9 de febreiro de 2012

Éxito das primeiras mobilizacións

As primeiras asembleas e concentracións feitas en contra dos recortes que a Xunta pretende impoñer aos empregados públicos foron un éxito de participación. Na concentración ante a Consellería de Traballo feita onte na Coruña participaron uns 400 traballadores -máis que na asemblea do día anterior- e nas asembleas a asistencia foi nutridísima. Houbo nas asembleas críticas á labor dos sindicatos, pero tamén propostas de mobilización para os tempos próximos. A reclamación de unidade e a postura de que non hai nada que negociar tamén foi expresada por unanimidade polos empregados públicos.
Por outro lado, Elena Muñoz, a conselleira de Facenda, dixo que eses recortes son o único xeito de que non haxa baixada de salarios, nunha chantaxe intolerable, sobre todo se se ten en conta que os salarios reais baixaron un 12,96 nos últimos tres anos. O que non di é que o que se agora se pretende recortar e froito de conquistas que se acadaron a cambio de concesións fortes -sobre todo salariais- do colectivo.
A CGT fai un chamamento para secundar as mobilizacións cun único obxectivo: a retirada das medidas sen ningunha negociación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo