día 21, xoves, ás 19 horas:
  • A Coruña: Praza de Pontevedra. Edificio Facenda Xunta
  • Ferrol: Edificio da Xunta Multiusos
  • Compostela: Praza do Toural
  • Ourense: Casa do Chocolate
  • Lugo: Edificio Administrativo da Xunta
  • Pontevedra: Delegación do Goberno
  • Vigo: Edificio Marco
b) Concentración diante do Parlamento de Galicia o día da votación final dos orzamentos, o día 26 de febreiro, martes, ás 12 do mediodía.
A CGT continuará apoiando estas mobilizacións e fai un chamamento os seu afiliados e simpatizantes a que participen nelas.

Viva o software libre, pero non na Xunta

A Xunta de Galicia gastará casi dous millóns de euros anuais ata o ano 2016 en licenzas de Microsoft para instalar nos equipos informáticos. A pesar de que o software libre xa demostrou abondo a súa eficacia e que ahi outras administracións que utilizan as aplicacións libres de patente para todas as súas operacións, a Xunta seque dándolle ás multinacionais uns beneficios incompatibles coa razón e a eficacia.
A directora da Axencia para o Modernización Tecnolóxica de Galicia di que este ano farán un estudio "completo e serio" para despóis, coas conclusións, elaborar un plan para a instalación posterior de ofimática libre. Tamén dixo que o software libre está instalado no 94% dos computadores, supoñemos que por ser gratis, xa que non se usan nin están integrados nas aplicacións da Xunta.
Para a CGT isto é un despilfarro que non pode seguir. Continuar dándolles millóns de euros de beneficios ás multinacionais, habendo solucións económicas de probada solidez, é unha proba máis da incapacidade dos xestores autonómicos. Esiximos a implantación do software libre inmediata e sen máis escusas.

15 de febreiro de 2013

Feijóo, mentirán

A modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar é a proba máis palpable de que o goberno de Feijóo non ten escrúpulos á hora de tomar as medidas que sexan necesarias para seguir desmantelando o sector público galego. A modificación supón a desaparición de 251 postos de traballo e o despedimento dos laborais indefinidos que ocupen estes postos.
Temos que recordar as mentiras que hai neste ERE encuberto:
  • Feijóo afirmou, no seu momento, que nunca se utilizaría na Xunta o Real decreto 1483/2012. Pois ben, esta norma é base para a decisión do goberno autonómico.

14 de febreiro de 2013

Beatriz Mato, xogadora con cartas marcadas

A Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, ven de anunciar o despedimento de 19 contratados laborais indefinidos dentro da súa Consellería, amparándose na reforma laboral. Esta di que as Adminsitracións Públicas poden despedir se non hai presuposto, polo que feita alei, feita a trampa: primeiro rebaixamos o presuposto e voila!, xa temos motivos legais para despedir cunhas indemnizacións miserentas. Esta é a mesma muller que onte se encheu de verbas de loubanza para os funcionarios, que dixo que non sobraban e que traballaban de máis. Pois ben, o persoal que agora se pretende despedir non sobra, nin traballa menos que o resto; a única diferenza é o vencello xurídico que o une á Adminstración.
Se eles saen, non serán os últimos. Estes despedimentos son o comezo, se non os paramos a tempo, da rescisión de máis de 250 contratos se non os paramos antes.
Non deixemos que os nosos compañeiro vaian para a rúa por unha decisión caprichosa e inxusta! Apoiémolos sen reservas!

11 de febreiro de 2013

Na Xunta non hai funcionarios de máis

Esta rotunda afirmación fíxoa Beatriz Mato, a Conselleira de Traballo, cando lle preguntaron sobre as declaracións do presidente da CEOE, Juan Rosell, ao respecto dos empregados públicos. Curiosa a postura defensora dun membro do goberno da Xunta, cando se está reducindo dun xeito moi importante o número de traballadores na Administración Autonómica, cando non se cubren as necesidades de interinaxes, cando non hai oferta pública de emprego seria e cando, no cncurso de traslados, aparecen centos de prazas susceptibles de ser amortizadas.
Agradecemos tamén que a señora Conselleira diga que os empregados públicos fan de máis, pero preferiríamos que en vez de xabrón nos deran unhas retribucións acordes co noso traballo.

8 de febreiro de 2013

Juan Rosell, o animal bautizado

O presidente da patronal, Juan Rosell, retratouse a si mesmo e á CEOE coas declaracións efectuadas nun encontro con periodistas.
O mastuerzo, ao que a voracidade lle arriconu a careta, dixo que a enquisa de poboación activa (EPA), non se corresponde coa realidade e que hai moitos menos parados que o que di dita enquisa. Istodio a pesares de que a EPA é considerada como o mellor barómetro da situación laboral e que é aceptada internacionalmente.

7 de febreiro de 2013

Cursos

O DOG de hoxe publica a canvocatoria de cursos de xefatura de negociado e de xefatura de sección. O prazo de presentación rematará o 19 de febreiro, picando aquí.

Seguen restando da partida de persoal

O DOG de hoxe publica o estado da execución orzamentaria da Xunta ata o 30/09/2012 e presenta algunhas situacións que, polo menos, son curiosas.
Curiosamente, no capítulo de persoal, é no único capítulo no que se transfiriron cartos para outros capítulos (máis de 10 millóns de euros). Isto quere dicir que non era que faltasen cartos para o Capítulo I, senón que querían cartos para outros capítulos como, por exemplo, cubrir parte dun desvío do 50% no Capítulo 7, Transferencias de Capital.
 En fin, unha máis destes xestores incapaces e ruíns.

6 de febreiro de 2013

Continúan as mobilizacións

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, que coordina 18 organizacións sindicais e sectoriais, fixo unha xuntanza o pasado luns, día 4 de febrerio, no que acordou seguir coas mobilizacións dos traballadores públicos, do xeito que segue:
a) Concentracións nas principais cidades, o día 21, xoves, ás 19 horas:

5 de febreiro de 2013

A CGT, contra o paro e a corrupción

Comunicado do Secretariado Permanente da CGT:
La CGT denuncia, una vez más, la emergencia social que asola a cada vez más amplios sectores de la población, producto de la política económica y social que está llevando a cabo el Gobierno.

Los datos del paro registrado publicados este lunes por el Ministerio de Empleo y Seguridad Social indican que el desempleo sube en 132.055 personas en enero lo que empeora en 380.949 parados (un 8,28%) los datos del cierre del año pasado. Las listas del Servicio de Empleo Público suman ya 4.980.778 personas desempleadas.

1 de febreiro de 2013

Agora Feijóo non ten tanta présa

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, correu tanto en recortar aos empregados públicos que foi o primeiro en eliminar días de asuntos particulares e non recortou os días de vacacións porque eran os mínimos que establecía a Administración do Estado e tiña que esperar a que Rajoy fixera o seu recorte.
Nembargantes non ten tanta présa agora que ten que establecer como se poden solicitar os días de vacacións ou que pasa cos festivos que caian en sábado. Temos que recordar que a Secretaría de Estado para as Administracións públicas xa estableceu, para a AGE, que se poderían solicitar algúns días de vacacións por separado, sen ser en grupos de cinco días, e que habería un día adicional por cada festivo que coincidira en sábado.
Esiximos a aplicación inmediata destes criterios, dado que, de non facelo, habería unha discriminación e un agravio en contra dos traballadores da Xunta, sen ningúnha xustificación.

31 de xaneiro de 2013

Recoñecementos médicos

O DOG de hoxe publica a resolución pola que se inicia a campaña de recoñecementos médicos deste ano. Os interesados poden facer a inscrición, durante o mes de febreiro, entrando na web de prevención de riscos ou picando aquí.

30 de xaneiro de 2013

Cursos EGAP

O DOG de hoxe publica unha resolución da EGAP pola que se convocan cursos para o persoal da Administración da Xunta de Galicia. Os interesados poden facer a inscrición picando aquí, rematando o prazo o día 9 de febreiro.O límite de cursos que se poden solicitar é de cinco.

28 de xaneiro de 2013

O estacazo do IRPF

Como xa avisábamos no seu momento, a maioría dos empregados públicos atopámonos cunhas nóminas máis recortadas que as dos últimos meses do ano pasado. A explicación desta situación é que este ano as retribucións totais serán superiores que as do ano pasado, debido a que recuperamos a paga extra de decembro e a que o IRPF dos últimos meses do ano pasado foi inferior ao ter que compensar que os primeiros meses aplicouse como se se fose percibir a paga mencionada.
Sexa com sexa, o goberno segue espremento aos traballadores, ao non modificar as táboas do IRPF co IPC correspondente, polo que se están pagando os mesmos impostos por uns cartos que teñen menor valor na actualidade.

24 de xaneiro de 2013

Algúns números para a indignación

Desde o ano 1991, as retribucións dos empregados públicos van en retroceso. Todos os gobernos utilizaron os nosos soldos para axustar as súas contas, pero o que está pasando nestes últimos anos é intolerable. Para ilustrar a situación, abonda co seguinte mostrario:
  • Desde o ano 1991, o IPC subíu o 94,87 %, mentres que as retribucións públicas o fixo un 49,48 %.
  • Desde o ano 1991, houbo dúas conxelacións salariais (1994 e 1997) e os soldos baixaron tres veces (2010, 2011 e 2012).
  • Desde o ano 1991, as retribucións subiron por debaixo do IPC en 14 ocasións.
  • Para ter o nivel de retribucións do ano 1991 a suba necesaria para o ano 2013 debería ser do 30,37 %.

23 de xaneiro de 2013

Kronos e servizos periféricos

A directora  xeral de Avaliación e reforma Administrativa, Natalai Prieto, ven de remitir a todas as Xefaturas Territoriais as instrucións para a implantación do sistema Kronos de control horario nos servizos periféricos da Xunta. Nestas instrucións pídeselles ás xefaturas que remitan, ata o 31 de xaneiro, diversa documentación do persoal destinado nos edificios administrativos (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol) para a expedición das tarxetas.
A CGT non ten nada que obxectar a este sistema de control horario, sempre que se respecten os seguintes criterios:
  • Aplicación dun sistema de flexibilidade voluntaria que permita a conciliación da vida laboral coa non laboral.
  • Control horario sen discriminacións nin privilexios
  • Establecemento dunha marxe razoable e xusta nos horarios, tendo en conta a dependencia informática do sistema de control

Queremos o abono da paga de decembro

A recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid recoñece a uns empregados públicos o dereito a percibir a parte da paga extraordinaria de decembro devengada con anterioridade da publicación do decreto que a eliminaba é un feito que debe ter unhas consecuencias inmediatas concretas, sen que poida haber discriminación de ningunha clase entre os empregados públicos. Por isto a CGT da Xunta reclama:
  • O inmediato abono da parte da paga devengada -e non cobrada- por cada un dos empregados públicos, sexan os 14 días de xullo no caso dos laborais ou 44 días (xuño e xullo) no caso dos funcionarios.
  • Que se inicien os trámites para devolver o resto da paga de decembro o máis axiña posible
  • Que se repoña, a lei de orzamentos do ano 2013, o concepto de complemento específico nas dúas pagas extraordinarias.
  • Que se estableza un plan de recuperación da capacidade de compra recortada nos últimos anos.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo