30 de abril de 2012

Recoñecementos médicos

No DOG de hoxe, escondido entre os anuncios, publícase a resolución de Presidencia para os recoñecmentos médicos. As inscriciones faranse na páxina de riscos e o prazo rematará o 31 de maio.

29 de abril de 2012

Manifestacións do Primeiro de Maio

Entre outros actos, a CGT ten programadas para o próximo Primeiro de Maio en Galicia as seguintes manifestacións:
  • Vigo: 11:00 horas. Fernando o Católico.
  • Pontevedra: 13:00 horas. Praza da Ferrería.
  • A Coruña: 12:30 horas: Praza de Pontevedra.

Derrogación da Reforma Laboral. Os dereitos non se negocian, defnéndense!

26 de abril de 2012

Liberdade detidos 29M

O Secretariado Permanente da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:
CGT exige la inmediata puesta en libertad de los sindicalistas y activistas sociales detenidos.
 Desde la Confederación General del Trabajo (CGT) hemos observado en los últimos días como se ha puesto en marcha por parte del gobierno del estado español y de las comunidades autónomas una campaña de detenciones arbitrarias de sindicalistas y activistas sociales de diferentes organizaciones, incluida la nuestra.

El mismo día 29 de marzo se produjeron una serie de detenciones que a día de hoy hacen que dos personas en Barcelona estén en prisión provisional “en previsión” de que pudieran participar en el 1º de Mayo.

25 de abril de 2012

Medidas ocultas para os maiores de 26 anos e os estranxeiros

Entre as medidas ocultas publicadas onte no BOE figura que os maiores de 26 anos só poderán ter a condición de asegurado (no caso de non ser traballador, pensionista ou parado) se demostran non ter uns ingresos superiores a límite regulamentario. Este límite non se indica, polo que é posible que persoas que hoxe son estudiantes -ou opositores, por exemplo- poden non ser asegurados da Seguridade Social.
Por outro lado, os estranxeiros que non estean en situación de regularidade non terán máis dereito que a ser atendidos en caso de urxencia. As consecuencias son evidentes: estas persoas deixarán de acudir ás consultas ordeadamente e acudirán sempre por urxencias, provocando a saturación e o caos nuns servizos xa moitas veces superados. Por outro lado, deixarán de controlarse enfermidades contaxiosas -como a tuberculose e outras tropicais- co conseguinte risco para o resto da poboación.

24 de abril de 2012

Contra os máis desfavorecidos

Contra este colectivo vai o Real Decreto-Lei que hoxe publica o BOE e que establece novos recortes no Sistema Nacional de Saúde. Ademáis dos recortes xa anunciados na financiación dos medicamentos, establece outros recortes ocultados polo goberno: a mesma fórmula de repago de medicamentos a tratamentos dietoterápicos (suplementos para pacientes con problemas de desnutrición, deglución e enfermidades metabólicas...) e aos produtos ortoprotésicos (muletas, cadeiras de rodas, colaríns, calzado ortopédico, férulas...). Tamén o transporte sanitario non urxente.

19 de abril de 2012

Wert propón a suba das taxas universitarias

O ministro de Educación, José Ignacio Wert, ex pilarista, ex tertuliano de Intereconomía e ata hai ben pouco directivo do BBVA, na reunión que hoxe terá cos representantes autonómicos, proporá a suba das taxas universitarias nunha porcentaxe non definido, pero que podería chegar a un 30% máis que as tasas actuais.
Outro ataque máis contra os traballadores, que non poderán enviar aos seus fillos a realizar estudos universitarios, tendo en conta, ademáis, o recorte nas becas.

Os tontos non aprenden

Isto é o que lle pasa a Antonio Beteta, Secretario de Estado para as Administracións Públicas, que, despois de falar do "cafelito e periódico" dos funcionarios, saca outra vez a lingua a pacer e di que os traballadores públicos e locais deben traballar "comolos del Estado".
Xa se nos acabaron os calificativos para valorar as parvadas deste paxaro. Tras poñer aos empregados públicos fronte o resto da sociedade, se lle ocorre querer enfrontar aos traballadores do Estado co resto dos empregados públicos. É difícil ser tan torpe.

18 de abril de 2012

Rajoy e os seus recortes: chega o medicamentazo

No Consello Interterritorial de Saúde de hoxe, o goberno propoñerá ás Comunidades Autónomas a suba das porcentaxes que os doentes pagan polos medicamentos:
  • Traballadores: pasa do 40 ao 50% do precio do medicamento (no caso de rendas superiores a 100.000 euros o 60%)
  • Xubilados: de pagar nada ao 10%, con topes
 Esta medida, claramente inxusta porque penaliza precisamente aos enfermos e racha co carácter solidario do sistema, é unha nova agresión aos traballadores, que seguen pagando directamente unha crise da que non son responsables. A CGT fai un chamamento á mobilización continua e contundente en contra destas medidas de recorte.

13 de abril de 2012

Contra do teletraballo

A intención da Xunta de aplicar o sistema de teletraballo non debe ser aceptada polos traballadores, xa que non supón ningunha avantaxe sobre a asistencia ao posto de traballo: non ten redución de xornada, supón o vencello permanente do traballador coa empresa e un control continuo da súa actividade, sen contar, ademáis, coa separación dos empregados que acepten este sistema dos seus compañeiros e da vida laboral e sindical, entre outras.
Salvo contadas excepcións no caso do persoal directivo, o teletraballo presenta fundamentalmente as seguintes desventaxes:

Cafelito e periódico

Antonio Beteta, nada menos que o Secretario de Estado das Administracións Públicas, botou a lingua a pacer nunha charla e dixo que os empregados públicos deberían de olvidarse de "tomar el cafelito y de leer el periódico".
Estamos os traballadores xa fartos de que os chamados responsables políticos teñan como deporte disparar contra os empregados públicos e sinalalos como culpables dunha crise da que non temos nin arte nin parte. E máis fartos de individuos como este Antonio Beteta que leva desde hai 29 anos mamando das ubres democráticas, é dicir, sen ter un traballo honrado.

La Xunta, erre que erre co repago

O goberno de Feijóo plantexa abertamente para o próximo Consello Interterritorial de Saúde que os medicamentos deben dispensarse en función da renda. Esta proposta demagóxica e populista o único que fai é enmascarar o desexo de converter a sanidade pública nunha sanidade de beneficencia, eliminando o carácter universal ao botar fóra do sistema ás rendas superiores a determindada cantidade e pasándoas á privada.
Os traballadores non podemos consentir que este fato de vividores desmantele o que nos costou tantos anos e esforzos conseguir.

12 de abril de 2012

A ministra de Sanidade ve factible o copago este ano

Ana Mato, a ministra de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, ve factible aplicar este ano o copago das receitas segundo os ingresos de cada paciente, dado que se poden cruzar os datos informáticos de Facenda e Sanidade para levalo a cabo.
Ana Mato Androver, outra lumbrera que leva sen traballar desde o ano 1983 -non consideramos traballo os seus cargos políticos- súmase ao coro dos que pretenden desmantelar a sanidade dividindo aos enfermos entre "pudientes" e "no pudientes", utilizando o camiño da conversión da sanidade pública nunha sanidade de beneficencia ao botar fóra a aqueles que teñan máis ingresos, encamiñándoos á sanidade privada.
Non podemos consentir a destrución do sistema. Loitemos contra eles mediante a mobilización, a desobediencia, a insumisión, a presión. Non nos deixemos roubar.

8 de abril de 2012

Recortes en sanidade e educación

Nunha entrevista nun diario alemán, o ministro de Economía, Luis de Guindos, ven de anunciar reformas nos servizos públicos, "sobre todo en sanidad y educación". Non explicou en que consisten as reformas, pero, dada a traxectoria deste goberno, podémolo ir supoñendo. Tamén temos que agradecerlle ao señor ministro que o anuncio o fixera nun diario alemán, así a señora Merkel enterarase antes que os seus súbditos españois do que vai ser das súas vidas.
Por outro lado, tamén hai que aprezar que un home como De Guindos, cun currículum tan destacado como ter sido o home en Europa da banda de estafadores coñecida como Lehman Brothers, adique agora os seus esforzos en amañar a economía española. Manda carallo!

4 de abril de 2012

Presupostos xerais do 2012

O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT ven de facer público o seguinte comunciado:
El viernes 30 de marzo, un día después de la Huelga General contra la reforma laboral y el pacto social, el consejo de ministros ha aprobado los prespuestos de 2012, con un tijeretazo de 27.300 millones de euros para reducir el déficit público hasta el 5,3% del PIB y contentar a banqueros, especuladores, mercados, Unión Europea...

En el apartado de ingresos, el gobierno ha aprobado una amnistía fiscal para aquellas personas y empresas que han defraudado a hacienda, haciendo que blanqueen su dinero pagando sólo el 10%, garantizándole su confidencialidad, obviamente, mientras que el resto de personas decentes pagamos un mínimo de tres veces más. Con esta amnistía, el gobierno prevee ingresar 2.500 millones de euros renunciando a perseguir el fraude fiscal que está cifrado en 75.000 millones de euors según fuentes de los inspectores de Hacienda.

2 de abril de 2012

Por que lle chaman conxelación?

Como era de esperar, os presupostos do Estado para o ano 2012 volven conxelar os soldos dos empregados públicos. Novamente, os políticos volven utilizar a cabeza dos traballadores públicos para dar ao resto leccións de austeridade, mentres que, a un tempo, aproban unha aministía fiscal que deixará impunes a centos de delincuentes que teñen a vitola de grnades empresarios.
Como se pode ver picando nesta táboa, a situación salarial é insostible. Para igualar os salarios actuais aos do ano 2009, deberianse subir un 13%. Estes lacaios do poder económico lánzannos á miseria a pasos de xigante, mentres que os grandes capitais veñen recortada a súa aportación.
Contiuémos mobilizándonos contra esa situación. É a única forma de parar esta política depredadora.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo