31 de xullo de 2015

Acadamos as máis altas cotas da miseria

O goberno de Rajoy anunciou a suba do 1% nas retribucións dos empregados públicos a toda mecha. Os medios xa se encargaron de espallar a nova e todos contentos. Poucos fan a conta de que, coa suba, cobramos menos (moito menos) que no ano 2010, ano no que se rebaixaron os soldos un 5%, sen contar que non houbo subas nos anos seguintes.
Por outro lado, anunciase a devolución, aínda a prazos, da paga extra de decembro de 2012. Esta devolución obriga só á Admnistración Central, quedando a devolución do goberno galego a expensas dos seu propios intereses electorais. No caso de Feijóo, permanece mudo ante a redución, propia de Galicia, dos específicos nas pagas extras.
Tamén falan da devolución dun día por asuntos particulares ata chegar a tres. E tamén do reintegro de 3 días por antigüidade, sen especificar se son este ano ou non. Neste caso, só está garantido o día de asuntos particulares, pero é de esperar a aplicación tamén en Galicia dos días por antigüidade.

23 de xullo de 2015

O timo do IRPF

Están a piques de chegar as nóminas do mes de xullo e nelas observaremos o penúltimo timo do goberno de turno. Hai un mes, o inefable Rajoy anuncióu, con toda a parafernalia, unha rebaixa no IRPF a partir deste mes. Esta rebaixa ía supoñer uns 20 euros ao mes de media.
Pois ben: a rebaixa xa está aquí: á maioría dos empregados públicos non só non lles supón, nin de lonxe esta cantidade, senón que, ademáis, a rebaixa ten trampa. Como se aplica desde o 1 de xaneiro, nos meses que faltan ata fin de ano estanse facendo uns descontos superiores para compensar o xa pagado entre os meses de xaneiro e xuño. Isto suporá que, aínda que non houbese suba para o ano que ve, o desconto a conta do IRPF, volverá subir ao chegar o próximo xaneiro.
Fiar das verbas dos políticos é dunha inxenuidade palmaria. Facerlles caso en tempos electorais é xa estúpido.

22 de xullo de 2015

Instrucións para os descontos de IT

O directos xeral da Función Pública aprobou a modificación das instrucións sobre os descontos de IT dos empregados públicos que xa foran aprobadas en maio de 2012. Esta modificación ten como principais novidades a equiparación de todas as baixas (non existen diferencias entre a primera e o resto das baixas) e a publicación do listado de enfermidades graves que non serán obxecto de desconto ningún.

A voltas coa produtividade e a eficacia

Volve Beteta, o Secretario de Estado das Administracións Públicas, no medio das conversas sobre as condicións de traballo do ano 2016, á carga coa presunta necesidade de premiar aos empregados públicos que sexan eficientes e traballen ben, e en función da consecución de obxectivos. Non faltará quen se sume a aplaudir esta medida, pensando que así os que máis traballen cobrarán máis que os presuntamente vagos e deixados.
En primeiro lugar, queremos recordar que a lexislación actual ten suficientes mecanismos para vixilar o cumprimento das súas obrigas por parte dos empregados públicos e que, se non se poñen en marcha, é por puro desinterés da propia administración.
En segundo lugar, ningún garante que a asignación de obxectivos, e a súa avaliación, sexa xusta e razonable. En ningunha organización empresarial -e o criterio de cumprimento de obxectivos ten mási que ver coa empresa privada que coa Administración Pública- os obxectivos son doados de conseguir. Con toda seguridade, os incentivos económicos o serán para un mínimo número de persoas, e con criterios que terán que ver máis coa arbitrariedade que coa xustiza.

17 de xullo de 2015

Que se vai negociar en Madrid?

Andan estes días en pleno balbordo preelectoral negociando en Madrid as condicións salariais e de traballo dos empregados públicos. Como as cousas "xa están mellor", segundo os políticos deste inicuo goberno, poderá haber subida salarial, ademáis da recuperación da paga extra e dos días moscosos e canosos. Jauja vai ser isto!
Pois aos negociadores polas dúas partes, querémoslles recordar o seguinte:
  • A suba que se está barallando -entre o 0,5 e o 1,5 %- é totalmente insuficiente, tendo en conta que, nos últimos 5 anos, os empregados públicos perdemos más do 25% de capacidade de compra
  • A recuperación da paga extra non é ningunha concesión, é un dereito que chegaron a recoñecer por lei. Por outro lado, que o estado faga a devolución ata o 75% non garante que Feijóo faga o mesmo. Só temos que ter en conta que, na Administración Central, xa hai dous anos que recuperaron as pagas completas mentras que en Galicia continúan capadas.

16 de xullo de 2015

Normas sobre vacacións, licenzas e permisos

A Dirección Xeral da Función Pública fixo pública a modificación das instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas adaptadas á Lei de emprego público de Galicia. Esta resolución modifica a anterior, do 12 de marzo de 2012 (DOG do día 20), polo que haberá que manexar as dúas resolucións ata que sexa público un texto consolidado.

15 de xullo de 2015

Temarios

A Escola Galega de Administracións Pública publicou os temarios de varios procesos selectivos, entre eles os de corpos xerais. Os interesados poden picar aquí.

10 de xullo de 2015

PP e PSOE xuntos polo libre comercio

 O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT fixo o seguinte comunicado, de interese xeral:
El 8 de julio, la gran coalición formada por los partidos popular y socialista europeo ha dado luz verde a las negociaciones del Tratado Transatlántico de Comercio e Inversión entre Estado Unidos y la Unión Europea (TTIP), así como a la inclusión del controvertido mecanismo de resolución de controversias entre inversores y estados, ISDS.

2 de xullo de 2015

Estamos ata os cumios de electoralismo

Os empregados públicos seguimos sendo os bonecos dos políticos de turno, que nos utilizan ao seu antollo e nos levan e traen atendendo aos seus intereses.
Durante o último mes o goberno de Rajoy está lanzando noticias e globos-sonda sobre a posible devolución, durante este ano, non só doutra parte da paga extraordinaria incautada no ano 2012, senón incluso de días de libranza. A CGT considera que esta manipulación é unha falta de respecto aos empregados públicos e que debe cesar, dunha vez por todas, a súa utilización electoralista. Non só nos deixan sen paga e sen dereitos, senón que pretenden sacar beneficio político desta situación.
A CGT reclama que se devolva de inmediato a paga extraordinaria e os dereitos perdidos durante estes anos. Porque a dignidade non pode ser negociada.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo