28 de febreiro de 2013

Os orzamentos, no DOG

O DOG de hoxe publica a Lei de orzamentos de Galicia para o ano 2013, unha vez aprobados polo Parlamento nunha sesión lamentable. Cabe destacar a impagable e desvergoñenta exposición de motivos -que todos podemos ler- na que o goberno de Feijóo fai un exercicio de autobombo e, o que é peor, ten a cara de botarlle a culpa aos demáis nun diario oficial.
Por outro lado, é de sinalar o novo recorte -esta vez nos específicos das pagas extras- para os empregados públicos (Feijóo di que a boa marcha da economía permite que o persoal cobre máis no 2013 que no 2012, manda carallo!).

Concurso xeral: de interés

A Dirección Xeral da Función Pública facilita unha táboa Excel coas prazas do próximo concurso de traslados de corpos xerais, co que se facilitará a selección das preferencias de cada un utilizando os filtros axeitados.

26 de febreiro de 2013

Concurso de traslados

O DOG de hoxe publica o concurso de traslados dos corpos xerais da Xunta de Galicia, que consiste, nesta ocasión, na oferta de 1085 postos de traballo. As solicitudes poderán presentarse ata o día 15 de marzo cubrindo a solicitude electrónica.

25 de febreiro de 2013

Concentración no Parlamento

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos -integrada por 18 organizacións sindicais e profesionais, entre elas a CGT- convoca mañá, día 26 de febreiro, martes, ás 12 do mediodía, unha concentración diante do Parlamento de Galicia, na rúa do Hórreo de Compostela.
O chamamento da Plataforma está feito para protestar ante a aprobación inminente dos Orzamentos da Xunta para o ano 2013, nos que, de novo, volve haber recortes salariais para os empregados públicos, restricións nas contratacións, eliminación de centos de prazas ata agora presupostadas e desmantelamento de servizos públicos esenciais.
Non podemos deixar pasar as falcatruadas destes destrutores do que é de todos en silenzo. Non deixemos que se nos tache de cómplices dos malfeitores.

22 de febreiro de 2013

Listas de contratación

O DOG de onte publicou a actualización provisoria das listaxes de contratación da Xunta de Galicia. Os interesados poden consultar a súa puntuación picando aquí. O prazo de reclamacións remata o día 5 de marzo.

A falta de pan...

O gabinete propagandístico de Feijóo segue facendo o seu traballo. A falta de boas noticias no eido económico, laboral ou social, de cando en vez lle dan á prensa informes de todo tipo para amosar as bondades da súa administración. Neste caso, trátase do índice de absentismo do persoal da Xunta de Galicia que, segundo o último informe, baixou nun 25% nos últimos meses, grazas, como non! á xestión do presidente.
Pouco importa que esta redución sexa pola imperiosa necesidade de levar un soldo para casa, ou que as baixas que había antes -e que se presentan como se fosen  fraudulentas- fosen asinadas por médicos colexiados, ou que as oficinas se vexan cheas de persoal enfermo que se negan a ir para casa porque non poden permitirse unha merma nas retribucións.

19 de febreiro de 2013

Concentracións contra os recortes e o desmantelamento do sector público

Recordamos que a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos ten convocadas mobilizacións dos empregados públicos, do xeito que segue:
a) Concentracións nas principais cidades, o día 21, xoves, ás 19 horas:
  • A Coruña: Praza de Pontevedra. Edificio Facenda Xunta
  • Ferrol: Edificio da Xunta Multiusos
  • Compostela: Praza do Toural
  • Ourense: Casa do Chocolate
  • Lugo: Edificio Administrativo da Xunta
  • Pontevedra: Delegación do Goberno
  • Vigo: Edificio Marco
b) Concentración diante do Parlamento de Galicia o día da votación final dos orzamentos, o día 26 de febreiro, martes, ás 12 do mediodía.
A CGT continuará apoiando estas mobilizacións e fai un chamamento os seu afiliados e simpatizantes a que participen nelas.

Viva o software libre, pero non na Xunta

A Xunta de Galicia gastará casi dous millóns de euros anuais ata o ano 2016 en licenzas de Microsoft para instalar nos equipos informáticos. A pesar de que o software libre xa demostrou abondo a súa eficacia e que ahi outras administracións que utilizan as aplicacións libres de patente para todas as súas operacións, a Xunta seque dándolle ás multinacionais uns beneficios incompatibles coa razón e a eficacia.
A directora da Axencia para o Modernización Tecnolóxica de Galicia di que este ano farán un estudio "completo e serio" para despóis, coas conclusións, elaborar un plan para a instalación posterior de ofimática libre. Tamén dixo que o software libre está instalado no 94% dos computadores, supoñemos que por ser gratis, xa que non se usan nin están integrados nas aplicacións da Xunta.
Para a CGT isto é un despilfarro que non pode seguir. Continuar dándolles millóns de euros de beneficios ás multinacionais, habendo solucións económicas de probada solidez, é unha proba máis da incapacidade dos xestores autonómicos. Esiximos a implantación do software libre inmediata e sen máis escusas.

15 de febreiro de 2013

Feijóo, mentirán

A modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar é a proba máis palpable de que o goberno de Feijóo non ten escrúpulos á hora de tomar as medidas que sexan necesarias para seguir desmantelando o sector público galego. A modificación supón a desaparición de 251 postos de traballo e o despedimento dos laborais indefinidos que ocupen estes postos.
Temos que recordar as mentiras que hai neste ERE encuberto:
  • Feijóo afirmou, no seu momento, que nunca se utilizaría na Xunta o Real decreto 1483/2012. Pois ben, esta norma é base para a decisión do goberno autonómico.

14 de febreiro de 2013

Beatriz Mato, xogadora con cartas marcadas

A Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, ven de anunciar o despedimento de 19 contratados laborais indefinidos dentro da súa Consellería, amparándose na reforma laboral. Esta di que as Adminsitracións Públicas poden despedir se non hai presuposto, polo que feita alei, feita a trampa: primeiro rebaixamos o presuposto e voila!, xa temos motivos legais para despedir cunhas indemnizacións miserentas. Esta é a mesma muller que onte se encheu de verbas de loubanza para os funcionarios, que dixo que non sobraban e que traballaban de máis. Pois ben, o persoal que agora se pretende despedir non sobra, nin traballa menos que o resto; a única diferenza é o vencello xurídico que o une á Adminstración.
Se eles saen, non serán os últimos. Estes despedimentos son o comezo, se non os paramos a tempo, da rescisión de máis de 250 contratos se non os paramos antes.
Non deixemos que os nosos compañeiro vaian para a rúa por unha decisión caprichosa e inxusta! Apoiémolos sen reservas!

11 de febreiro de 2013

Na Xunta non hai funcionarios de máis

Esta rotunda afirmación fíxoa Beatriz Mato, a Conselleira de Traballo, cando lle preguntaron sobre as declaracións do presidente da CEOE, Juan Rosell, ao respecto dos empregados públicos. Curiosa a postura defensora dun membro do goberno da Xunta, cando se está reducindo dun xeito moi importante o número de traballadores na Administración Autonómica, cando non se cubren as necesidades de interinaxes, cando non hai oferta pública de emprego seria e cando, no cncurso de traslados, aparecen centos de prazas susceptibles de ser amortizadas.
Agradecemos tamén que a señora Conselleira diga que os empregados públicos fan de máis, pero preferiríamos que en vez de xabrón nos deran unhas retribucións acordes co noso traballo.

8 de febreiro de 2013

Juan Rosell, o animal bautizado

O presidente da patronal, Juan Rosell, retratouse a si mesmo e á CEOE coas declaracións efectuadas nun encontro con periodistas.
O mastuerzo, ao que a voracidade lle arriconu a careta, dixo que a enquisa de poboación activa (EPA), non se corresponde coa realidade e que hai moitos menos parados que o que di dita enquisa. Istodio a pesares de que a EPA é considerada como o mellor barómetro da situación laboral e que é aceptada internacionalmente.

7 de febreiro de 2013

Cursos

O DOG de hoxe publica a canvocatoria de cursos de xefatura de negociado e de xefatura de sección. O prazo de presentación rematará o 19 de febreiro, picando aquí.

Seguen restando da partida de persoal

O DOG de hoxe publica o estado da execución orzamentaria da Xunta ata o 30/09/2012 e presenta algunhas situacións que, polo menos, son curiosas.
Curiosamente, no capítulo de persoal, é no único capítulo no que se transfiriron cartos para outros capítulos (máis de 10 millóns de euros). Isto quere dicir que non era que faltasen cartos para o Capítulo I, senón que querían cartos para outros capítulos como, por exemplo, cubrir parte dun desvío do 50% no Capítulo 7, Transferencias de Capital.
 En fin, unha máis destes xestores incapaces e ruíns.

6 de febreiro de 2013

Continúan as mobilizacións

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, que coordina 18 organizacións sindicais e sectoriais, fixo unha xuntanza o pasado luns, día 4 de febrerio, no que acordou seguir coas mobilizacións dos traballadores públicos, do xeito que segue:
a) Concentracións nas principais cidades, o día 21, xoves, ás 19 horas:

5 de febreiro de 2013

A CGT, contra o paro e a corrupción

Comunicado do Secretariado Permanente da CGT:
La CGT denuncia, una vez más, la emergencia social que asola a cada vez más amplios sectores de la población, producto de la política económica y social que está llevando a cabo el Gobierno.

Los datos del paro registrado publicados este lunes por el Ministerio de Empleo y Seguridad Social indican que el desempleo sube en 132.055 personas en enero lo que empeora en 380.949 parados (un 8,28%) los datos del cierre del año pasado. Las listas del Servicio de Empleo Público suman ya 4.980.778 personas desempleadas.

1 de febreiro de 2013

Agora Feijóo non ten tanta présa

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, correu tanto en recortar aos empregados públicos que foi o primeiro en eliminar días de asuntos particulares e non recortou os días de vacacións porque eran os mínimos que establecía a Administración do Estado e tiña que esperar a que Rajoy fixera o seu recorte.
Nembargantes non ten tanta présa agora que ten que establecer como se poden solicitar os días de vacacións ou que pasa cos festivos que caian en sábado. Temos que recordar que a Secretaría de Estado para as Administracións públicas xa estableceu, para a AGE, que se poderían solicitar algúns días de vacacións por separado, sen ser en grupos de cinco días, e que habería un día adicional por cada festivo que coincidira en sábado.
Esiximos a aplicación inmediata destes criterios, dado que, de non facelo, habería unha discriminación e un agravio en contra dos traballadores da Xunta, sen ningúnha xustificación.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo