28 de febreiro de 2012

Protestas fronte ao Parlamento

Máis de mil traballadores públicos concentráronse hoxe, a partir das dez da mañá, diante das portas do Parlamento de Galicia, para protestar contra os recortes que o goberno de Feijóo impón aos empregados públicos. A concentración foi moi rouidosa e animada durante as dúas horas que durou e correáronse berros en contra dos recortes, de Feijóo e do PP, e en defensa dos servizos públicos.
Dentro do Parlamento, no espazo dos invitados, estivo presente un grupo de representantes dos traballadores, entre eles da CGT, que manifestaron a súa repulsa no momento da votación e que foron desaloxados e identificados pola policía. Dada a velocidade e présas que se deron en aproar as medidas, algún dos representantes sindicais non foi nin capaz de chegar á zona de invitados, ao ser retirdos na entrada sufrindo un inusitado celo da seguridade privada para acceder ao recinto.

27 de febreiro de 2012

Concentración no Hórreo

Mañán, día 10, someterase a lei de recortes aos empregados públicos a votación no Parlamento de Galicia. Haberá unha concentración diante do edificio e pídese a todos os traballadores que podan que se cencentren alí para amosar a protesta ante as medidas.
Os que non o poidan facer en Compostela, pódense concentrar diante dos seus centros de traballo.

Outro recorte

Na nómina deste més de febreiro, todos os asalariados sofrimos unha nova mordida ao noso soldo, esta vez a través do IRPF, ese imposto que pagamos, case en exclusiva, os traballadores, dado que os ricos seica non teñen rendas. Cunha media de case 20 euros mensuais de desconto, fannos un pouco máis pobres, esmágannos un pouco máis.
Pronto non teremos nada que perder.

24 de febreiro de 2012

Éxito de participación nas mobilizacións de onte

A participación nas manifestacións de empregados públicos enprotesta polos recortes foi masiva. Milleiros de traballadores participaron nelas e corearon consignas en contra de Feijóo, da Xunta, dos recortes e, sobre todo, do deterioro dos servizos públicos.
Ampliación da información, picando nas leguintes ligazóns:
Faro de Vigo          La Opinión A Coruña          La Voz de Galicia          El Diario de Pontevedra          El País          La Región         

Feijóo, mentres tanto, di que renuncia a baixar soldos "mientras aguantemos", voltando a reiterar as súas ameazas.

23 de febreiro de 2012

Ás presas, non se vaia cabrear o persoal

O Boletín Oficial do Parlamento de Galicia do día 21, ademáis de publicar o proxecto de lei de medidas -os recortes- no emprego público, tamén publica o acordo de propoñer ao Pleno do Parlamento que a tramitación sexa por trámite de urxencia, polo sistema de lectura única.
Hai que dicir tamén que, a pesar disto, non está todo dito. Os traballadores non debemos cesar nas nosas mobilizacións aínda que os políticos pensen que coa aprobación, ás presas e ás agachadas, do proxecto, todo remate.

Hai que apoiar as concentracións e manifestacións de hoxe

A mobilización sen desmaio é o único xeito de tumbar os recortes

Hoxe están convocadas concentracións e manifestacións de empregados públicos en toda Galicia (ver o cadro da esquerda). A importancia destas mobilizacións é esencial para amosar a este goberno a fortaleza e a xustiza das nosas reivindicacións.
Compañeira, compañeiro: acude e participa!

OS DEREITOS NON SE NEGOCIAN, DEFÉNDENSE!
CONTRA OS RECORTES AOS EMPREGADOS PÚBLICOS, MOBILIZACIÓN!

Manifesto sindical contra o anteproxecto de lei de medidas no emprego público da Xunta de Galicia

Os Servizos Públicos son os principais instrumentos que determinan o desenvolvemento e a calidade do Estado do benestar. Deles dependen a gratuidade, a calidade e a universalidade da educación, da sanidade e uns servizos sociais que atendan as persoas e desenvolvan a lei de dependencia. Satisfán as necesidades máis básicas da cidadanía en condicións de acceso universal, non discriminatorio e cun custo accesible, vertebran a sociedade e garanten a igualdade das persoas, asegurando unha maior cohesión social.
Todas as medidas propostas, neste anteproxecto de Lei, supoñen un ataque brutal e inxustificado, dirixido, unha vez máis, ao conxunto dos empregados e empregadas públicos, medidas que, de aplicarse, condicionarán, aínda máis, o futuro dos Servizos Públicos en Galicia; en consecuencia, debemos rexeitar e rexeitamos todas e cada unha das medidas propostas en base ao seguinte decálogo.

22 de febreiro de 2012

Ante as agresións só cabe defenderse e loitar

Estes días de mobilización demostraron que os poderosos, cando os traballadores loitan e se amosan reivindicativos, póñense nerviosos. Cunhas poucas manifestacións coordenadas xa conseguimos que o ex interino Feijóo presentara unhas mínimas melloras no asunto das retribucións nas baixas por enfermidade. Con isto demóstrase que, se incrementamos a contundencia das mobilizacións, poderemos conseguir a volta atrás nas intencións deste fato de desvergonzados.
Están anunciando que as medidas de roubo dos nosos dereitos aprobaranse o día 28 próximo no parlamento.

Urxencia

A Xunta de Galicia despregou todas as súas artimañas para aprobar o anteproxecto de medidas de recortes ao persoal das administracións públicas o antes posible. Segundo as últimas noticias, a norma aprobarase o día 28.
Sexa como sexa, o tempo é curto e por iso cómpre reforzar o máis axiña posible as medidas de presión. Non podemos quedar só en concentracións e manifestacións aos que esta manda de lobos fai oídos xordos. Ánimo e adiante, compañeiras e compañeiros!

20 de febreiro de 2012

Basta xa de demagoxia

O gabinete de prensa de Feijóo traballa arreo para facer propaganda das medidas de recortes. Entre os seus obxectivos está desprestixiar aos emrpegados públicos ante o pobo, dividindo aos traballadores e facendo ver que son uns lacazáns que collen baixas sen xustificación.
A penúltima trola é que as medidas disuadirán aos traballadores de coller baixas. Non sabemos a cantos disuadirán de coller baixas, pero o que si sabemos é que un traballador enfermo -por exemplo, por gripe- producirá, se traballa na sanidade, nunha escola ou simplemente ao público nuhna xanela, moitos máis enfermos e gastos que se sequeda en casa a pasar a corentena.
Por outro lado, non é certo que a xubilación anticipada reduza o gasto. O que reducirá o gasto é que non se cubra a praza do xubilado. Tamén hai que aclarar que o gasto reducirase para a Xunta -que non pagará o soldo- pero que haberá que pagar a xubilación da persoa xubilada.

Apoia as mobilizacións

Finalmente o goberno do Feijoo modificou as coberturas de IT. De 0 a 50% nos primeiros 3 días ou 40 % si é unha segunda baixa, subindo do 60 ao 75% entre o 4º e o 20 día de baixa. Amplíase ao 100% as coberturas por calquera continxencia que xere hospitalización ou intervención cirúrxica. En resume, continúase a penalizar ao traballador enfermo. Dos demais recortes: supresión do Fondo de Acción Social, recorte de horario e retribucións do persoal interino, reducción dos días de asuntos propios, nada de nada.
Dende a CGT pensamos que se o goberno recuou no asunto das baixas foi grazas á presión dos empregados públicos. A unidade e a participación masiva nas mobilizacións decididas moitas delas polas Asembleas de traballadores foron as claves da participación.
Agora o anteproxecto de lei inicio o seu camiño parlamentario, onde podería ser modificado mediante emendas. Esta é unha nova oportunidade para conseguir a supresión de todos os recortes ou dos máis lesivos deles.

17 de febreiro de 2012

Anos de recortes

A Xunta anunciou que os recortes aos empregados públicos rematarán "cando mellore a economía". O malo é que, segundo todas as previsións, isto non se producirá, con sorte, ata o ano 2014.
Temos que salientar tamén o éxito de participación nas mobilizacións de onte. Podedes ver as novas periodísticas nas seguintes ligazóns:
El Correo Gallego
La Voz de Galicia
El Faro de Vigo
El Mundo
La Opinión da Coruña
Europa Press
La Región
ABC
Diario Atlántico

Novos funcionarios

Publica hoxe o DOG a disposición pola que son nomeados funcionarias as aspirantes que superaron as probas selectivas para o subgrupo A2 (escala de estatísticos) convocadas pola orde do 17 de decembro de 2010. Non son bos tempos para a función pública, pero benvidos ás mobilizacións.

16 de febreiro de 2012

Apróbase o anteproxecto dos recortes

O Consello da Xunta aprobará hoxe o anteproxecto de lei de medidas de recorte para os empregados públicos. O tramitación seguirá adiante no Parlamento, con algunhas modificacións.
Os traballadores debemos seguer mobilizándonos ata a súa retirada.
Podes descargar o novo texto premento aquí.

15 de febreiro de 2012

A Xunta fai como que recúa

Polo que parece, o documento que a Xunta presentará como definitivo contén algunhas modificacións sobre a proposta inicial, seguramente modificacións xa descontadas de antemán. O problema que esta suposta mellora sobre as pretensións iniciais non nos poden facer olvidar o resto de agresións: eliminación de días libres, supresión de compensacións de festivos e domingos para laborais, etc. Polo tanto, non debemos conformarnos con isto e temos que seguir reclamando a retirada total do anteproxecto.

Propostas para o aforro

Na asemblea de traballadores públicos de Compostela presentouse unha proposta de aforro alternativa ás medidas de recorte de Feijóo. Se queres descargar este documento para presentalo no rexistro, podes facelo picando aquí.

Fontenla, o extorsionador

Porque chantaxe é a decisión unilateral do presidente da patronal de Galicia de anular un gran número de tarxetas do aparcadoiro da Xunta no edificio administrativo de Monelos. Tras perder o xuízo no que pretendía cobrar segundo o número de tarxetas emitidas e non polo número de prazas, este cobizoso empresario pretende botarlle a xente enriba da Xunta para que esta renegocie as condicións de utilización do aparcadoiro e acabe, lóxicamente, pagando máis polo mesmo.
Lóxicamente, reclamamos á Xunta que non se pregue á chantaxe deste paxaro e que racionalice a distribución das tarxetas diponibles entre o persoal, para que os afectados o sexan por razóns obxectivas e non pola decisión aleatoria e interesada dun pirata.

11 de febreiro de 2012

O PP impón por real dereto e represión policial a súa reforma laboral

O Secretariado Permanente da CGT fixo público o seguinte comunicado:
CGT condena la intervención de la polícia y exige la libertad inmediata sin cargos para los nueve detenidos

La Reforma Laboral del PP, sólo tiene una respuesta: la ocupacion de la CALLE hasta su derogación

    El BOE de hoy 11 de febrero de 2012 publica el Real Decreto Ley sobre medidas urgentes para la Reforma Laboral. Ayer lo aprobaba el consejo de ministros del Partido Popular y la CGT junto con otras organizaciones sindicales y sociales convocaba, en Madrid y otra ciudades,  concentraciones populares contra esta reforma laboral.

Os canallas publican no BOE

O BOE de hoxe publica a o machetazo que decidíu o fato de canallas que están no goberno. Como se os pobres empresarios non fixesen practicamente o que lles da a gana, agora deixan aos traballadores sen a mínima defensa ante a súa voracidade: os convenios serán papel mollado, poderán botar improcedentemente a casi todo o mundo con 20 días por ano de indemnización, poderán meter EREs sen control, chegan as empresas privadas de colocación...
Rota a baralla, non nos poderán esixir aos traballadores moderación e respecto ás normas, xa que éstas son ineficaces para a defensa dos intereses dos traballadores. Que non esperen os gobernantes e os empresarios que imos quedar cos brazos cruzados mentras nos empuxan á miseria.

10 de febreiro de 2012

Feijóo chantaxea aos traballadores

O presidente da Xunta de Galicia, ex interino e ex membro da Xunta de Persoal de Servizos Centrais, Núñez Feijóo, fixo unhas declaracións que son unha verdadeira chantaxe aos empregados públicos da Xunta: "a única alternativa ás medidas propostas é a redución salarial".
Núñez Feijóo dixo tamén que hai centrais sindicais dispostas a sentarse a negociar. Recordámoslle a Feijóo e ás centrais ás que se refire -se non é outra mentira do mandamáis- que hai un compromiso sindical ante as asembleas de traballadores de estes recortes son innegociables, dado que as conquistas que se queren laminar o foron a cambio de concesións noutros ámbitos, especialmente no salarial.

Basta de agresións e de precarización de servizos públicos!
Somos traballadores e non servos!
A atracar a Sierra Morena!

9 de febreiro de 2012

Continúan as mobilizacións

Éxito de participación nas concentracións de hoxe nas distintas cidades galegas, coa participación, nalgúns casos, de ata o 80% dos cadros de persoal. Así aconteceu, por exemplo, no Edificio Administrativo de Vigo, onde participaron máis de 400 traballadores ou no da Coruña, con máis de 300.
Os empregados públicos seguiremos coas mobilizacións ata a retirada das medidas de recorte.

Rodríguez Miranda retratouse

O voceiro do grupo parlamentario do PP no Parlamento Galego, Rodríguez Miranda, fixo unhas declaracións absolutamente indignantes, que reflicten a verdadeira natureza do seu goberno e o seu partido. Volve a botar á xente en contra dos empregados públicos, facendo fincapé nos días de asuntos particulares e nos supostos privilexios en comparanza co resto dos traballadores para xustificar os recortes e o gravísimo deterioro dos servizos públicos.
Este mequetrefe non contou que el ten, como parlamentario, tres meses de vacacións pagadas ao ano, sen contar co chófer, a tarxeta e as dietas. Un caradura.

A reforma laboral que se aprobará mañá

O Consello de Miistros de mañá aprobará a nova e secreta reforma laboral. Esta reforma, segundo todas as trazas, terá os seguintes contidos:

Despedimentos máis baratos
  • Xeralizarase o despedimento con indemnización de 33 días en troques do de 45 días que é o actual. Tamén se baixará o tope (24 meses en lugar de 42).
  • "Clarificación" das causas do despedimento obxectivo, que ten unha indemnización de 20 días por ano.
  • Posibilidade de eliminar a autorización administrativa nos ERE.

Éxito das primeiras mobilizacións

As primeiras asembleas e concentracións feitas en contra dos recortes que a Xunta pretende impoñer aos empregados públicos foron un éxito de participación. Na concentración ante a Consellería de Traballo feita onte na Coruña participaron uns 400 traballadores -máis que na asemblea do día anterior- e nas asembleas a asistencia foi nutridísima. Houbo nas asembleas críticas á labor dos sindicatos, pero tamén propostas de mobilización para os tempos próximos. A reclamación de unidade e a postura de que non hai nada que negociar tamén foi expresada por unanimidade polos empregados públicos.
Por outro lado, Elena Muñoz, a conselleira de Facenda, dixo que eses recortes son o único xeito de que non haxa baixada de salarios, nunha chantaxe intolerable, sobre todo se se ten en conta que os salarios reais baixaron un 12,96 nos últimos tres anos. O que non di é que o que se agora se pretende recortar e froito de conquistas que se acadaron a cambio de concesións fortes -sobre todo salariais- do colectivo.
A CGT fai un chamamento para secundar as mobilizacións cun único obxectivo: a retirada das medidas sen ningunha negociación.

8 de febreiro de 2012

A CGT apoia as mobilizacións

As asambleas dos traballadores da Xunta decidiron que a mobilización é a resposata axeitada para a gravísima agresión que pretende facer o goberno de Feijóo aos servizos e empregados públicos. A CGT apoia as mobilizacións que se convoquen mentras se manteña o criterio de que os recortes son innegociables; este crompomiso asumíronno as centrais sindicais ante as asambleas de traballadores.
A CGT anima a todos os traballadores do sector público a participar nas mobilizacións que se convoquen e que teñan a retirada do anteproxecto de lei como obxectivo.

5 de febreiro de 2012

Unhas propostas indecentes e discriminatorias

O goberno de Feijóo xa presentou o anteproxecto de lei de "medidas no emprego público". Este anteproxecto, como xa se viña anunciando, contén unha serie de medida que non son máis que un ataque aos servizos públicos e aos seus traballadores. Son as seguintes:
  • 1.- Os empregados que estean de baixa por continxencias comúns non percibirán ningún complemento sobre o que paga a Seguridade Social ata o día 21 da baixa. Non cobrarán nada os tres primeiros días e percibirán o 60% entre o cuarto e o vixésimo día. A partir do día 21 cobrarán o 100%. É unha discriminación con respecto aos empregados que estean en mutuas de funcionarios (Mugeju ou Muface, que cobrarán o 100% durante varios meses. Tampouco está claro como se vai aplicar aos laborais, que teñen recoñecidos os complementos por convenio colectivo.

2 de febreiro de 2012

Suspensión ou eliminación?

O anuncio de Feijóo de suspender o plus de altos cargos da Xunta de Galicia non é máis que un acto propagandístico e a súa única finalidade é que os traballadores públicos traguemos a pílula dos recortes que se achegan.
Por outra banda, que significa suspender? Non limos por ningún lado que se vaian "suspender" tres días de asuntos particulares ou que a rebaixa do 5% fora unha suspensión ata tempos mellores. A única medida aceptable para este plus é a súa eliminación e sen recoñecemento de dereitos adquiridos para os que o cobren na actualidade.
Por certo, non está de máis lembrar, de cando en vez, que este plus foi aprobado por unanimidade polo PP, o PSOE e o BNG.

1 de febreiro de 2012

Os decimais do IRPF

Moitos empregados públicos observaron que, no mes de xaneiro, cobraron un chisquiño máis que o no mes de novembro do ano pasado. Que non se aleden, porque isto é debido a que, no método de cálculo do IRPF, eliminaron os decimais nesta nómina. Outros xa viron que lles subiu o IRPF, tamén por aproximar os decimais cara arriba.
Na nómina de febreiro aplicarase a nova normativa do imposto, que suporá que todos cobremos menos.

Reforma laboral dura

A isto se refería Rajoy cando lle dicía ao finlandés que "la reforma laboral me va a costar una huelga general". A intención do goberno é de, entre outras medidas, facilitar o despedimento abaratándoo. O decretazo aprobarase, previsiblemente, o día 10 e conterá as seguintes medidas:
  • Explicará con detalle as causas do despedimento por causas obxectivas, impedindo a interpretación restrictiva dos xuíces.
  • Xeralizará o despedimento de 33 días por ano, eliminando a indemnización de 45 días.
Este é o grande descubrimento de Rajoy: fomentar a creación de emprego facendo máis doado o despedimento. Paradoxas.

Redución dos asuntos particulares

Segundo a prensa, a Xunta presentará nos próximos días a rebaixa dos días de asuntos particulares de nove a seis. A medida está presentada como unha "homologación" co persoal da Administración central, aínda que, noutros aspectos como as retribucións, a "homologación" non exista.
Tamén é curioso como o gabinete de prensa presenta a noticia: rebaixaranse os días de asuntos particulares sen rebaixar o soldo. Era o que faltaba!

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo