29 de xuño de 2007

A EGAP CONVOCA NOVOS CURSOS

No día de hoxe, día 29, o DOG publica a convocatoria de novos cursos parao persoal da Xunta. Facendo gala da racionalidad que caracteriza ofuncionamento da EGAP desde os gobernos do PP, o 75 % dos cursos serán en Santiago de Compostela, deixando para o resto de localidades unhaporcentaxe meramente testimonial. Tamén hai que salientar os poucos cursosque hai para o persoal base, xa que a maioría dos cursos son para xefes. Tamén nesto o "cambio" está por chegar.

Cursos - Convocatoria 29-06-07

26 de xuño de 2007

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISORIAS DE ACCIÓN SOCIAL

No DOG de hoxe, día 26, anúnciase a publicacióndas listas provisorias de admitidos e excluídos das axudas do Fondo de Acción Social do ano 2006, correspondentes a xubilación, fillos menores, estudos de fillos e estudos do traballador. As listas pódense consultar entrando na páxina http://cpapx.xunta.es/portal/funcionpublica/index.htm e picando na ligazón correspondente. O prazo de reclamacións remata o próximo 7 de xullo.

20 de xuño de 2007

CAMPAÑA SOBRE AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL NON DOCENTE NOS CENTROS DE ENSINO

Ante a situación de indefensión que está padecendo este persoal, sobre todo no concernente ó horario, a Xunta de Persoal levará adiante unha campaña consistente na elaboración de escritos de reclamación sobre o tema e mandatando á representación dos traballadores para que actúe firmemente.

Desde a CGT apoiamos esta iniciativa, para o que axuntamos os documentos correspondentes. Animádevos e non vos deixedes pisar.

Folla de Recollida de Sinaturas

14 de xuño de 2007

APROBADO O HORARIO DE VERÁN

No doga de hoxe, día 14 de xuño, aparece no DOG a disposición que aproba o horario de verán, que se desenvolverá entre o 15 de xuño ó 15 de setembro de 2007, entre as 8,30 e as 14,30. Tamén dicta instruccións para situacións especiais.

13 de xuño de 2007

CONVOCADO O CONCURSO XERAL DE TRASLADOS

No DOG de hoxe, día 13, sae publicada a convocatoria do tan esperado concurso xeral traslados, con seus correspondentes e case ilexibles anexos.

As características máis salientables son:
  • Hai postos abertos a outras administracións.
  • Recoñécense os servizos prestados con anterioridade á condición de funcionario.
  • Os cursos valóranse desde 12 horas.
  • Medidas de conciliación.
  • Día límite de presentación de solicitudes: 30 de xuño.
  • Consulta de datos: desde o 15 de xullo.
  • Documentación: entre o 15 de setembro e 15 de outubro.

Agora, só falta a data de resolución que, como ven sendo norma na Función Pública, será máis tarde que pronto.

ACORDO SOBRE O ESPECÍFICO NAS EXTRAS

No día de onte, luns 11, os sindicatos presentes na mesa xeral de negociación asinaron coa Xunta de Galicia o acordo retributivo que establece a inclusión do específico nas pagas extras. Esta inclusión farase progresivamente en tres anos (2007 a 2009), comezando este ano por un 23,87 % (pódese ve-lo documento íntegro).

Para a CGT é positivo que as pagas comprendan tódolos conceptos salariais, pero a aplicación meramente porcentual supón un incremento moi superior nos traballadores de máis nivel ós do resto, polo que seguirán abrídose os abanos salariais dunha forma inxusta. Só a negociación íntegral do complemento específico poderá corrixir esta tendencia.

3 de xuño de 2007

O CONCURSO XERAL, EN XUÑO

Ou eso di Función Pública. En espera da convocatoria, achegamos os listados das prazas e o borrador da convocatoria. Aconsellamos que todo o mundo comprobe o que pasa na súa oficina, para reclamar se é preciso.

B0rrador da Orden de Convocatoria

Prazas Concurso - Provincia da Coruña

Prazas Concurso - Sanidade

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo