30 de xullo de 2018

No Estado xa cobran o 100% nas IT

O BOE de hoxe publica un Real Decreto mediante o que se establece, para o persoal da Administración Xeral do Estado, o dereito a percibir un complemento por IT ata o 100 % do salario do mes en que se produza a baixa.
Non hai ningún motivo, salvo a cicatería, para que o señor Feijóo siga mantendo os descontos nas IT dos traballadores da Xunta. Reclamamos entón a aplicación desta medida de xeito inmediato.
Ademáis disto, está o Fondo de Acción Social e todo a capacidade de compra dos últimos anos. Se o presidente da Xunta foi rápido para impoñelos, non debe ser agora menos rápido para restituir os dereitos.

13 de xullo de 2018

A suba no DOG

O DOG de hoxe publica as instrucións da confección de nóminas, coa actualización das retribucións desde o 01 de xaneiro pasado.
A Orde establece un incremento salarial do 1,5 % con respecto ao ano 2017, e deixa para máis adiante a suba do 0,25% que debería aplicarse desde o 01 deste mes de xullo.  Tamén se establecen as novas cotas para os mutualistas e para Clases Pasivas.
Aínda que a Orde non di nada ao respecto, é de imaxinar que a Xunta ordeará o pagamento no presente mes de xullo.
Lembramos tamén que esta suba non supón, nin sequera, a recuperación do IPC. Seguemos recorte tras recorte.

4 de xullo de 2018

Publicados os presupostos do Estado

O BOE de hoxe publica os Presupostos Xerais do Estado para o ano 2018. Nesta Lei figura, no seu artigo 18, o incremento retributivo, que consiste nun 1,5% e outro 0,25% se o PIB sube, no ano 2017, polo menos, un 3,1%. Curiosamente, o PIB, segundo o avance do INE, subiu un 3,1%, así que temos dereito a esta suba. A suba do 1,5% terá efectos do 1 de xaneiro pasado e a suba do 0,25% terá efectos do 1 de xullo de 2018.
Non hai ningún motivo para que a Xunta aplique esta esmola na próxima nómina, así que agardamos que o faga de inmediato.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo