29 de abril de 2013

O PP consegue 6.202.700 parados grazas ás súas reformas

Reproducimos o comunicado do Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT:

La tasa de paro se incrementa 1,14 puntos, hasta el 27,16% y afecta prácticamente a todas las comunidades autónomas.

En el día de ayer han salido las demoledoras cifras de desempleo existentes en el estado español arrojando 1 millón más de personas al paro desde el comienzo del gobierno del PP y alcanzando ya los 6.202.700, cifra histórica, demoledora y dramática.

Existen casi 2 millones de familias en las que ninguno de sus miembros trabaja, hay 3 millones y medio de parados de larga duración, la tasa de desempleo entre las y los jóvenes alcanza el 57,22% y se realiza 1 desahucio cada 15 minutos.

25 de abril de 2013

Manifestacións do Primeiro de Maio

A CGT convoca, en Galicia, manifestacións en diversas localidades. Á espera de varias confirmacións, a relación das mobilizacións é a seguinte:
  • A Coruña: Saída da Praza de Pontevedra, ás 12:30 horas. Conxuntamente coa CUT
  • Pontevedra: Saída da Praza da Ferrería, ás 13:00 horas.
  • Ourense: Saída de Rei Soto, ás 11:30. Conxuntamente co Bloque Crítico de Ourense.
  • Vigo: Fernando o Católico,ás 11:00. Conxuntamente coa CUT, STEGA e o SF.
A CGT anima a todas as traballadoras e traballadores a que este día, tan sinalado para a clase obreira, saian á rúa a facer fronte a aqueles que os están levando á miseria e á desesperación, roubándonos os dereitos que tanto custou conseguir.

Viva a clase obreira!
Viva o Primeiro de Maio!

Unha nova reforma das pensións, antes de aplicar a actual

O goberno, sempre fiel incumplidor do seu programa electoral, está estudando unha nova reforma sobre o sistema de pensións coa finalidade de que reducilas, aínda que sexa co eufemismo de "sostelas".
As medidas que se barallan son as seguintes:
  • Adiantar cinco anos a entrada en vigor da xubilación aos 67 anos, sen descartar aumentar esta idade.
  • Eliminar a posibilidade que existe actualmente de xubilarse aos 65 anos con 38,5 anos de cotizacións.
  • Incrementar a 40 anos de cotizacións os necesarios para cobrar a pensión completa.
  • Desvencellar a revisión das pensións do IPC, creando o chamado "Factor de sostebilidade".
A necesidade dunha gran mobilización que vaia máis alá dun paro seral de 24 horas é imprescindible. O noso futuro depende de nós e non podemos consentir que unha manda de lacaios do capitalismo da troika nos rouben os dereitos que tanto custou conseguir a xeracións de traballadores.

23 de abril de 2013

A proposta da Xunta sobre o horario e xornada laboral

A proposta da Xunta establece varias modalidades de horario:
  • Horario xeral: de luns a venres, de 7,45 a 15,15 horas. Os retrasos na entrada de ata 30 minutos poderanse compensar diariamente.
  • Horario flexible por razóns de conciliación: poderano solicitar os que teñan fillos menores de doce anos ou familiares convivintes que, por enfermidade ou idade avanzada, necesiten a asistencia doutras persoas, así como os que estean en proceso de separación ou divorcio, ata trascorridos tres meses desde a solicitude ou demanda. Entre as 7:00 e as 18:30 fixarase o horario de referencia, procurando establecer unha franxa horaria de presenza, salvo que as circunstancias persoais e familiares non o permitan. Dentro deste horario cumpliranse as horas de traballo, en cómputo mensual.

22 de abril de 2013

Outra vez no pim-pam-pum: o control horario

As novas publicadas recentemente sobre o control horario do persoal da Xunta de Galicia non é maís que un novo ataque contra os traballadores. En vez de facer unha impantación normal e sen espaventos, a Xunta adícase a espallar basoira e ameazas sobre o persoal, dando a imaxe de que a xente incumpre habitualmente o horario e que o novo sistema vai solucionar o problema coa ameaza de que se descontará o tempo de incumprimento.
A CGT xa manifestou a súa posición en diversas ocasións: non está en contra do control horario mentres o sistema sexa racional, recolla as incidencias que poida haber dunha maneira sinxela, non haxa discriminacións e se estableza o horario flexible como norma xeral, que permita o cumprimento horario de todo o persoal. Doutro xeito, o sistema de control non será máis que unha nova medida populista de cara a galería. De feito, xa o está sendo.

19 de abril de 2013

Teletraballo e horario

É intención da Xunta a implantación do teletraballo e dun novo réxime de xornada laboral para o persoal da Administración Autonómica, no momento de que se está xeralizando o sistema do control horario ao través do Kronos.
Se non hai retrasos, a partir de finais de maio ou principio de xuño, implantarase a posibilidade da xornada flexible, que suporá que parte do horario poderase efectuar mediante a modalidade de compensación horaria ata acadar a semana laboral de 37 horas e media (40 horas no caso do persoal con especial dedicación).

15 de abril de 2013

O texto do borrador da Lei de Emprego Público

Xa está dispoñible o borrador da Lei de Emprego Público de Galicia, que virá a substituir a actual Lei da Función Pública de Galicia. Como estes non dan puntada sen fío, non nos fiamos deles en absoluto. Xa iremos desgranando o contido da nova lei, consonte vaia avanzando a súa tramitación.

12 de abril de 2013

Peligro! Nova lei de función pública

O goberno galego ven de anunciar a presentación dun anteproxecto dunha nova lei galega de función pública. Segundo o goberno, o que se pretende é unha reasignación de efectivos en función das necesidadesde cada área, pero "sen despidos". Entre nós, isto quere dicir que non se respectará o dereito á permanencia no posto de traballo.
A nova lei incluirá á Xunta, entidades locais, universidades e outros organismos públicos e, polo de agora, somentes coñecemos a habitual propaganda que de cada paso que dan fan os políticos.
Desde o Estatuto Básico do Empregado Público, a normativa non fixo máis que empeorar: a chamada carreira horizontal non é máis que unha burla, o réxime disciplinario é propio de calquera réxime dictatorial e as modificacións que Feijóo e o seu grupo fixo na lei galega foi para eliminar as trabas que tiñan para facer libres designacións. E agora preténdennos facer cre que a nova norma será marabillosa para nós!

11 de abril de 2013

A Comisión Europea, cos poderosos

A Comisión Europea volve á carga e di que as medidas de Rajoy son insuficientes. Entre outras cousas, afirma que se debe profundizar nas reformas de xeito que se garanta "un proceso de negociación salarial que garantice un mejor alineamiento de los salarios con las condiciones económicas"; dito de forma máis crara, que lles parece que as reducións salariais aínda son pequenas.
Tamén a Comisión di que "la credibilidad del ajuste fiscal se vería reforzada basando la consolidación en medidas estructurales, también para garantizar la sostenibilidad del sistema de Seguridad Social"; traducido ao noso idioma, isto ven querendo dicir que aínda hai que facer máis recortes en Saúde e en Pensións.
En definitiva, o 26 de abril espérannos novas medidas destes axentes locais do capitalismo máis cobizoso. E alí estaremos para oponernos.

9 de abril de 2013

Fondo de acción social 2012

O DOG de hoxe publica a resolución da Xunta pola que se abre o plazo para solicitar o Fondo de Acción Social do ano 2012, que, como xa sabemos, somentes recolle a axuda para persoas discapacitadas.
Os interesados poden cubrir a solicitude electrónica no prazo de 15 días contados a partir de hoxe.

3 de abril de 2013

Lembrando unha mentira máis

Todos recordamos aquel momento no que Feijóo anunciou que o ano 2013 os empregados públicos íamos cobrar as pagas extras incompletas e que non íamos percibir o complemento específico nelas. Todos recordamos tamén aquela frase de que non nos podiamos queixar porque íamos cobrar máis que no ano 2012.

2 de abril de 2013

Devolución cotas mutualidades decembro 2012

A Xunta de Galicia devolverá na nómina do mes de abril, aos funcionarios que estean no réxime de mutualidades (MUGEJU e MUFACE), as cotas que se tiveran realizado no mes de decembro do ano pasado correspondentes á paga extra.
Recoñecemos a xustiza desta medida, pero aínda reclamamos o inxusto olvido do persoal que está no réxime xeral da Seguridade Social (funcionarios e laborais), que veñen cotizando desde xuño de 2010 por unhas bases superiores ás que lles corresponden. Reclamamos que esta cotización extra sexa voluntaria, e non obrigada como ata agora.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo