19 de novembro de 2007

XA ESTÁN DISPONIBLES OS LISTADOS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO CONCURSO DE TRASLADOS

Os listados de admitidos e excluídos no concurso de traslados de funcionarios xa están dispoñibles na páxina web da Xunta de Galicia.

Podedes comprobar a vosa situación na ligazón http://xunta.es/emprego-publico/.

14 de novembro de 2007

MÁIS PRIVILEXIOS PARA OS EX-PRESIDENTES

No DOG de hoxe sae publicado un decreto da Xunta que establece as percepcións, medios, recursos e precedencias protocolarias para os ex-presidentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademáis do 60 % das retribucións do presidente en activo, terán dereito a persoal, a coche, a outras axudas e se indica cal e o orde protocolario en actos oficiais. Dirase que son poucos cartos, pero a maioría de nós non os gañamos tódolos días, aínda traballando.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo