30 de xullo de 2010

A Reforma Laboral, de mal en peor

A Comisión de Traballo do Congreso aprobou onte diversas modificacións do Decreto da Reforma Laboral presentando polo goberno o pasado mes de xuño. Deixando á parte o anecdotario das votacións, no que se ve a actitude favorable da maioría dos grupos parlamentarios á reforma, o resultado é que a agresión aos traballadores é terrible: aumento das causas de despido con 20 días de indemnización en lugar de 45 ou 33, segundo o contrato, en caso de "perdas previstas" polas empresas, diminución de ingresos ou falla de liquidez; incremento do poder da Inspección Médica para poder dar altas desde o 4º día da baixa; endurecemento das medidas contra o absentismo, incluído o xustificado; mási poder ás Mutuas en casos de enfermidade común, etc.
Os traballadores, incluídos os do sector público, non podemos permanecer pasivos. Pronto verán as seguntes reformas: as do copago na Seguridade Social, as das pensión, etc. Deixémonos de escusas e parémolos.

29 de xullo de 2010

Funcionarios traballando para que as empresas privadas cobren

No proceso privatizador que se está a vivir na Administración Pública, a Xunta contratou a unha empresa privada para que fixese un informe sobre a "nova carteira de servizos de atención aos dependentes". No proceso, enviouselle unha carta ao persoal solicitando a colaboración coa consultora PricewaterhouseCoopers. O informe custará perto de 180.000 euros.

27 de xullo de 2010

Cursos de formación

O DOG de hoxe publica unha resolución da EGAP pòla que se convocan diversos cursos de formación para o persoal da Xunta. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 5 de setembro.

Nomeamento de funcionarios

Publica hoxe o DOG a Orde pola que son nomeados funcionarios da Xunta do corpo de xestión (subgrupo A2) os que superaron as probas selectivas convocados pola Orde do 18 de xullo de 2008. Noraboa.

26 de xullo de 2010

A baixa dos soldos é maior da que figura nas nóminas

Moitos empregados públicos que reciban as transferencias da nómina de xullo poderán observar que as percepcións líquidas do mes teñen unha diferencia moi pequena coa nómina de maio (saltámonos xuño porque é o da paga extra e non se pode usar de referencia). Poi ben, se observamos a porcentaxe de IRPF aplicado veremos que diminúe notablemente. Isto é debido a que, ao facer o recálculo do IRPF, o sistema ten que reintegrar o retido de máis nos primeiros meses do ano ao constar soldos anuais máis altos que os que realmente se van recibir. Se imos ás retribucións brutas, veremos a realidade da incautación. Realidade que se fará máis patente o ano que ven, dado que cobraremos aínda menos en líquido, ao subir o IRPF no mes de xaneiro.

23 de xullo de 2010

Ao PP a Reforma Laboral párecelle pequena

O PP presentou, entre outras emendas á Reofrma Laboral unha proposta para que os traballadores non podan facer folga durante a vixencia dos convenios, aínda que se estea negociando o novo convenio. Por se alguén tiña dúbidas do que son estes mandráculas, a mostra están ben clara.

20 de xullo de 2010

Máis nomeamentos

Hoxe publcouse no DOG a Orde pola que se nomean funcionarios a aqueles que superaron o proceso selectivo de Xestores de Sistemas de Información (A2) da Xunta de Galicia. Benvidos.

19 de xullo de 2010

Nomeamento de arquitectos

Publica o DOG de hoxe a Orde pola que se nomean como funcionarios aos que superaron o proceso selectivo ao subrugo A1, escala de arquitectos, convocado pola Orde do 21 de novembro de 2008. Noraboa.

14 de xullo de 2010

Os buitres da CEOE andan á espreita

A CEOE (a organización dos explotadores deste país) ven de enviar a Zapatero un "plan" para sanear a economía. Segundo esta organización de piratas, a solución pasa pola toma de decisións como "reducción del número de funcionarios y de empresas públicas y una mayor participación del sector privado en la prestación de servicios públicos". Propoñen a Zapatero a reducir aos empregados públicos "menos productivos" e "ajustar el recorte de salarios según la productividad".
E logo din que, con estes tipos, temos que colaborar para levantar o país.

Folga Xeral o 29 de setembro

A CGT decidiu ir á Folga Xeral o próximo 29 de setembro. Fará, eso sí, unha convocatoria diferente, aínda que coincidente no tempo, á das organizacións chamadas "maioritarias". Reproducimos aquí o texto do manifesto:

"MANIFIESTO DE CGT
La Confederación General del Trabajo (C.G.T.) convoca Huelga General el 29 de septiembre de 2010 para defender las libertades y derechos laborales, sociales, económicos, medioambientales de todos los trabajadores y trabajadoras y de todas las clases populares frente a las agresiones y recortes que estamos sufriendo por las políticas antisociales del gobierno que sólo responden a los intereses de la banca, la especulación financiera e inmobiliaria, los mercados, el capital, la patronal, la Unión Europea, el Fondo Monetario Internacional, las institucionales políticas internacionales.

13 de xullo de 2010

Non hai que alarmarse: xubilarse aos 67 é suficiente

Isto é o que dixo Octacio Granado, secretario de estado da Seguridade Social, que, ademáis, defende que a proposta non é esaxerada se temos en conta que a Comisión Europea propón a xubilación aos 70 anos. Estaba visto: primeiro, uns propoñen a salvaxada maior (70 anos), para que, despóis, veñan os outros co caramelo (67 anos). Pois, con crise ou sen ela, nós defendemos xustamente o contrario: traballar menos (menos anos, menos horas, menos de todo) para traballar máis (máis xente, claro).

12 de xullo de 2010

Nomeamento de condutores

No DOG de hoxe publícase a Orde pola que se nomea novo persoal laboral fixo da categoría 063 (Oficial de 1ª condutor e outros) do convenio da Xunta de Galicia. Noraboa.

8 de xullo de 2010

A Comisión Europea, tamén cómplice dos poderosos

A Comisión Europea, esa institución que decide o que pasa en Europa e que non é elexida polos europeos, anunciou a necesidade de elevar a idade de xubilación aos 70 anos. Os argumentos son os mesmos de sempre: inviabilidade do sistema actual, elevación da esperanza de vida, etc. Como non podía ser doutro xeito, propón a solución dos fondos privados de pensións para paliar a situación. É que non se lles nota nada!
Tras os recortes salariais e sociais e a Reforma para o despido, ven esta falcatruada. Ata cando imos seguir soportándo esta situación?

7 de xullo de 2010

Catro millóns de euros

Catro millóns de euros son os que gastará a Xunta de Galicia para organizar a visita do Papa a Santiago o 6 de novembro. A esta cantidade haberá que sumarlle o que gastarán o resto de administracións. Mentras se recortan os salarios públicos e os gastos sociais coa escusa da crise, despilfárranse os cartos de todos neste e outros eventos.
Que os seus viaxes de propaganda os paguen eles!

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo